domingo, 18 de decembro de 2022
FELICES FESTAS!!!
xoves, 15 de decembro de 2022
mércores, 14 de decembro de 2022
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR
Hoxe unha frase do escritor americano Stephen King, que ao mellor coñecedes polas súas historias de terror, suspense, ciencia ficción e fantasía. E se non o coñecedes, a que estades esperando!
martes, 13 de decembro de 2022
EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
A música é unha das artes que máis nos emociona desde o primeiro momento das nosas vidas, e así nolo conta José Manuel Zapata, tenor.
Escoitade!!!
luns, 12 de decembro de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe na nosa comunidade de booktubers, a recomendación de Zoe, de 6ºA.
Moitas grazas, Zoe!!!
domingo, 11 de decembro de 2022
xoves, 8 de decembro de 2022
RAKONTO VERDE
Queredes coñecer a clasificación das plantas e as súas principales características. Pois imos ao reino das plantas!!!
martes, 6 de decembro de 2022
EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BILIOTECA
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR
Maya Angelou, escritora, poeta, cantante e activista polos dereitos humanos, dixo das bibliotecas...
domingo, 4 de decembro de 2022
xoves, 1 de decembro de 2022
mércores, 30 de novembro de 2022
ESCRIBIR A BIBLIOTECA. CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO". THIAGO 3ºA
Hoxe, temos o últimos dos relatos gañadores do Concurso "Dame Medo". O relato é de Thiago de 3ºA, e titúlase "O pallaso".
Moitos parabéns Thiago!!!
O PALLASO
Unha vez había uns nenos que foron á Casa do terror. Un neno viu un pallaso e unha caveira, e claro, asustouse MOITO!!!
Entón el medrou sendo malvado e asasino, pero un día morreu, mais a súa alma estaba viva.
Agora camiña pola noite coa súa alma e asusta ás persoas. Utiliza xoguetes para cobrar vida e quere vinganza.
Aparece nos desaugadoiros, e por moitos lugares. Pero as persoas fixeron un ritual para que morra e que non volva aparecer.
FIN
martes, 29 de novembro de 2022
EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Porque todos os días facemos algo importante para as persoas que nos rodean, e expresamos emocións que son importantes para elas...
EVERYDAY PEOPEL FEAT
luns, 28 de novembro de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, a recomendación de Iago de 4ºB. Un libro que xa é un clásico e moi querido por todas as lectoras e lectores.
Moitas grazas, Iago!!!
domingo, 27 de novembro de 2022
CURTAS ANIMADAS
Nun mundo no que as lámpadas brillan segundo o seu estado emocional, este rapaz séntese perdido coa súa lámpada apagada, mais ás veces, só depende de que saibamos encontrar a nosa propia luz, esa que todas as persoas temos.
xoves, 24 de novembro de 2022
mércores, 23 de novembro de 2022
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR. CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO"
Hoxe, temos nesta entrada outro dos relatos gañadores do IX CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO". O de Zoe de 6º A.
Que o desfrutedes!!!
Moitos parabéns, Zoe!!!
A SANTA COMPAÑA
Marta, por moito que lle dixeran que non é real, ela segue pensando que ten razón, que a Santa Compaña existe.
Un trinta e un de outubro, Marta, unha rapaza, vai cos seus amigos a pedir caramelos pola tarde, segundo ela, leva un disfraz da Santa Compaña e, como de costume, os seus amigos ríanse das súas teorías sobre a existencia dos espíritos, tamén o seu irmá Hugo é dos que ríe esa ocorrencia de Marta.
Cando chegaron os dous á casa, deitáronse. Preto da media noite, Marta levántase ao escoitar un ruído, e vai investigar. Cando chega ao cuarto do seu irmán, non o ve. Asustada, chama ao seu pai e a súa mai, que tamén empezaron a buscalo.
Chegaron ao bosque, xusto cando era a media noite. Foron a unha casa abandonada e empezaron a ver espíritos guiados por Hugo, cunha cruz na man. Asustados, volveron para casa de novo.
Ao día seguinte, a familia foi á policía e dixeron que Hugo non estaba. O buscaron... foi atopado morto cunha cruz no peito.
FIN
martes, 22 de novembro de 2022
EMOCIONA(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.
Aquí vos deixamos unha proposta de rap, para aprender a letra e facer unha coreografía. Coa letra deste rap de Danay Suárez, Yo aprendí, podedes expresar co voso corpo o seu significado.
Yo aprendí que la mayoría de las veces
Las cosas no son lo que parecen
Que somos una especie que se especializa en mentir
Para así construir un porvenir con mentiras
Cuenta cuantas veces hacemos desaparecer
Con solo una frase lo que no quisiéramos perder
Se nos va la vida, vamos dejando correr
El tren con el amor que sólo pasa una vez
Yo aprendí a no burlarme de nadie con arrogancia
Porque yo no sé cuáles serán mis circunstancias
Y la elegancia, sólo es cosa de ego
La ropa con la que mejor me veo es la del alma
Yo aprendí que la calma es buena consejera
A la hora de tomar decisiones certeras
Que yo no soy la más lista
Pero con el oportunista debo ser una fiera
Yo sé que uno se puede equivocar
Como un ser humano normal
Que tiene mucho valor que te perdonen
Pero más perdonar
Que no se puede pisotear la palabra
Pisotear la moral
Que el amor no basta cuando el respeto no alcanza
Es como arar en el mar
No soy mejor que nadie, nadie es mejor que yo
Aunque yo no entienda como todos quieren parecerse
Como la gente se clona pierde su propia voz
Y no saben hacia dónde caminar al levantarse
Yo aprendí que querer saber todo lo que piensan
Con respecto a mí, es ser mi amenaza
Es abrirle la puerta a la envidia y
Decirle: Cómo está señora?, entre, está en su casa!
Que pasan las cosas
Pero los errores pesan, porque luego se arrastran
Porque luego te aplastan como cadenas del alma
Yo sé como se extraña a un hermano cuando te hace falta
Yo sé a veces, el que más sufre, el que más te ama
Yo sé que tendré otras madrugadas donde no tengo ni almohada
Ya yo comprendí que la vida es linda pero no es un cuento de hadas
Yo sé que uno se puede equivocar
Como un ser humano normal
Que tiene mucho valor que te perdonen
Pero más perdonar
Que no se puede pisotear la palabra
Pisotear la moral
Que el amor no basta cuando el respeto no alcanza
Es como arar en el mar
luns, 21 de novembro de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe na nosa comunidade de booktubers, a recomendación de Rocío, de 5ºA.
Moitas grazas, Rocío!
domingo, 20 de novembro de 2022
25N. IMOS MUDAR O CONTO!
A través desta representación do conto "La Bella y la bestia", imos reflexionar sobre os mitos do amor romántico. Este é só un dos contos, hai moitos máis, que nos fixeron crer na existencia de principes azúis (que xa sabedes que non existen). Pero eses contos crearon estereotipos que fixeron e están a facer moito dano.
Escoitade e reflexionade!!!
xoves, 17 de novembro de 2022
RAKONTO VERDE
Hoxe ides coñecer un lugar máxico: O bosque dos Grobos, un conto de pedra entre castiñeiros.
mércores, 16 de novembro de 2022
GAÑADORAS E GAÑADORES DO CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO"
Cada semana iremos colgando un dos relatos gañadores do noso Concurso de relatos "Dame medo".
Moitas grazas a todas e todos os que participáchedes no concurso, foi moi difícil para o xurado a escolla. Pero o vindeiro ano contamos coa vosa sempre creativa e xenerosa participación.
Esta semana o de Óscar Domínguez Senín de 6ºB, co título...
PECHA AS PORTAS
Érase unha vez un home que traballaba de vixiante nocturno nun parque de boas. Chamábase Afalopio e tiña que estar nunha sala de vixiancia, dende as 12 ata as 6 da mañá. Ata que un día pasou algo...
Era un día calquera de traballo, foi á sala e púxose co teléfono a xogar e ver vídeos. Quedouse durmido ata que escoitou algo moi forte, mirou as cámaras e notou que faltaba o animatrónico. Mirou todas as cámaras e comprobou que o animatrónico estaba detrás del.
Saiu correndo e escondeuse no baño. De súpeto, escoitouse un ruído e revisou cada rincón, mais non atopou nada. Saiu pensando que o animatrónico xa non estaba, pero... apareceu outra vez por detrás del.
O home correu e agachouse na sala de vixiancia. Pechou e reforzou todo e logo, relaxouse. Pasou un tempo, e el xa case esquecera o acontecido, mais de súpeto un brazo...zas... o animatrónico colleu ao home polo pescozo e o ía comer, pero el foi rápido e sacou a escopeta e... PUM PUM PUM, disparoulle tres veces na cabeza, burlándose do animatrónico.
Sentouse na cadeira para descansar, pero... CRACK, ese foi o son do pescozo do home.
Á mañá seguinte, a policía estaba intentando averiguar que pasou, mais nunca o descubriron.
martes, 15 de novembro de 2022
EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Aquí vos deixamos outra canción, que fala dunha emoción moi importante o amor!!!
luns, 14 de novembro de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, a recomendación da nosa compañeira, Manha Atif de 4º A.
Moitas grazas, Manha!!!
domingo, 13 de novembro de 2022
xoves, 10 de novembro de 2022
RAKONTO VERDE
Seguimos a celebrar o magosto, coñecendo un pouco da súa historia.O Magosto é unha festa tradicional tan arraigada na cultura popular galega como as colleitas e a árbore responsable da mesma. Os castiñeiros forman parte esencial da paisaxe galega desde hai moitos séculos. Galicia debe os seus castiñeiros aos romanos, que trouxeron unhas variedades de árbore máis produtivas que as autóctonas que se estenderon rapidamente pola rexión. Durante os séculos seguintes, a castaña adquire gran protagonismo no ciclo vital e económico das terras. Aproveitados ao máximo, desde a madeira da árbore, até o seu froito e os seus refugallos, esixíase a plantación de soutos nas terras e moitas rendas ou parte delas cobrábanse en castañas, tamén coñecidas como 'o pan dos pobres. Mais, agora, é un manxar que se goza en todas as xuntanzas e vai, case sempre, unido a unha celebración de comunidade.
mércores, 9 de novembro de 2022
MEMORIAS DUN NENO LABREGO.
O 3 de novembro de 1928, nacía o escritor galego Xosé Neira Vilas, autor dun dos libros máis coñecidos para todos e todas as lectoras en lingua galega.
Este libro ten un dos comezos máis fermosos da nosa literatura e titúlase, Memorias dun neno labrego.
Comeza así...
Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesar do que lle aconteceu por causa miña.No verán ando descalzo. O po quente dos ca- miños faime alancar. Magóanme as areas e nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doe o lombo e as pernas. Pero o día comeza. Sede, sol, moxardos.
No inverno, frío. Ganas de estar arreo ó pé do lume. Muíños apeados. Faladurías de neves e lobos. Os brazos son coma espeteiras para encolgar farrapos. Murnas, fridas, dedos sen tentos.
!Que saben disto os nenos da vila!
Eles ignoran o que eu penso mentres boto ó
corpo un gurrucho de caldo con broa. Ou o que
sinto cando estou no monte pingando, atereci-
do, vendo por entre a chuvia un fantasma bre-
temoso en cada árbore.
A aldea é unha mestura de lama e fume, onde
os cans ouvean e a xente morre «cando está
da man de Deus», como di a madriña. Os rapa-
ces somos tristes. Enredamos, corremos tras
dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes.
Temo a probreza e os trafegos da terra aniña-
dos nos ollos.
Eu quixera andar mundo. Ir por mares e terrras
que non coñezo. Nacín e crieime na aldea pero
agora síntoa pequena, estreita. Coma se vivise
nun cortizo. Teño pensamentos que non lle podo
contar a ninguén. Algúns non me entenderían
e outros chamaríanme tolo. Por iso escribo.
Xosé Neira Vilas
martes, 8 de novembro de 2022
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR
Hoxe imos escribir a nosa biblioteca escolar co marabilloso conta contos que fixeron as compañeiras de EI, para todos os nenos e nenas deste nivel.
Moitas grazas por facer que a mañá do venres fose así de fermosa, e todas cantando ... non vin vella, nin velliña, nin vellón... corre corre cabaciña... corre corre cabazón!
Moitos parabéns e esperando xa o vindeiro conto!!!
luns, 7 de novembro de 2022
EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
A felicidade é unha das emocións que máis nos gusta desfrutar e compartir. Por iso, como di esta canción, Don't worry be happy! Non sempre hai que preocuparse, ás veces compartir a felicidade fai que todas nos encontremos ben.
Pois, hai tedes outra proposta de coreografía!!!
domingo, 6 de novembro de 2022
CURTAS ANIMADAS
HOPE
Un corto animado que reflicte a necesidade de coidar os nosos mares, para que os seres vivos que o habitan podan vivir sen o perigo dos plásticos.
xoves, 27 de outubro de 2022
RAKONTO VERDE
E, xa que estamos a piques de comezar o magosto, imos coñecer algunha historia sobre castiñeiros. Hoxe, a do castiñeiro máis antigo de Galicia.
mércores, 26 de outubro de 2022
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR
Aquí vos deixamos unha proposta. Este curso desde BIbliotecas Escolares, o lema é: Escribir a biblioteca escolar.
Iremos deixando frases doutras persoas que falaron sobre as bibliotecas escolares, pero a nosa proposta é que tamén vos escribades algunha e así a colgaremos no blog coa vosa fotografía.
Animádevos a escribir a nosa bibloteca!
E se o di Mafalda, nós non somos quen para discutirlo!
martes, 25 de outubro de 2022
EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Pois si, as nosas emocións e como as desenvolvamos, poden mudar o mundo e facer del un lugar máis fermoso para todas e todos.
Aquí vai otra proposta de coreografía para esta fermosa canción...
luns, 24 de outubro de 2022
IX CONCURSO DE RELATOS "DAME MEDO"
Ola a todos e a todas, un ano máis, e xa van nove, desde a biblioteca convocamos a todo o alumnado que desexe participar no IX Concurso de Relato Breve "Dame Medo". Aqui tedes unha imaxe con toda a información.
O dito... QUEN DIXO MEDO!!!
ESPERAMOS OS VOSOS RELATOS CON MOITA ILUSIÓN!!!
domingo, 23 de outubro de 2022
24 DE OUTUBRO. DÍA DAS BIBLIOTECAS
Moitas grazas a todos e a todas as que participades neste vídeo, e a todo o alumnado que cada recreo, conta contos, visita de autoras, clubs lectores ... enchedes a biblioteca coa forza da vosa imaxinación e da tan importante colaboración.
xoves, 20 de outubro de 2022
RAKONTO VERDE
Hoxe, no Rakonto Verde, a Serra do Courel, atravesada polo río Lor, é un lugar de gran fermosura e que foi reflectida polo gran poeta Uxío Novoneyra nos seus poemas.
mércores, 19 de outubro de 2022
ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR.
Aquí vos deixamos unha proposta. Este curso desde BIbliotecas Escolares, o lema é: Escribir a biblioteca escolar.
Iremos deixando frases doutras persoas que falaron sobre as bibliotecas escolares, pero a nosa proposta é que tamén vos escribades algunha e así a colgaremos no blog coa vosa fotografía.
Animádevos a escribir a nosa bibloteca!
A de hoxe é da escritora nada en Irán, Doris Lessing.
martes, 18 de outubro de 2022
EMOCION(ARTE). O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.
Aquí vos deixamos unha coreografía chea de enerxía, unha emoción importante para tirar para diante cando as cousas non van tan ben como queremos. Enerxía e alegría!
domingo, 16 de outubro de 2022
CURTAS DE ANIMACIÓN
O poder da imaxinación, sen dúbida, pode axudarnos a levar moito mellor os momentos malos ou regulares.
Aquí vos deixamos a curta de stop motion, El niño, de Andrea Osorio.
xoves, 13 de outubro de 2022
RAKONTO VERDE
A relación da natureza e a música está presente desde hai moitos séculos na música. Ides a escoitar un dos concertos do compositor italiano Vivaldi, son catro pezas para violín e orquestra inspiradas nas catro estacións
mércores, 12 de outubro de 2022
domingo, 9 de outubro de 2022
xoves, 6 de outubro de 2022
martes, 4 de outubro de 2022
EMOCION(ARTE) O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Este curso seguimos traballando as nosas emocións, e imos facelo a través de expresións artísticas como o teatro textual, o teatro xestual, perfomance e coreografías. Como vedes, tedes moito onde escoller.
Aquí vos deixamos un exemplo de como expresar emcións co noso corpo...
luns, 3 de outubro de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Xoel, pechou o curso pasado a nosa andaina pola Comunidade de Booktubers. Este curso seguimos a medrar. Só tedes que pasar pola biblioteca e apuntarvos para falar dese libro que tanto vos gustou, do resto xa nos encargamos nós!
domingo, 2 de outubro de 2022
EMPEZAMOS!!!
Que ganiñas xa de empezar! Este luns ábrense as portas da biblioteca para enchela de historias, xogos, aventuras... o voluntariado xa está a prepararse, as e os Tusitalas tamén, pero agárdannos máis sorpresas.
Despois de dous cursos se poder desfrutala coma sempre... VOLVEMOS!!!
luns, 23 de maio de 2022
FELICES VACACIÓNS! VÉMONOS O VINDEIRO CURSO!
Que mellor xeito de despedirnos ata o vindeiro curso que as derradeiras recomendacións da nosa Comunidade de Booktubers.
domingo, 22 de maio de 2022
CONTOS ANIMADOS
xoves, 19 de maio de 2022
A FALA
martes, 17 de maio de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.
Hoxe imos falar sobre o poder das palabras, xa que estamos a celebrar as Letras Galegas. As palabras podemos traducilas a moitas linguas, pero non sempre teñen o mesmo significado en cada unha delas. Tamén en cada idioma hai expresións diferentes, porque teñen moito que ver coa paisaxe, coa cultura dese pobo que fala esa lingua concreta.
Mais tamén, as palabras teñen moita importancia, con elas amamos, ferimos, divertimos, axudamos, expresamos emocións... por iso é importante coñecelas e saber utilizalas ben.
Neste vídeo, ides escoitar á escritora vasca Espido Freire falando sobre o poder das palabras.
xoves, 12 de maio de 2022
martes, 10 de maio de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Sen dúbida, hai frases, moi importantes na nosa vida, que ata fan que tomemos decisións importantes ou que teñamos a afouteza de tomalas. Por iso, non hai que ter medo a decirlle a outras persoas: grazas, quérote, ou creo en ti.
Nós cremos en vós!
E agora, escoitade ao xogador de baloncesto Fernando Romay.
luns, 9 de maio de 2022
domingo, 8 de maio de 2022
CONTOS ANIMADOS
Lost & Found, unha historia de amor na que os coidados, o amor, a tristura, a rabia, o medo... son emocións transmitidas sen diálogos, nin falta que lles fai. Como na vida, ás veces, sobran as palabras e son os feitos os que poden explicar as nosas emocións.
Intentade identificar as emocións que aparecen ao longo desta historia.
Esperamos que vos guste!
xoves, 5 de maio de 2022
RAKONTO VERDE
Xa que estamos na primavera, ollade para este time lapse, de flores que van florecendo.
martes, 3 de maio de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
O ÚNICO QUE PODEMOS DICIR, É QUE O VOSO LIBRO DAS EMOCIÓNS, É MOI FERMOSO!!!
MOITAS GRAZAS POR EMOCIONARNOS!!!
O LIBRO DAS EMOCIÓNS, dos alumnos e alumnas do CEIP. Raquel Camacho
luns, 2 de maio de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS. IVO DE 1ºB
Hoxe na nosa comunidade de booktubers, Ivo de 1ºB, fainos unha recomendación moi interesante!
domingo, 1 de maio de 2022
CONTOS ANIMADOS
Esta curtamentraxe animada, Hair Love, gañou un Oscar no ano 2020, e a historia ten varias mensaxes importantes. A ver se sabedes cales son?
HAIR LOVE
martes, 26 de abril de 2022
domingo, 24 de abril de 2022
SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA
Que mellor que para celebrar os libros que recibir a visita dunha autora, e se ademais esa autora é María Reimóndez e ben na compaña dunha formiga destemida, nós xa somos felices.
Velaquí o momento tan especial!!!
SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA.
O sábado 23 de abril, foi o Día do Libro, aínda que para nós todos os días o son, sen dúbida sabemos que ben merece un día especial. Como non merecer un día así, ese obxecto que nos acompaña en viaxes, coas emocións, en aventuras que nos levan a illas descoñecidas, a coñecer o esforzo de corredoras que loitan pola igualdade e pola paixón, saber que aínda que sexas tan pequena como una formiga, podes descubrir mundos novos e vivir experiencias interesantes sempre que teñas a curiosidade de aprender. Isto e moito máis aprendemos nos libros, pero o máis importante é, que grazas a eles, podemos converternos en persoas máis libres que saben respectar as opinións doutras persoas aínda que non coincidan coas nosas e que cando lemos información sobre diferentes temas somos quen de distinguir a que é verdade da que pode ter erros.
Os libros, son os compañeiros da nosa imaxinación de da nosa liberdade. Velaquí un vídeo dalgúns compañeiros e compañeiras que falan da súa experiencia no noso Club Lector, Tusitalas, da visita á Biblioteca Ágora e da presenza de autoras e autores na nosa biblioteca.
Moitas grazas polas vosas xenerosas e interesantes aportacións!!!
xoves, 21 de abril de 2022
RAKONTO VERDE
Imos escoitar un vídeo sobre a importancia da reciclaxe de papel e a súa relación coas árbores!
martes, 19 de abril de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Hoxe na nosa entrada do proxecto, e xa que imos camiño de celebrar o Día do Libro, imos escoitar á escritora Irene Vallejo. Ela escribiu un libro titulado El infinito en un junco, que habla sobre libros, su historia y lo importante que fueron para el crecimiento de las civilizaciones.
Pero nesta curta entrevista, que lle fan no Hay Festival, desde Cartagena de Indias, ela explica porque foron importante os libros na súa vida, e como a salvaron de algo que lle aconteceu cando tiña oito anos.
Escoitade!
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, Noa de 3ºB recomenda, A formiga destemida, da autora María Reimóndez, á que teremos a sorte de escoitar o vindeiro venres 22 no noso colexio.
Que ganas de compartir con ela esta marabillosa historia!!!
Moitas grazas, Noa!
xoves, 7 de abril de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe, a nosa Booktuber Nora, de 2ºA, non podía escoller mellor recomendación para seguir a celebrar o Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil, que un libro do noso moi prezado Agustín Fernández Paz.
Moitas grazas, Nora!
luns, 4 de abril de 2022
CELEBRANDO A LITERATURA INFANTIL E XUVENIL CON ANDREA MACEIRAS
Sen dúbida, no noso colexio somos moi afortunadas. Todos os cursos temos visitas de autoras e autores moi especiais. Nesta ocasión, Andrea Maceiras e o seu marabilloso libro A folla azul.
Velaquí tedes un vídeo do seu paso polo noso colexio. Xa sempre quedará con nós o seu sorriso e esa nena afouta Husu, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde.
Moitas grazas, Andrea!!!
domingo, 3 de abril de 2022
2 DE ABRIL. DÍA INTERNACIONAL DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Os libros e as historias que hai neles, forman parte da nosa vida desde que nacemos. Ao principio, son os arrolos que nos cantan para durmir as nosas mais, pais, avoas, avos... logo veñen os contos antes de durmir, e máis tarde ese feito marabilloso, case máxico, cando entendemos as palabras desas historias, cando aprendemos a ler e metémonos na aventura como se fósemos nós as protagonistas.
Sempre hai libros que nunca esquecéremos, e seguro que algo deles quedou en nós. Hai persoas que grazas á lectura dunha historia, decidiron ser arqueólogas, científicas, carpinteiras... coa idade, hai libros que, cando os vemos, traen a nosa memoria lembranzas de momentos, de amigas e amigos, de lugares.
E, non esquezades nunca, que os libros, faran de vós persoas máis libres e moito máis felices.
Moitas grazas a todas as compañeiras e compañeiros que participastes neste vídeo!
E moitas grazas a todos e todas por facer da nosa biblioteca un lugar especial!
xoves, 31 de marzo de 2022
RAKONTO VERDE
Xa que estamos na primavera, imos facer desde este blog unha proposta. Primeiro teredes que escoitar en silencio e con moita atención, A primavera, de Vivaldi. Este músico compuso a peza, As catro estacións, unha para cada unha delas. Foi un compositor do barroco, ao que chamaban en Italia, Il prete rosso, é dicir, o cura roxo, xa que era crego e peliroxo.
Mentres a escoitades, teredes que escribir un haiku que teña relación coa primavera. Seguro que coa axuda de Vivaldi a inspiración será das boas!
martes, 29 de marzo de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Hoxe, xa estamos na semana do teatro, imos escoitar un conto narrado por un dos actores de teatro máis coñecidos e queridos polo público. O seu nome artístico é, El Brujo, e ides escoitar como narra un conto de Albert Espinosa, Todo saldrá bien.
luns, 28 de marzo de 2022
domingo, 27 de marzo de 2022
26 DE MARZO, DÍA DO TEATRO
O teatro é unha das expresións artísticas máis antigas, cos anos foi mudando na súa forma e espacios de representación, pero sempre mantivo a súa esencia, a de contar historias, non só para facer rir ou chorar, ás veces o teatro tamén é un acto de rebeldía ante o que acontece na sociedade.
Sabedes que cando os actores e actrices van estrear unha obra, desexamoslle sorte coa expresión: Moita merda!. Este dito ten a súa orixe desde tempos moi antigos. Cando diante do lugar onde se facía a representación, había moita merda de cabalo, iso quería dicir que a obra tivera moito éxito porque acudira moito público.
Tamén hai unha cor que non gusta nada no mundo teatral, o amarelo. Considérase que esta cor trae mala sorte porque o actor e dramaturgo francés, Moliere, durante a representación dunha das súas obras, El enfermo imaginario, vestido de amarelo, tivo un ataque e morreu. De aí que quedara esta superstición entre a xente do teatro.
Aquí vos deixamos un vídeo cunha pequena historia sobre os inicios do teatro.
xoves, 24 de marzo de 2022
RAKONTO VERDE. DIN QUE NON FALAN AS PLANTAS
Hoxe no Rakonto Verde, poesía e paisaxe. Sabedes de quen é este poema?
martes, 22 de marzo de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Hoxe, contamos cun traballo ben fermoso dos alumnos e alumnas de 6ºB de Educación Infantil sobre as emocións. Eles e elas, xunto coa súa mestra Bea, fixeron o seu persoal libro no que nos describen como nos sentimos en cada momento.
Moitos parabéns!!!
luns, 21 de marzo de 2022
domingo, 20 de marzo de 2022
21 de marzo, Día da Poesía
Hoxe, no Día de Poesía, queremos lembrar a vida e obra dunha poeta que xa coñecedes, xa que lle dedicaron o Día das Letras Galegas no ano 2021, Xela Arias. Ela entendía a poesía como un acto revolucionario, a poesía para Xela tiña que saír ás rúas, e como non tamén compuxo para grupos de música.
Aquí tedes un vídeo para lembrar a súa vida e obra, na biblioteca que leva o seu nome, Biblioteca Xela Arias, na Chapela.
xoves, 17 de marzo de 2022
RAKONTO VERDE
Sabedes cal é a flor símbolo de Ucrania?
martes, 15 de marzo de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Hoxe na entrada do noso proxecto contamos cun traballo, e nunca mellor dito, emocionate e fermoso.
O LIBRO DAS EMOCIÓNS DE BRYANNA DE 6ºB DE EDUCACIÓN INFANTIL
Moitas grazas, Bryanna, por este fermoso libro das emocións!!!
luns, 14 de marzo de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe, na nosa xenial comunidade de booktubers, Lucía de 5ºB, recoméndanos...
MOITAS GRAZAS, LUCÍA!
domingo, 13 de marzo de 2022
xoves, 10 de marzo de 2022
RAKONTO VERDE.
Xa que as compañeiras e compañeiros de 3º e 4º, estades a ler A formiga destemida, de María Reimóndez, aquí vos deixamos cinco cousas que ao mellor non sabedes das formigas. Este animal tan pequeno, pero tan intelixente!
martes, 8 de marzo de 2022
XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Neste vídeo ides escoitar a Juan Carlos, exfutbolista, e comprobaredes a importancia da intelixencia emocional, do apoio ás persoas que nos rodean cando están en dificultades, do afecto, e de ser positivos ata nas circunstancias máis adversas. A importancia da empatía coas persoas que nos rodean.
luns, 7 de marzo de 2022
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Hoxe a nosa booktuber Zoe, de 5ºA, fainos unha recomendación moi acaída.
Moitas grazas, Zoe!
domingo, 6 de marzo de 2022
AS GUERRAS NON ESTÁN NOS VÍDEO XOGOS
Hoxe, non ides ver un corto animado, ides ver unha realidade, a dunha nena refuxiada. Coas imaxes é suficiente para entender o seu inxusto sufrimento. Para entender que a violencia non leva a ningures, e que só a través do diálogo e o entendemento podemos chegar a acordos que non fagan dano á poboación civil.
As guerras non son vídeo xogos, son unha realidade creada por persoas. Por iso estas imaxes poden parecervos duras, porque son reais. Pero é importante que coñezades o que acontece no mundo para non repetir estas inxustizas.
O máis insolidario é pensar que mentres non nos pase a nós, só é unha noticia. Iso pensaban os millóns de persoas que hoxe viven en campos de refuxiados.
Pensamos que este vídeo pode provocar na aula un debate, unha reflexión de como podemos mudar o mundo como sociedade.
O vídeo é dunha campaña de Save de Children, do ano 2016. Mudou algo?