NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 28 de outubro de 2021

RAKONTO VERDE

Pensades que cando paseades por un bosque, o único que hai baixo os vosos pes é terra e follas. Pois que saibades que estades moi, moi equivocados e equivocadas!

Falan as árbores entre elas? Son empáticas coas súas compañeiras? Apoianse unhas a outras? Avisan dun perigo? 

Escoitade este vídeo!




martes, 26 de outubro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 



COMO DESENVOLVER A EMPATÍA?


Boa pregunta, non si? Pois aquí vos deixamos primeira proba para saber se somos persoas empáticas.

Adestramos a escoita activa? Que quere dicir isto?

A escoita activa é a que permite que entendas toda a información que está a dar outra persoa coas súas palabras, pero tamén tendo en conta a comunicación das emocións que transmite esa persoa que está a falar contigo.
Por exemplo, se un compañeiro ou unha compañeira está a contarche un problema, só poderas axudala se escoitas con atención as súas palabras e observas con atención os seus xestos, alegres, tristes, de enfado, de dor ...
O mellor xeito de conectar con outra persoa ou persoas non é falando, se non sabendo escoitar, así demostras que o que che está a contar é importante para ti.

Velaí un exemplo nunha escena da película "Mejor Imposible", sobre o que logo podedes falar.









luns, 25 de outubro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Imos lembrar como ser uns bos e boas Booktubers con este vídeo. Ide preparando as vosas lecturas favoritas! 


COMO SER UN/UNHA BOOKTUBER



domingo, 24 de outubro de 2021

CONTOS ANIMADOS

 Hoxe, poderedes desfrutar  dunha curtametraxe de animación moi especial "The Maker", O creador.

Un ser moi especial ten un tempo limitado, marcado por un reloxo de area, para crear alguén que siga o seu legado. Mais, realmente, o que nos plantexa esta marabillosa curtametraxe é a pregunta: Sabemos utilizar ben o noso tempo? É esta unha pregunta que sen dúbida deberiamos reflexionar sobre ela. Aquí vola deixamos para que o pensedes.

The Maker, está dirixida por Christopher Kezelos  (premendo no seu nome podedes seguilo en Instagram) e foi presentada no ano 2012 no Festival de Cine Fantástico de Stiges, acadando na súa traxectoria moitos premios.

Os personaxes son creación da artista Amanda Louse Spayd. (premendo no seu nome podedes seguila en Instagram.


THE MAKER




xoves, 21 de outubro de 2021

RAKONTO VERDE. BIBLIOTECA E VOZ NATURA.

Este 4 de outubro foi o Día Mundial dos Animais. A Declaración Universal de Dereitos do Animal, foi proclamada o 15 de outubro de 1978 e aprobada pola Organización das Naciones Unidas. Esta declaración establece que todo animal posee dereitos e sinala que o descoñecemento e o desprezo deses dereitos levaron e seguen a levar ás persoas a cometer crímenes contra a natureza e contra os animais.

Todas as persoas sabemos que os animais teñen sentimentos e emocións, queren e deben ser queridos, son leais e dan moito ás persoas, tanto os que conviven con nós, como os que viven na natureza e manteñen o seu equilibrio.

Aquí vos deixamos unha curtametraxe sobre a que logo podedes debater:


KITBULL




martes, 19 de outubro de 2021

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA



Este curso temos unha proposta moi emocionante, coñecernos mellor entre todos e todas para compartir e traballar as nosas emocións, que non sempre son positivas e, ás veces, se non sabemos como xestionalas poden provocarnos malestar e conflitos innecesarios coas persoas que nos rodean e coas que queremos moito.

Hai moitos tipos de emocións: alegría, tristura, sorpresa, enfado, ira... o importante das emocións é:

- como as expresamos.

- que nos levou a sentir esa emoción.

- coñecernos mellor a nós mesmas como persoas.

- saber cales son as nosas cualidades e querernos, é dicir, a autoestima.

- empatía ou a capacidade para poñernos no lugar doutra persoa.


Imos comezar por unha que é moi importante, e que nos axudará a estar máis contentas con nós mesmas como persoas, a empatía.

A empatía permítenos establecer vínculos positivos, de comprensión e de respecto cara as demais persoas. É a capacidade para recoñecer e comprender os sentimentos, ideas e condutas das persoas que nos rodean e entender, ata poñernos no seu lugar, as circunstancias que poden afectar a eses compañeiros e compañeiras en situacións concretas.

Velaí un vídeo que o explica moi ben:







luns, 18 de outubro de 2021

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

Ide preparando as vosas lecturas favoritas para recomendar a todas as compañeiras e compañeiros. O curso pasado a comunidade de booktubers foi medrando, esperamos que este curso medre moito máis.

Aquí vos deixamos o último do curso pasado., do noso compañeiro Nicolás.

Animádevos a compartir historias!!!




domingo, 17 de outubro de 2021

EMPEZAMOS!!!

Ola a todas e a todos, un curso máis empezamos a nosa andaina no blog da biblioteca, o Rakonto, este lugar común para toda a comunidade educativa. Así que xa sabedes, calquera cousa que vos apeteza incorporar ao blog, non tedes máis que dicilo.

Como é luns, seguimos a empezar con curtas de animación, pensamos que é un bo xeito de empezar a semana.

Velaí vai o primeiro deste curso!

Esta curtametraxe foi realizada polos alumnos e alumnas do Grado de Música da Universidade de Música e Artes de Tlaxcala, un estado situado no centro de México.

Unha fermosa mensaxe de como podemos a través da música e do disfrute das cousas boas e sencillas, como un baño na praia, conseguir que a rutina non nos leve á tristura. É cuestión de ter unha actitude positiva e saber gozar do que realmente nos emociona.


INNER WORKINGS