NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 20 de decembro de 2017

BO NADAL DESDE A BIBLIOTECA






Desde este lugar común que é o blog da biblioteca queremos desexarvos un Bo Nadal e un 2018 cheo de boas palabras. Palabras amables, xeitosas, fermosas; palabras que falen de paz, amistade, solidaridade, liberdade; palabras de papel, na nosa boca, nos muros da cidade; palabras que expliquen que o único refuxio sexa o respecto entre todos e todas.
               

UNHA CANCIÓN  PARA TOD@S


UNHA DEBUXANTE DE PREMIO NO NOSO COLEXIO

A nosa compañeira Nerea Busto Pan de 6ºA, ven de gañar o Concurso de Top Model de Debuxo.

Noraboa Nerea!!! Estamos moi orgullos@s de ti!!!


martes, 19 de decembro de 2017

luns, 18 de decembro de 2017

ESPECIAL CINE DE NADAL NO RAKONTO

Hoxe e mañá imos ver algunha escena de películas de Nadal. 
Un chocolate en Nadal. Mmmmmmmmm


THE POLAR EXPRESS


xoves, 14 de decembro de 2017

E TI, QUE PINTAS? DESPEDIDA

Ola a tod@s:

Este xoves despedímonos do Proxecto da Biblioteca "E ti, que pintas? África.
Foi un curso moi interesante no que aprendimos tod@s moitas cousas que non sabíamos deste fermoso e interesante continente, no que naceron algúns d@s nos@s compañeir@s.
Aínda queda moito por aprender, pero... quen sabe... ao mellor... algún día... calquera de vós decide coller a mochila e viaxar a África.
Estou seguro que xa sodes moito máis sabios, que aprendíchedes o importante que é respetar a cultura de outras persoas por moi diferente que sexa da nosa. Non deixedes nunca de ter curiosidade por coñecer.

Que mellor despedida que lembrando o que case se converteu no noso himno ... e tamén o Día da Paz, do curso pasado, xa que o noso querido continente africano leva anos na búsqueda da Paz e a Xustiza.

Bicos gnómicos. Sempre co nariz.
Herculino.



martes, 12 de decembro de 2017

HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA

Sabedes que en China, na cidade de Harbin, celébrase anualmente o festival máis grande de esculturas de neve, iniciado no ano 1963.
O que empezou como unha exhibición de lanternas de xeo, rematou atraendo a artistas de todo o mundo especializados en traballar co material que menos dura.

Aquí tedes un vídeo. Alucinante o que fan est@s escultor@s!!!


luns, 11 de decembro de 2017

RECOMENDAMOS


Ola a tod@s:

Este martes no recomendamos, e xa que estamos preto do Nadal, que mellor que un libro que eu leo sempre nestas datas, ano tras ano. "Conto de Nadal", do escritor ingles Charles Dickens.
Non vaiades  a pensar que é un deses libros "ñoños" típico do Nadal. NON, NON.

Velaí vai un pequeno resumo do argumento...

Os tres fantasmas do Nadal, Pasado, Presente e Futuro revelaranlle o avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida.

Emocionante, non si? É un dosssssss meus preferidos nestas datas.
Xa me contaredes se vos gustou.

PD: Se premedes no nome do escritor, encontraredes información sobre a súa vida

Bicos gnómicos. Sempre co nariz.
Herculino.



sábado, 9 de decembro de 2017

CONTOS CURTOS

Poida que o máis fermoso do Nadal é que nos lembra que fomos nenos e que podemos volver selo.

LILY E O SEU BONECO DE NEVE


domingo, 3 de decembro de 2017

CONTOS CURTOS

O VENDEDOR DE FUME

EN OCASIÓNS, É BO DESCONFIAR? E, SE DECIMOS DE ALGUEN QUE É UN VENDEDOR DE FUME... QUE ESTAMOS A DICIR?