Moitas grazas pola vosa xenerosidade. Por contarnos contos, representar obras, aprender a xogar ao xadrez, compartir lecturas, recomendar libros, debater, soñar... por todo o que dades coa vosa presenza na biblioteca.
Grazas moi especiais ao Personal da Biblioteca. Sen o voso traballo e compañerismo non sería posible compartir tanto.
Marchades, si. Mais só marchades deste edificio que foi o voso colexio durante nove anos, ou menos nalgúns casos; xa que no noso corazón sempre quedaran as vosas risas, as olladas cómplices, os momentos de preocupación, a ilusión, as vosas caras atentas a ese libro que vos ten engachad@s, a esa película que en principio non vos apetecía pero que logo resultou interesante... todo isto e moito máis queda con nós.
O futuro, como todos os futuros, terá luces e sombras; loitade polas luces, xa que non tedes que dubidar, nin un intre, que sodes luminos@s e que conseguiredes o que vos propoñades con esforzo e ilusión.
MOITA SORTE NESTA NOVA ANDAINA!!!
NON ESQUEZADES QUE O AMOR É O ÚNICO CAMIÑO E QUE O RESPECTO Á DIFERENZA É O DERRADEIRO CAMIÑO CARA A IGUALDADE.
Este venres tivemos a sorte de recibir a visita de Fina Casalderrey. Veu na compaña da memoria da súa prezada María Victoria Moreno e canto aprendimos. Coñecímos a unha María Victoria nena, adolescente, adulta.. a unha persoa xenerosa, mestra entusiasta e inventora de soños que levaba aos seus libros para que tod@s poidamos compartilos con ela.
Moi agradecid@s a Fina Casalderrey por encher de fermosas palabras a nosa biblioteca.