NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 27 de febreiro de 2018

VISITOUNOS MANUEL RIVAS



Este foi o chío que escribiu o propio protagonista, porque onte a nosa biblioteca tivo unha visita moi especial: a palabra, os soños, a literatura, os piratas... e todo na voz do escritor Manuel Rivas.
Como vos contamos, hai un fermoso verso dun poema de Rivas que di:

Somos o que  soñamos ser

E iso foi o que fixo o noso autor, entregarnos o seus soños, os libros ... recitarnos un poema...




...falar do importante que é a literatura nas nosas vidas. Que a palabra, a narración oral foi o primeiro que fixemos como humanos. Como de neno escoitaba aos seus pais, tío e tías, contar contos ao carón da lareira.
Contounos que estivo enfermo de pequeno e que pasou os días lendo libros: Robin Hood, a Illa do Tesouro... e que xa non quería saír do seu cuarto.

Despois de dúas horas de conversa, Manuel Rivas a través da palabra oral convenceunos de que podemos ser o que soñamos ser, non o esquezades.

Moitas grazas ao autor e moitas grazas @s alumn@s de 6º A e B polo seu saber estar, escoitar e participar; e tamén @s tit@res: Ángeles e Alberto.

Así foi:





























Ningún comentario:

Publicar un comentario