A LIBRARIA QUE TEN UN CUARTO DE BERROS PARA DESESTRESARSE
En Xapón existen as vasillas de berros, que segundo din, absorben
os berros das persoas tensas e convértenos en susurros. Pero na cidade do Cairo
chegaron máis lonxe.
Nunha libraria, chamada Bab Aldonia, hai un cuarto sinxelo e
anodino ao que chaman "Scream room" (o cuarto dos berros) ao que os
mozos e vellos exipcios van para berrar e quitar o estrés.
As sesións nese "cuarto dos berros" duran 10 minutos. E
os que entran alí atópanse cun espazo escuro cunha parede insonorizada, pero
tamén dispoñen nunha esquina do cuarto dun kit de tambores para os clientes
que queiran golpealos.
A idea xurdiu dun cliente que ía a miúdo á libraria a escoitar sesións
de música nese cuarto, ocorréuselle que tamén podería funcionar como cuarto
de berros. A dona di que ao principio lle pareceu unha idea tola e absurda pero
que, despois de buscar na internet, veu que era algo que se estaba facendo
noutros lugares, como o das vasillas "recolle berros" de Xapón. E
entón púxose ao choio para instalalo na súa libraría.
Ao final, a iniciativa tivo moito éxito e agora parece que van
menos clientes a comprar libros e máis para lanzar os seus berros para
desestresarse dos ruídos dunha gran cidade e dos seus problemas diarios.
Que vos parece a idea? e ... non pensades que ler un libro do que estamos disfrutando tamén pode quitar o estrés?
Ningún comentario:
Publicar un comentario