NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 30 de maio de 2018

PARABÉNS!!!

PREMIO Á MELLOR DIRECCIÓN NO V FESTIVAL DE CURTAS ÓPERA PRIMA 2018 PARA O NOSO COLEXIO

O premio á mellor dirección nas curtametraxes foi para @s nos@s alumn@s de 5º e 6º.

MOITOS PARABÉNS!!!


CURIOSEANDO

O ORGANISMO MÁIS GRANDE DO MUNDO É UN FUNGO


Non, non é un animal nin unha planta. Tampouco é un microorganismo, por suposto. É un enorme fungo cuxo tamaño se equipara a un milleiro e medio de campos de fútbol xuntos.
Cando tratamos de imaxinarnos ao organismo máis grande do planeta, quizá pensemos nunha balea azul; eses colosos do mar miden ata 30 metros de longo, e poden chegar a pesar 180 toneladas, o que significa que son, probablemente, máis grandes mesmo que os dinosaurios. Pero resulta que o posuidor do record mundial do organismo máis vivo, é algo menos impresionante para a vista. Quen o diría? A fin e ao cabo, cando ves un fungo, non parece tan grande...
O organismo vivente máis grande do mundo é un fungo, Armillaria Ostoyae , que se atopa no Bosque Nacional de Malheur, en Oregon, Estado Unidos.
Este organismo, coñecido como fungo ou cogomelo de mel, empezou dunha soa espora, demasiado pequena para ser vista sen un microscopio, ata chegar a estenderse 880 hectáreas, ou preto de 1665 campos de fútbol.



Neste enlace tedes máis información:


martes, 29 de maio de 2018

PALABRAS QUE NOS ACHEGAN


SOLIDARIEDADE





A "Solidariedade" e a axuda ou apoio que se lle presta a quen o necesita.

E TI, ES SOLIDARI@'

domingo, 27 de maio de 2018

CONTOS CURTOS

Ás veces, como Lili, non queremos deixar a infancia, xa que nela atopamos unha liberdade e unha protección na que nos sentimos ben. Pero chega o momento de elexir, de dar o paso...

LILI




mércores, 23 de maio de 2018

CURIOSEANDO

Queres coñecer como se moven os insectos? O animador Stephen Cunnane analiza este movemento coa súa fascinante animación sobre a marcha dos animais.



martes, 22 de maio de 2018

PALABRAS QUE NOS ACHEGAN

EMPATÍA: a empatía fai que as persoas se axuden entre si. Está estreitamente relacionada co altruismo, o amor e a preocupación polos demais. É a capacidade de axudar.

Pensas que eres empático/ca?


domingo, 20 de maio de 2018

xoves, 17 de maio de 2018

luns, 14 de maio de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. RECOMENDAMOS

Como non podía ser doutro xeito, o Recomendamos desta semana esta dedicado ás obras de  María Victoria Moreno.


















LETRAS GALEGAS 2018
MARÍA VICTORIA MORENO.






domingo, 13 de maio de 2018

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. MARÍA VICTORIA MORENO

Neste vídeo poderedes ver o marabilloso Telexornal sobre María Victoria Moreno, que fixeron as alumnas do CPI de Dices.
Moi interesante para coñecer mellor a autora das nosas letras.








mércores, 9 de maio de 2018

CARA AS NOSAS LETRAS. MARÍA VICTORIA MORENO

... continuamos na súa casa, María Victoria Moreno pide que asomemos ao balcón e di: "Esa que está aí fóra, diante do edificio de Sanidade, é a Teresita que a tantos sitios me acompaña. Púxolle o nome Begoña, a miña filla" Fala da adopción de Carlos e Begoña, de viaxes na súa Teresita... Onde, en principio, só viades un pequeno Daewoo Lanos vermello, de dúas portas, acabades contemplando un vehículo singular, con nome propio: a Teresita!

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito. Fina Casalderrey/Marilar Aleixandre.



mércores, 2 de maio de 2018

PARA PENSAR



Mirade ben este cartaz, lede toda a información detidamente e logo pensade, reflexionade...





COÑECENDO A MARÍA VICTORIA MORENO




A María Victoria Moreno non lle prestaba escribir directamente no ordenador. Primeiro baleiraba o que sentía en follas soltas, usadas, aproveitando a parte de atrás. non a asustaba enfrontarse a un folio en branco...ou reciclado, e comezar a enchelo a bolígrafo, case compulsivamente, coa idea que quería traducira palabras. Con todo parecíalle que nun folio de estrea, debería preocuparse por facer mellor letra e non podería concentrarse nas ideas que quería expresar. E só despois de verter todas esas ideas comezaba a clasificar as follas e a pasalas ao ordenador como o primeiro borrador dunha historia.
María Victoria durmía pouco e soñaba moito. Levantábase moi cedo para escribir, como di en Elexías de luz:

Gústame o cheiro a pan
dos amenceres,
e as andoriñas tolas,
e as luces febles...

Gústame a vida
cando xermola en gozo
ó abrir o día.

Do libro "María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito" Fina Casalderrey/ Marilar Aleixandre"