Este curso empezamos un novo club lector formado por nais de alumnas e alumnos do noso colexio, así como persoas interesadas nas historias.
Xuntámonos o terceiro luns de cada mes para falar das nosas lecturas, compartir ideas, sentimentos e todo o que nos preste partillar.
Gústanos ler a autoras galegas, mais tamén iremos percorrendo outros mundos literarios sempre na compaña dun café con letras violetas.
NÓS
AS NOSAS LECTURAS
Seguimos lendo e compartindo historias, mais estes días tivemos a sorte de compartir coa autora a nosa última lectura, Corazón e demais tripas, de Emma Pedreira, Edicións Positivas. Este libro de relatos, recibíu o Premio Narrativas Quentes.
Falar con Emma Pedreira dun libro en concreto é falar de moitos libros máis. A literatura vai con ela como a pel, como a cortiza das árbores, e inúndanos a nós do desexo de máis lecturas, dela e doutras autoras, das que sempre fala coa paixón da lectora que vende o seu sono por rematar un libro.
Moitas grazas Emma, por compartir Café con letras violetas!
NESTE NOVO CURSO 2020/2021 NON HAI NADA QUE NOS PARE!
Seguimos co noso club lector, aínda que sexa a través da pantalla. Nesta ocasión cun fermoso, aínda que doloroso libro, velaí a maxia da literatura "Del color de la leche", da autora Neil Leyson, Edt. Narrativa Sexto Piso.
Moitas grazas por compartir unha fermosa tarde!
2023! Empezamos!!!
Este curso, empezamos con forza. A nosa primeira lectura é "Luns", da autora Elí Ríos. Editado en galego por, Edicións Xerais; e en castelán pola Editorial Consonni, traducido por María Reimóndez.
E tivemos a sorte de que a autora estivese con nós! Así foi a interesante e fermosa primeira xuntanza!
Moi agradecidas a Elí Ríos, polas descubertas, os sentires e, sen dúbida a aprendizaxe!!!
CURSO 23/24
Durante este curso limos os seguintes libros:
Ningún comentario:
Publicar un comentario