NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

sábado, 13 de xuño de 2020

UNHA CARTA PARA VÓS!

Prezadas lectoras e lectores:

Grazas! Por compartir, por traballar, polas vosas risas, por facer da biblioteca o lugar máis fermoso do colexio. 
Algunhas e algúns de vós, marchades este curso, pero non deste lugar no que as vosas voces, a pegada das vosas mans nos libros, eses letreiros que duran pouco pero contan moito da nosa vida cotiá na biblioteca, xa forman parte de nós para sempre.
Grazas, ás voluntarias e voluntarios polo voso esforzo diario, polo compañerismo, a imaxinación, as aportacións. Sen vós non sería posible! 
Grazas ás familias, por estar sempre dispostas a participar das nosas aventuras con cariño e complicidade.
Tusitalas, grazas por ter o corazón da maxia, atopar tesouros en illas, medrar con Calpurnia, poñervos o pixama de raias para entender a inxustiza, navegar polo mar de Ardora, poñer patas arriba cal Escaquis a Romeu as nosas cabezas e por entender que Fóra do normal é un lugar para todas e todos.
Grazas, a todas as autoras e autores, por pechar o círculo da palabra escrita para nós imaxinar.

Grazas tamén, do Equipo da biblioteca, a todas as compañeiras mestras e mestres do colexio, polo voso apoio, por axudar a tecer esa rede feita de palabras.
Lémonos!


Con todo o noso cariño!


mércores, 3 de xuño de 2020

SOMOS LIMPOS?



Este venres 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente e, desde o noso blog queremos celebralo recomendando libros e colgando vídeos. 
Como ben dí na frase da imaxe, as boas intencións non son suficientes. Si cando imos á praia, temos a boa intención de non deixar o lixo tirado pola area e recollelo para logo tiralo no contenedor, mais non o facemos; a nosa  boa intención non serve de nada.
O planeta necesita que o axudemos, porque nós sin el non poderíamos vivir. Pensade canto gozades cun baño no mar, paseando polos bosques, xogando coa area, vendo as estrelas... a natureza ademais de darnos momentos alegres e divertidos, tamén nos alimenta, é vida, grazas a ela respiramos, medramos... por iso, temos que coidarnos xunt@s.

LEMON