Hoxe unha escena da famosa película de Tim Burton, A noiva cadaver
luns, 28 de outubro de 2019
XA LEVAMOS SEIS ANOS!!! CONCURSO DE RELATOS!!!
VI CONCURSO DE RELATO BREVE “DAME MEDO”
Poderan participar todos as alumnas e alumnos que o desexen.
Os relatos terán como extensión máxima un folio por unha cara.
O tema terá relación coa
festividade do Samaín.
O prazo límite de
presentación é o 4 de novembro de 2019.
Os relatos entregaranse na
biblioteca no horario do recreo.
A entrega de premios será na
festa do Magosto, e os relatos premiados
colgaranse no blog da Biblioteca.
QUEN DIXO MEDO!!!
domingo, 27 de outubro de 2019
CONTOS CURTOS
Sen dúbida, esta semana, nada máis acaido que unhas escenas da película " El jovencito Frankenstein".
xoves, 24 de outubro de 2019
mércores, 23 de outubro de 2019
martes, 22 de outubro de 2019
SON DE PALABRA
Hoxe imos coñecer outra figura literaria, a PERSONIFICACIÓN.
A personificación consiste en dar unha cualidade humana (rasgos, caracterísitcas, acenos...) a fenómenos maturais, animais ou a cousas.
Exemplos de personificación:
- O moucho sabio.
- As plantas do xardín están chorando.
- Os ventos enfurecidos.
Agora animádevos a crear unha personificación!!!
A personificación consiste en dar unha cualidade humana (rasgos, caracterísitcas, acenos...) a fenómenos maturais, animais ou a cousas.
Exemplos de personificación:
- O moucho sabio.
- As plantas do xardín están chorando.
- Os ventos enfurecidos.
Agora animádevos a crear unha personificación!!!
luns, 21 de outubro de 2019
RECOMENDAMOS
Que mellor que chegando as datas do Samaín, atoparnos con...
Escarlatina, a cociñeira defunta. A súa autora é Ledicia Costas.
domingo, 20 de outubro de 2019
xoves, 17 de outubro de 2019
mércores, 16 de outubro de 2019
martes, 15 de outubro de 2019
SON DE PALABRA
Sabedes que é unha metáfora?
Cando nomeamos un obxecto coa intención de referirnos a outro, co que comparte semellanzas estamos creando unha metáfora.
Aquí tedes algúns exemplos de metáforas:
Neste intre podo tocar o ceo coas mans.
Os teus cabelos son de ouro.
A T é o martelo do abecedario.
O avó é un pozo de sabedoría.
Os deberes de hoxe foron pan comido.
Todo pode ser obxecto de metáfora. Ollade ao voso arredor e animádevos a crear metáforas!!!
luns, 14 de outubro de 2019
RECOMENDAMOS
Hoxe vos recomendamos dous libros.
Un cómic. La patrulla Tucán.
Nuevo quere pertencer á patruia Tucán, pero primeiro ten que conseguir o fundamental. Que será?
O segundo é un libro da autora Marilar Alexandre.
O chápiro verde
Pódese vivir sen soñar? O malvado devorador de Soños non vai poder seguir facendo falcatruadas porque...
domingo, 13 de outubro de 2019
CONTOS CURTOS
Tolerantia,é o título desta curtametraxe realizada por Iván Ramadar no ano 2008. É a primeira curtametraxe feita en Bosnia e foi nominada pola European Film Academy en 2008.
Despois de ver esta curtametraxe, por que pensades que é tan importante ser tolerantes?
xoves, 10 de outubro de 2019
mércores, 9 de outubro de 2019
martes, 8 de outubro de 2019
luns, 7 de outubro de 2019
domingo, 6 de outubro de 2019
CONTOS CURTOS
CUERDAS
Esta curtametraxe foi dirixida e creada por Pedro Solis García e gañou un Goya no ano 2014.
xoves, 3 de outubro de 2019
mércores, 2 de outubro de 2019
PALABRAS PARA UNHA IMAXE
Desde a biblioteca vos propoñemos un xogo. Todos os xoves colgaremos unha imaxe, e vos lle poñedes unha palabra ou unha frase que vos inspire esa fotografía, pero sin pensalo moito, ao primeiro impulso.
A de hoxe é...
martes, 1 de outubro de 2019
SON DE PALABRA
Empezamos este curso un ilusionante proxecto e demostraremos que somos persoas de palabra en todos os sentidos.
O primeiro trimestre imos dedicalo ao haiku, un tipo de poema xapones moi interesante e que só consta de tres versos: o primeiro de cinco sílabas, o segundo de sete sílabas e o terceiro de cinco sílabas. É dicir, 5-7-5.
Aquí vos deixamos algún haiku para que os vaides coñecendo e reflexionando sobre o seu significado:
La mariposa
recordará por siempre
que fue gusano.
Mario Benedetti.
Sopla furioso,
mientras alborota y
me enreda el pelo.
Alice.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)