EN ISLANDIA TODO
O MUNDO AGASALLA (E LE) LIBROS POR NADAL
Islandia é o país ao que todo “librópata” querería mudarse. Vale,
as baixas temperaturas botan un pouco para atrás pero Islandia é realmente o
paraíso dos libros.
É o país que encabeza practicamente todos os ránkings mundiais no que a libros e lecturas refírese e, de feito,
un de cada 10 islandeses chegou a publicar un libro. Pero ademais de ser o
paraíso dos libros durante o ano de forma xeral, é o paraíso dos libros de
forma especial por Nadal. Esquecede o turrón: en Islandia a tradición é recibir
ou agasallar un libro nestas datas (todo o mundo recibe polo menos un) e tamén
sentar a lelo. O Nadal en Islandia é para ler (e ante isto só podemos dicir:
viva!).
Nos meses previos ao Nadal prodúcese o que se coñece como jólabókaflóð, que en castelán poderíase
traducir como “inundación de libros antes de Nadal”. É a época da avalancha de
novidades. Non só lánzanse unha chea de libros, senón que ademais fanse todas
as actividades asociadas ao lanzamento, así que a lista de lecturas, encontros,
presentacións e actos similares é moi longa durante estes meses. Segundo
algunhas estatísticas editoriais, durante estes meses véndense o 60-70% de
todos os libros que se venden en Islandia durante o ano.
De feito, en novembro, os islandeses reciben nas súas casas o Bókatíðindi, un catálogo con todos os
libros publicados no ano e que se distribúe por todas as casas. O catálogo
é unha parte fundamental dos preparativos do Nadal para escoller os libros que se
van a agasallar.
Pero o interesante (e o fascinante) non é só que se vendan moitos
libros e que se regalen moitos libros, é son parte das tradicións
do Nadal. Os islandeses intercambian libros en Noiteboa e tras recibilos, dedican a noite para ler. Habitualmente, intercambian os agasallos na
noite do 24 e a xente pasa a noite lendo.
A explicación deste interese pola lectura e o peso que esta ten no
Nadal é histórico. Máis aló de que Islandia fose un pobo lector desde moito
antes do século XX está o feito de que durante a II Guerra Mundial o papel era
un dos poucos elementos que non estaba controlado e por tanto unha das poucas
cousas que se podían regalar. Imprimir libros era barato e convertéronse nun
agasallo alcanzable.
Pois, xa sabedes!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario