NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 30 de abril de 2019

ASÍ FOI A NOSA SEMANA DO LIBRO







MÉRCORES

O mércores tivemos Captura un libro. Esta actividade a organizou o Club Lector "Tusitalas". Elas e eles crearon unha serie de pistas e tivemos que mergullarnos nos andeis para atopalos. Mais ao final o conseguimos!!!


MOITAS GRAZAS, TUSITALAS!!!

domingo, 28 de abril de 2019

ASI FOI A NOSA SEMANA DO LIBRO

MARTES 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Tivemos a sorte de gozar da compañía e da palabra da autora Emma Pedreira que, como prometeu, trouxo unha maleta chea de sorpresas. Mais tamén de historias sobre o papel, o libro máis grande, o máis pequeno; os diferentes tipos de libros...
Velaí o fermoso segredo en imaxes e un vídeo...
















Libros fermosos que trouxo na súa maleta máxica!!!










MOITAS GRAZAS EMMA, POR COMPARTIR CON NÓS OS TEUS LIBROS E TODO O QUE SABES SOBRE ELES. QUE É MOITO!!!


xoves, 25 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Hoxe rematamos a nosa semana da Festa do Libro. Mais el segue con nós; provocando viaxes, sacando sorrisos, deixando caer bágoas.

Para rematar temos unha actuación de luxo. Unhas compañeiras de 5ºA e B van montar un espectáculo no, que a música e a literatura, mestúranse para crear en nós sensacións que ao mellor descoñecemos.
A vindeira semana no blog, teremos reportaxe fotográfica do que foi esta semana.

Facede unha revolución!!! Non hai mellor acto de rebeldía que ler un libro. 

mércores, 24 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Contáronme con moito segredo que hoxe ven á nosa biblioteca unha conta contos que se chama Charo Pita, e que conta os contos SUPER, SUPER, XENIAL!!!

Hoxe a nosa biblioteca encherase de fermosas historias. Non sabemos cales, nin a onde nos levaran, pero xa temos ganas de escoitalas.



Resultado de imaxes para charo pita


CHARO PITA


martes, 23 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Sabedes que están facendo?
Pois vendo unha película basada nun libro que xa leron. 
A invención de Hugo Cabret de Brian Selznick.





Hoxe o Club Lector "Tusitalas" de 6º teñen unha sorpresa para vós.

Que será?

luns, 22 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Imaxe relacionada
(Imaxe do xornal La Vanguardia, 2015)

Hoxe é 23 de abril, Día do Libro, aínda que para nós todos os días son o día do libro. E, xa que nos fan gozar tanto, ben merecen que lles fagamos unha festa especial.

Esta semana, teremos cada día unha actividade na biblioteca e esperamos que todas sexan do voso agrado.
Será no blog onde iremos informando, mais sen dar moitas pistas.

Empezamos!!!

MARTES 23 DE ABRIL.

Hoxe, teremos a honra de recibir na nosa biblioteca a ...

Resultado de imaxes para emma pedreira


Ela é poeta, narradora, fai fermosos collages... Pero do que máis sabe Emma é de libros.
O único que sabemos é que ven acompañada dunha maleta. Que traera nela?

Se premedes no seu nome, poderedes coñecer parte da súa biografía.

martes, 9 de abril de 2019

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA








Iria Gómez é unha deportista natural de Pobra do Caramiñal nacida o 7 de xullo de 1991. Actualmente milita no equipo Racing Chapela e regresou do Campionato de España de natación para persoas con discapacidade física de 2016 con dúas medallas: unha de prata en 200 metros costas e unha de bronce en 100 metros na mesma disciplina. 

Comezou a adestrar co Club de Natación de Ribeira e co Racing Chapela comezou a participar en campionatos, acudindo por primeira vez ao campionato galego para persoas con discapacidade. En 2012, regresou á súa localidade natal con tres medallas de ouro. Conseguiu os 50 metros costas, 50 crol e entrou de primeira na substitución de 4x50 libres co Club Racing Chapela co que competiu. Tamén paticipou na competición Special Olimpics na que logrou varios ouros. 

A nadadora galega acumula xa máis dunha ducia de medallas nos campionatos de natación para persoas con discapacidade e conságrase como un exemplo de dedicación e paixón polo deporte. 

luns, 8 de abril de 2019

RECOMENDAMOS


Hoxe traemos ao noso blog unha ilustradora. Coas palabras podemos contar fermosas historias, mais tamén as ilustracións, por si soas poden contar moitas historias. Ides coñecer a unha ilustradora que nos gusta moito...

A fantástica obra da ilustradora sueca Josefine Svärd reflicte a belleza da natureza.
Debuxa a man o ceo, as árbores, as montañas e o animais salvaxes compostos por miles de diminutos puntos.
(As imaxes son da páxina web Cultura inquieta)
Pasen e vean:

Ilustraciones Svard 01




Ilustraciones Svard 02

Cada debuxo está realizado punto a punto con tinta negra, un proceso para o que é precisa moita paciencia. Svärd, a ilustradora, non ten problema en falar abertamente sobre os seus problemas coa ansiedade e como ser creativa lle axuda a controlala.



Ilustraciones Svard 03

Xa ten máis de 70.000 seguidores en Instagram.

 "Estoy atónita. Trato de entender cómo está sucediendo esto, pero no se me ocurre nada", escribe. "Esto es algo que hice porque me encantaba crear y aliviaba mi ansiedad ... No puedo creer que tenga tanta repercusión. Estoy muy agradecida por el increíble apoyo que recibo de ustedes todos los días".

Ilustraciones Svard 04



Ilustraciones Svard 05


Si es seareira ou seareiro de " O señor dos aneis", recoñeceras as interpretacións monocromáticas de Rivendell, A Comarca, Os Argonautas e as Dúas Torres


Ilustraciones Svard 17
Ilustraciones Svard 18
Ilustraciones Svard 19
Ilustraciones Svard 20

Y los aficionados a Harry Potter apreciarán las dedicadas ilustraciones del Hogwarts Express y las casas de magos: Hufflepuff, Slytherin, Ravenclaw y Gryffindor.

Ilustraciones Svard 21
Ilustraciones Svard 22
Ilustraciones Svard 23



Ilustraciones Svard 06
Ilustraciones Svard 07
Ilustraciones Svard 08
Ilustraciones Svard 09
Ilustraciones Svard 10
Ilustraciones Svard 11
Ilustraciones Svard 12
Ilustraciones Svard 13
Ilustraciones Svard 14
Ilustraciones Svard 15
Ilustraciones Svard 16