A nosa comunidade educativa é diversa, e iso é unha das cousas máis fermosas do noso colexio. Por iso queremos desexarvos unha Felices Festas cunha canción de Playing forChange, xa que eles e elas simbolizan esa marabillosa mestura a través da música. E cunha canción que é o noso maior desexo, un mundo feliz para todos e todas!
Hoxe neste rincón booktubero, imos contarvos unha historia. Seguro que todos e todas coñecedes a J.R.R. Tolkien, o autor dun famoso libro El señor de los anillos, e se non líchedes o libro, seguro que víchedes a película.
Pois, o autor, desta marabillosa historia, Tolkien, tiña varios fillos. Para toda a familia o interese e a importancia de Papá Noel ía máis alá da súa capacidade para encherlle de agasallos os calcetíns que penduraban na Noiteboa, porque todos os anos os fillos de Tolkien recibian unha carta na que describía con palabras e debuxos a súa casa, os seus amigos e os acontecementos, graciosos ou preocupante, que tiñan lugar no Polo Norte.
A primeira das cartas chegou no ano 1920, cando John, o fillo maior, tiña tiña tres anos, e durante máis de vinte anos, ao longo da infancia dos tres pequenos, Michael, Christopher e Priscilla, recibiron as cartas que chegaban de Papá Noel.
Mirade que selos máis fermosos tiñan as cartas!
Velaquí unha das cartas que escribiu Papá Noel no ano 1923, a John. A da imaxe é a orixinal, coa súa letra!
Polo Norte.
Nochebuena: 1923
Mi querido John:
Hoy hace mucho frío y mi mano tiembla mucho — el día de Navidad cumpliré mil novecientos veinticuatro, ¡no! Mil novecientos veintisiete años. Soy mucho más mayor que tu bisabuelo, así que no puedo evitar que baile un poco la pluma, pero me dicen que ya lees tan bien que estoy seguro de que podrás leer mi carta.
Te mando muchos abrazos (y tambien para Michael), y también ladrillos Lotts (que se llaman así porque hay lotes y lotes para ti el año que viene si me avisas con tiempo). Creo que son más bonitos y fuertes y limpios que los ladrillos Picabrix. Así que espero que te gusten.
Ya tengo que irme; hace una noche bonita y agradable y debo recorrer cientos de millas antes de que llegue el nuevo día — tengo tantas cosas que hacer.
Hoxe na entrada do noso proxecto, só deixamos este vídeo. Esperamos que podades reflexionar sobre el, xa que como ides ver, a empatía tamén está no máis cotiá.