NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

venres, 19 de decembro de 2014

BO NADAL!

Desde a Biblioteca do CEIP. Raquel Camacho, queremos desexarvos unha felices festas a todas as familias. Esperamos que nestas vacacións os vosos fillos e fillas viaxen, rían, choren, sorpréndanse, e todo isto o fagan a través dos libros. Bo Nadal e libros, moitos libros.
O equipo da Biblioteca.

martes, 16 de decembro de 2014

SEMANA DE CONTOS ANIMADOS.

Xa que estamos a piques de empezar as vacacións de Nadal, esta semana teremos todos os días un conto animado.
           Algún deles poderedes atopalo na nosa biblioteca.

           Hoxe "Por 4 esquinitas de nada"







domingo, 14 de decembro de 2014

CONTOS DO LUNS.

Hoxe na nosa sección de contos do luns imos facer unha excepción, xa que dun conto podería tratarse.
A  película  "Viaxe á Lúa", do ano 1902, é do director Georges Méliès, ilusionista e cineasta francés. Está considerada,  como o primeiro filme de ciencia ficción da historia do cine. A imaxe da cara da Lúa recibiendo o impacto dun foguete espacial disparado por unha bala de canón, é un dos planos mais coñecidos da historia do cine.

Grazas ao esforzo de cineastas como Méliés, hoxe podemos ver películas con efectos especiais sorprendentes, mais no ano 1902 esta película supuxo un gran avance dentro do mundo cinematográfico.

Espero que vos guste!



xoves, 11 de decembro de 2014

A NOSA RECOMENDACIÓN DOS VENRES.

E xa que estamos chegando ao Nadal, e que na clase de inglés estamos vendo a película Oliver Twist, que mellor que adicar este venres a nosa sección de recomendacións literarias ao escritor Charles Dickens e o seu libro "Canto de Nadal".
Aquí tedes algúns datos biográficos deste autor.
O 7 de febreiro de 1812 nacía Charles Dickens. A súa nenez estivo marcada polo encarceramento do seu pai e polo traballo nunha fábrica. Tras desempeñar varios oficios, conseguiu un posto como xornalista no Parlamento e, posteriormente no The Mirror of Parliament e The Morning Chronicle. Os seus primeiros relatos breves, que datan de 1833, asinounos co seudónimo de Boz na publicación The Monthly Magazine. Tivo moito éxito como escritor polo seu estilo humorístico, irónico e tendente á crítica social, pero cultivou outras facetas: editor de semanarios, autor de libros de viaxes, simpatizante de colectivos sociais, poñente en seminarios sobre propiedade intelectual e abolición da escravitude. Faleceu en Inglaterra en 1870. O creador de personaxes tan emblemáticos na historia da literatura, como Oliver Twist ou David Copperfield, escribiu “Canto de Nadal” en 1843. KALANDRAKA publicou esta obra -en galego, castelán e portugués- coas marabillosas ilustracións do artista plástico italiano Roberto Innocenti.
Esta é a portada e unha das fermosas ilustracións.

mércores, 10 de decembro de 2014

PARABÉNS DAMIÁN!

A nosa felicitación a Damián Dominguez Vázquez, da clase de 6ºA, por gañar o primeiro premio do concurso de postais navideñas do Concellaría de Educación.
O título da súa postal é: "A mañá dos Reis Magos", e convertirase na felicitación de Nadal do Concello de A Coruña.

Parabéns Damián!!!














luns, 8 de decembro de 2014

xoves, 4 de decembro de 2014

A NOSA RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.

Este venres, a nosa recomendación literaria é moi especial, xa que forma parte da xuventude dos que agora xa non somos tan novos.
"A Illa do Tesouro" de Robert Louis Stevenson.Este famoso escritor naceu en Edimburgo (Escocia). Xa de pequeno a súa afición favorita era a de rimar e inventar historias.
Os derradeiros anos da súa vida viviu nas Illas do Pacífico, onde os aboríxenes o bautizaron co nome de "Tusitala", que significa "O que conta historias".
Aquí vos deixo un pequeno resumo do libro, esperando provocar en vos a curiosidade pola súa lectura:
Jim Hawkins, fillo adolescente do dono da pousada Almirante Benbow, fronte á solitaria baía do Outeiro Negro, vai experimentar un cambio radical na súa rutineira existencia cando un vello e estraño mariño que se hospeda na pousada lle confesa, a piques do delirium tremens provocado polo ron, que formou parte da tripulación do mítico capitán pirata Flint, e que esconde no seu baúl algo que cobizan os seus antigos camaradas. Morto o vello bucaneiro, Jim descobre o misterioso mapa dunha illa entre as súas pertenzas...

martes, 2 de decembro de 2014

SABES CAL É ...

... a biblioteca mais orixinal do mundo?
Se algunha vez te encontras camiñando pola 10th Street de Kansas City, en Missouri, e aparece ante os teus ollos un estante de libros xigantes, non te asustes. Non, non hai ningún Goliat afeccionado á lectura nos arredores, trátase en realidade da orixinal fachada do Kansas City Public Library, talvez a máis orixinal de todas as bibliotecas do mundo