NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 11 de decembro de 2025

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. ARXENTINA.

Hoxe imos coñecer un lugar máxico, A Patagonia. Situada no extremo sur de América do Sur, e compartida por Arxentina e Chile. Nela, podemos atopar paisaxes de montañas andinas, glaciares, estepas e costas atlánticas e pacíficas.

Os primeiros en explorar a Patagonia foron, Américo Vespucio no ano 1502 e Fernando Magallanes no ano 1520. Sobre a orixe do seu nome, a filóloga arxentina, María Rosa Lida de Malkiel, di que se acepta a possibilidade da lectura de Primaleón, novela de caballerías, que foi publicada en Salamanca no ano 1512, dando orixe ao nome deste pobo. Na novela se describe a heróica captura dun suposto xigante bárbaro denominado Patagón. A lectura desta novela levaría a Magallanes a utilizar o nome para os tehuelches, polo seu gran tamaño en relación cos dos distintos pobos europeos.

Mirade que fermosura!!!



ermosura!!!!

martes, 9 de decembro de 2025

CONTA CONTOS NA BIBLIOTECA POLO EQUIPO DE VOZ NATURA.

 Algunha das compañeiras de 6º A e B, que pertencen ao Equipo de Voz Natura, representaron un conto para o alumnado de Educacion Infantil titulado, O rato e a montaña.

Moitas grazas, compañeiras!!!






xoves, 4 de decembro de 2025

O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA. ANDANDO A TERRA. ARXENTINA

Hoxe, en Andando a terra, ides coñecer unha das marabillas do mundo, as Cataratas do Iguazú, na fronteira entre Arxentina e Brasil, na provincia de Misiones (Arxentina) e declaradas Patrimonio da Humanidade.

Mirade que impresiónantes son!!!




sábado, 29 de novembro de 2025

CURTA ANIMADA.

Aaron Blaise, o seu creador, estivo debuxando a man esta curta animada durante tres anos. A historia está ambientada no cambio climático profundo que estamos a vivir, e conta a historia dun oso polar que busca un amigo nunha situación implacable de desaparición da especie.


SNOW BEAR






xoves, 27 de novembro de 2025