NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 19 de decembro de 2024

FELICES FESTAS

Desde a biblioteca, queremos desexarvos unhas Felices e literarias festas. Esperamos que entre todos os agasallos haxa moitos libros, para que á volta poidamos compartilos.


Boas festas!




mércores, 18 de decembro de 2024

UN CONTA CONTOS NA BIBLIOTECA

Awa, Alexia, Maimouna, Meriem, Manha, Raquel e Vanessa, compañeiras de 6ºB, representaron o conto, Un monstro de cores, para os compañeiros e compañeiras de 5º de EI.


Moitas grazas a todas, o pasamos moi ben!









martes, 17 de decembro de 2024

ESTIVO NA NOSA BIBLIOTECA,,,

A escritora, poeta, tradutora, ensaísta, cantante e comunicadora sobre a ciencia, todos eles intereses que se unen como constelacións, estivo na nosa biblioteca coa rapazada de Educación Infantil para falarlles do Sistema Solar. Tamén compatiron o alumnado do primeiro ciclo a lectura atenta do seu marabilloso libro, Canto Cosmos.
Pero esta é só a primera actividade que Estíbaliz Espinosa fará con nós, xa que ao longo do curso irá acompañándonos no proxecto da biblioteca, Somos todo un universo.

Moitas grazas, Estíbaliz! Desexando que volvas!





 

domingo, 15 de decembro de 2024

UNHA CURTAMETRAXE DE NADAL.

 Xa sabedes, que entre os moitos dereitos que temos, un dos máis importantes é...

 O DEREITO A SOÑAR!




martes, 10 de decembro de 2024

FRASES DO PRINCIPIÑO PARA REFLEXIONAR

 Que pensades que quere dicirnos o Principiño con esta frase:


Camiñando en liña recta non pode un chegar moi lonxe.




luns, 9 de decembro de 2024

sábado, 7 de decembro de 2024

CURTA ANIMADA

Primavera, é a historia dunha pastora e o seu can, que se enfrontan a espiritos dos seus devaneios para poder continuar o ciclo da vida.
Inspirado na infancia de Andy Goralczyk, o autor, nas montañas de Alemaña.




 

martes, 3 de decembro de 2024

FRASES DO PRINCIPIÑO PARA REFLEXIONAR

Aqui vos deixamos a primeira das frases do conto, O principiño, para que pensedes no que nos quere dicir:


Só se ve ben co corazón: o esencial é invisible aos ollos





domingo, 1 de decembro de 2024

CURTA: SOMOS UN EQUIPO

Non deixedes de ver esta curta sobre a importancia do traballo en equipo, e compartídeo coas vosas familias, amigos e amigas. Sen dúbida, xuntos e xuntas, podemos remontar calquera atranco.