Páxinas

Pages - Menu

xoves, 8 de decembro de 2016

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOTICIAS.

EN ISLANDIA TODO O MUNDO AGASALLA (E LE) LIBROS POR NADAL


Islandia é o país ao que todo “librópata” querería mudarse. Vale, as baixas temperaturas botan un pouco para atrás pero Islandia é realmente o paraíso dos libros.
É o país que encabeza practicamente todos os ránkings mundiais no que a libros e lecturas refírese e, de feito, un de cada 10 islandeses chegou a publicar un libro. Pero ademais de ser o paraíso dos libros durante o ano de forma xeral, é o paraíso dos libros de forma especial por Nadal. Esquecede o turrón: en Islandia a tradición é recibir ou agasallar un libro nestas datas (todo o mundo recibe polo menos un) e tamén sentar a lelo. O Nadal en Islandia é para ler (e ante isto só podemos dicir: viva!).
Nos meses previos ao Nadal prodúcese o que se coñece como jólabókaflóð, que en castelán poderíase traducir como “inundación de libros antes de Nadal”. É a época da avalancha de novidades. Non só lánzanse unha chea de libros, senón que ademais fanse todas as actividades asociadas ao lanzamento, así que a lista de lecturas, encontros, presentacións e actos similares é moi longa durante estes meses. Segundo algunhas estatísticas editoriais, durante estes meses véndense o 60-70% de todos os libros que se venden en Islandia durante o ano.
De feito, en novembro, os islandeses reciben nas súas casas o Bókatíðindi, un catálogo con todos os libros publicados no ano e que se distribúe por todas as casas. O catálogo é unha parte fundamental dos preparativos do Nadal para escoller os libros que se van a agasallar.
Pero o interesante (e o fascinante) non é só que se vendan moitos libros e que se regalen moitos libros, é son parte das tradicións do Nadal. Os islandeses intercambian libros en Noiteboa e tras recibilos, dedican a noite para ler. Habitualmente, intercambian os agasallos na noite do 24 e a xente pasa a noite lendo.
A explicación deste interese pola lectura e o peso que esta ten no Nadal é histórico. Máis aló de que Islandia fose un pobo lector desde moito antes do século XX está o feito de que durante a II Guerra Mundial o papel era un dos poucos elementos que non estaba controlado e por tanto unha das poucas cousas que se podían regalar. Imprimir libros era barato e convertéronse nun agasallo alcanzable.


Pois, xa sabedes!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario