Desde o ano 2014 O Portal das Palabras, ao que podedes acceder desde o noso blog, elixe, xunto a Real Academia da Lingua Galega e a Fundación Barrié, cal é a palabra do ano. Esta iniciativa naceu para dar a coñecer o léxico galego.
A palabra elexida por maior número de votos no 2019 foi...
Sentidiño deriva de sentido, que procede do latino sentire, «percibir polos sentidos». Sentido ten varias acepcións no Dicionario da Real Academia Galega, pero no contexto da votación a máis acaída é a cuarta: «Capacidade mental de actuar de maneira razoable e correcta». É interesante o engadido do sufixo -iño, que, segundo os académicos, neste caso non implica un matiz de pequenez, senón que reforza esa «calidade de sensato». Sentidiño ten tamén equivalentes próximos noutras linguas, como son o caso do seny catalán, o buonsenso italiano, o bon sens francés ou o bom senso portugués.
Así que xa sabedes, actuade con sentidiño e non vos irá nada mal.