NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 18 de xuño de 2019

OBRADOIRO DE BOOKTRAILER


Resultado de imaxes para logo bibliotecas escolares de galicia

Canto aprendimos e que ben o pasamos con María Lobo no Obradoiro de Booktrailer!!!

A biblioteca do noso colexio foi seleccionada, con outros dez colexios de Galicia, pola Consellería de Educación en colaboración con Bibliotecas Escolares para participar no Programa Voluntariado de Lectura A. 

Cada grupo escollemos un libro que xa léramos, para facer o Booktrailer. Foi María Lobo a que nos aprendeu a facelo. 
Agora esperamos, que no vindeiro curso, este obradoiro dea os seus froitos e podamos facer fermosos booktrailes dos nosos libros favoritos.
Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe do traballo desta marabillosa maña. Esperamos editalos en setembro para empezar o novo curso.

Moitas grazas María!!!


Todxs xuntxs con María Lobo!!!



ATÉ SEMPRE!!!

Empezades unha nova andaina da que tivemos a sorte de formar parte. As vosas risas, palabras, xestos, ideas, opinións... fixeron que medrásemos xuntos. Por todo isto, moitas grazas.

Agora, só nos queda desexarvos moita sorte; e non esquezades que só a través do coñecemento seredes persoas con opinión propia e tamén  quen de respectarvos na diferencia.


Resultado de imaxes para libro lanzando un beso


APERTA GRANDE!!!


SAÍDA TUSITALAS

Moitas grazas a cada unha e cada un dos Tusitalas que este curso, cada martes e cada venres, na nosa biblioteca; nese círculo máxico, compartíchedes ideas, palabras, emocións. 

Sen dúbida, grazas a estas lecturas, e moitas máis que viran, somos máis libres.

Aperta grande e agradecida!!!















mércores, 5 de xuño de 2019

ASÍ FOI A NOSA SEMANA DO LIBRO

XOVES

O xoves tivemos o pracer de escoitar contos coa autora e conta contos, Charo Pita. O pasamos xenial, grandes e pequenos; xa que os máis maiores do colexio tivéchedes a oportunidade de tomar nota, para aprender a contar moi ben un conto.

Velaí a reportaxe...



























MOITAS GRAZAS, CHARO. POR COMPATIR FERMOSOS CONTOS CON NÓS!!!