NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 18 de decembro de 2016

A NOSA FELICITACIÓN DE NADAL.

VOS QUEREMOS DESEXAR UNHAS BOAS FESTAS A TOD@S DESDE O LUGAR MÁIS MÁXICO DO NOSO COLEXIO, A BIBLIOTECA.

BOAS FESTAS!!! FELICES FIESTAS!!! HAPPY HOLIDAYS!!!


СЧАСТЛИВЫЕ ПРАЗДНИКИ




RECOMENDAMOS. LIBROS PARA NADAL.





Desde a nosa bibliteca vos queremos recomendar algúns libros para ler nestas vacacións, e que podedes recibir como agasallo.

"Marta e a píntega" Eli Ríos. Edt. Galaxia. (10 anos)




"Os Cabezombis na Mansión Espello" Patricia Mallo. Edt. Galaxia.  (8 anos)


"Os xogos olímpicos de ningures" Chinto&Pinto. Edt. Galaxia. (8 anos)



"Abrapalabra"  Antón Cortizas. Carlos Coira. Edt. Galaxia. (10 anos)







venres, 16 de decembro de 2016

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.

As videoconsolas non substitúen ao exercicio de verdade





Xogar ao tenis, boxear, esquiar ou mesmo correr. Son algunhas das actividades que os nenos poden realizar sen moverse de casa grazas ás videoconsolas de última xeración. Con todo, os pediatras lembran que estes xoguetes non poden ser o substituto do exercicio físico tradicional, "aínda que nos obriguen a movernos".
"Hai que ter en conta", afirma o doutor Jordi Pou, coordinador do Comité de Seguridade e Prevención de Lesións Infantís da Asociación Española de Pediatría (AEP), "que se pode  xogar a tenis ou a calquera outro xogo sentado, sen facer case exercicio. Aínda que nos obrigue a movernos, nunca se pode tomar como un sustitutivo do deporte".
Este tipo de videoxogos pode xerar, ademais, todo o contrario do que pretende. "En ocasións, a súa intención é fomentar o exercicio físico, pero o que poden causar en realidade son situacións de elevada tensións prexudiciais para o menor". Aínda que o coordinador do comité de seguridade da AEP si recoñece que este tipo diversión "é máis positiva que outros videoxogos tradicionais xa que o contido destes últimos incita á violencia e á agresividade, o que pode levar a situacións de taquicardia e aumento da frecuencia respiratoria".
Os pediatras tamén lembran que "un uso prolongado destes xogos violentos favorece unha menor atención na escola, sedentarismo, obesidade e violencia, e pode mesmo afectar o desenvolvemento da súa personalidade e ás relacións sociais". Por este motivo, o principal consello que ofrecen os expertos é que os pais escollan ben os xogos e, sobre todo, que non permitan que os nenos e mozos pasen máis de dúas horas ao día xogando.


Artigo publicado no xornal “El Mundo”

HOXE VISITOUNOS HÉCTOR LORENZO

Hoxe a nosa biblioteca encheuse de música, de poemas e das vosas voces. Mellor son non o hai:
E todo na compañía de Héctor Lorenzo, que puxo música aos poemas do libro "Cousas de papá"





ESCOITADE, ESCOITADE ...






MOI AGRADECIDOS A HECTOR  LORENZO POLA SÚAS FERMOSAS CANCIÓNS E A TODOS VÓS POLO BEN QUE VOS PORTÁCHEDES.

SODES AUTÉNTICOS!!!

mércores, 14 de decembro de 2016

ESPECIAL MÚSICA AFRICA

Como xa imos cara as vacacións de Nadal, desde este blog, queremos celebrar este trimestre no que o fascinante continente Áfricano nos acompañou e seguirá a facelo o que queda de curso.
Que mellor, que cunha canción cantada por nenos e nenas de distintos países, ao igual que a nosa comunidade educativa.

Con todos vostedes "Celebration". Veña, que xa estades movendo as pernas!


martes, 13 de decembro de 2016

SABEDES QUE ...


NON SÓ HAI PERSOAS MOI ALTAS, TAMÉN HAI ANIMAIS ASOMBROSAMENTE GRANDES?

Os que ides a ver neste video, gañaron o premio Guinness por ser os máis grandes na súa especie:



ALUCINANTE, NON SI?

PRINCESAS NA BIBLIOTECA

MIRADE SE É MAXICA A NOSA BIBLIOTECA, QUE ATÉ VEÑEN PRINCESAS A BUSCAR LIBROS !!!



luns, 12 de decembro de 2016

RECOMENDAMOS


"Esmeraldina, a pequena difunta" de Ledicia Costas.



O Hotel Fantastique está no medio do Salvaxe Oeste. Nas súas cociñas a pequena Esmeraldina é feliz, aprendendo todos os trucos culinarios da man da súa avoa A Tremenda, unha chef de sona mundial. A vida avanza entre pucheiros ata que un andazo de febre escarlatina acaba coa vida da nena. A noticia da súa morte corre como a pólvora entre os habitantes do alén, e empezan a chegar ao hotel defuntos de todas as procedencias, dispostos a instalarse. Esmeraldina necesita aprender a ser unha pantasma de verdade. Para iso contará coa axuda de Lady Horreur, unha peculiar araña francesa que se converterá na mellor mestra e amiga, e Nicotina, unha vaqueira que teima en levala ao seu novo fogar: o Alén Mundo. O Libro de Receitas da Tremenda acompaña esta historia de medo e humor macabro, converténdoa no petisco perfecto para degustar antes ou despois de ler Escarlatina, a cociñeira defunta.

PASADE POLA BIBLIOTECA A PILLALO!!!


domingo, 11 de decembro de 2016

SABEDES QUE ...

AS VECES O FEITO DE NON SER NIN OS MÁIS GUAP@S, NIN OS MÁIS ALT@S, FAI QUE SEXAMOS OS MÁIS ORIXINAIS?

E SENON MIRADE ESTE PEIXE ...




UN ARTISTA ESTE PEIXE. FERMOSO MANDALA!!!

QUE BEN O PASAMOS APADRIÑANDO LECTOR@S!

Unha semana máis a nosa biblioteca encheuse de nenos e nenas que disfrutaron da lectura de contos polos seus compañeir@s de sexto.

Aquí tedes a reportaxe.

Que ledicia vervos compartindo historias!!!














MOITAS GRAZAS, SODES FANTASTIC@S!!!

CONTOS CURTOS

Unha fermosa historia a de hoxe: "Rock, Paper, Scissors"


xoves, 8 de decembro de 2016

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOTICIAS.

EN ISLANDIA TODO O MUNDO AGASALLA (E LE) LIBROS POR NADAL


Islandia é o país ao que todo “librópata” querería mudarse. Vale, as baixas temperaturas botan un pouco para atrás pero Islandia é realmente o paraíso dos libros.
É o país que encabeza practicamente todos os ránkings mundiais no que a libros e lecturas refírese e, de feito, un de cada 10 islandeses chegou a publicar un libro. Pero ademais de ser o paraíso dos libros durante o ano de forma xeral, é o paraíso dos libros de forma especial por Nadal. Esquecede o turrón: en Islandia a tradición é recibir ou agasallar un libro nestas datas (todo o mundo recibe polo menos un) e tamén sentar a lelo. O Nadal en Islandia é para ler (e ante isto só podemos dicir: viva!).
Nos meses previos ao Nadal prodúcese o que se coñece como jólabókaflóð, que en castelán poderíase traducir como “inundación de libros antes de Nadal”. É a época da avalancha de novidades. Non só lánzanse unha chea de libros, senón que ademais fanse todas as actividades asociadas ao lanzamento, así que a lista de lecturas, encontros, presentacións e actos similares é moi longa durante estes meses. Segundo algunhas estatísticas editoriais, durante estes meses véndense o 60-70% de todos os libros que se venden en Islandia durante o ano.
De feito, en novembro, os islandeses reciben nas súas casas o Bókatíðindi, un catálogo con todos os libros publicados no ano e que se distribúe por todas as casas. O catálogo é unha parte fundamental dos preparativos do Nadal para escoller os libros que se van a agasallar.
Pero o interesante (e o fascinante) non é só que se vendan moitos libros e que se regalen moitos libros, é son parte das tradicións do Nadal. Os islandeses intercambian libros en Noiteboa e tras recibilos, dedican a noite para ler. Habitualmente, intercambian os agasallos na noite do 24 e a xente pasa a noite lendo.
A explicación deste interese pola lectura e o peso que esta ten no Nadal é histórico. Máis aló de que Islandia fose un pobo lector desde moito antes do século XX está o feito de que durante a II Guerra Mundial o papel era un dos poucos elementos que non estaba controlado e por tanto unha das poucas cousas que se podían regalar. Imprimir libros era barato e convertéronse nun agasallo alcanzable.


Pois, xa sabedes!!!

martes, 6 de decembro de 2016

SABEDES QUE ...

NON EXISTIRIA O CINE SE NON FOSE POLA IMAXINACIÓN DE ...?





GEORGES MELIÈS

Geroges Meliès, naceu o 8 de decembro de 1861 en Paris (mañá hai 155 anos do seu nacemento). Fillo dun empresario do calzado, desde pequeno mostrou interés polo debuxo. Durante a súa estancia en Inglaterra, e debido a que non sabía falar ingles, pasaba as horas vendo espectáculos de maxia.
Cando volta a Paris, quere ingresar na Escola de Bellas Artes, mais é obrigado pola súa familia a traballar na empresa familiar. O tempo que estivo traballando no negocio, dedicouse á reparación e perfeccionamento tecnolóxico da industria.
Pero o seu destino había ser outro, afortunadamente, e cando se retira o seu pai, rexeita seguir traballando na empresa e utiliza os cartos da herdanza para comprar un teatro, o "Robert Houdin". No que representa diversas obras teatrais.

O 28 de decembro de 1895, Meliès é invitado polos irmáns Lumière á primeira representación do cinematógrafo.

Irmáns Lumière e o seu cinematógrafo.

Meliès queda impresionado e consigue mercar un para o seu teatro. A partir dese momento, na mente de Meliès, empeza a nacer a idea de facer películas. Investiga, traballa, crea os decorados ... e no ano 1902 nace a que se considera a súa obra máis importante "Viaxe á lúa" , a primeira película de ciencia ficción da historia do cine.

( se pinchares nas palabras Lumière e cinematógrafo, teredes máis información)

"Viaxe á lúa", está baseada na novela de Xulio Verne. A secuencia quinta, cando a nave encáixase no ollo da lúa, é unha das imaxes mais representativas do cine de todos os tempos.

CON TODOS VOSTEDES ... "VIAXE Á LÚA" DE GEORGES MELIÈS.



domingo, 4 de decembro de 2016

CONTOS CURTOS

O Conto Curto de hoxe titúlase "O piano".

Seguro que tamén vós, cando escoitades algunhas cancións, vos traen lembranzas de persoas, momentos ...


venres, 2 de decembro de 2016

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOTICIAS


A LIBRARIA QUE TEN UN CUARTO DE BERROS PARA DESESTRESARSE







En Xapón existen as vasillas de berros, que segundo din, absorben os berros das persoas tensas e convértenos en susurros. Pero na cidade do Cairo chegaron máis lonxe.

Nunha libraria, chamada Bab Aldonia, hai un cuarto sinxelo e anodino ao que chaman "Scream room" (o cuarto dos berros) ao que os mozos e vellos exipcios van para berrar e quitar o estrés.

As sesións nese "cuarto dos berros" duran 10 minutos. E os que entran alí atópanse cun espazo escuro cunha parede insonorizada, pero tamén dispoñen nunha esquina do cuarto dun kit de tambores para os clientes que queiran golpealos.

A idea xurdiu dun cliente que ía a miúdo á libraria a escoitar sesións de música nese cuarto, ocorréuselle que tamén podería funcionar como cuarto de berros. A dona di que ao principio lle pareceu unha idea tola e absurda pero que, despois de buscar na internet, veu que era algo que se estaba facendo noutros lugares, como o das vasillas "recolle berros" de Xapón. E entón púxose ao choio para instalalo na súa libraría.


Ao final, a iniciativa tivo moito éxito e agora parece que van menos clientes a comprar libros e máis para lanzar os seus berros para desestresarse dos ruídos dunha gran cidade e dos seus problemas diarios. 


Que vos parece a idea? e ... non pensades que ler un libro do que estamos disfrutando tamén pode quitar o estrés?