As bonecas son para nenas
mércores, 31 de xaneiro de 2018
martes, 30 de xaneiro de 2018
MULLERES QUE FAN HISTORIA
SOFÍA CASANOVA ( A Coruña,1862 - Poznan, Polonia 1958)
Sofía Casanova, pasaría á historia só pola súa produción literaria, pero chama máis a atención outro detalle da súa biografía: como xornalista foi correspondente de guerra. Cubriu as dúas guerras mundiais e a persecución de @s xude@s por parte dos nazis; ademáis da loita sufraxista no Reino Unido.
Foi membro da Real Academia Galega, entrevistou a Trotsky, as súas crónicas apareceron no ABC e no New York Times. En 1925 o seu nome barallouse entre os candidatos españois ao Premio Nobel de Literatura.
luns, 29 de xaneiro de 2018
RECOMENDAMOS
Na nosa biblioteca consideramos que non hai idade para ler contos, por iso vos recomendamos "Con tando son tres" de Justin Richardson e Peter Parnell da editorial Tras os montes.
Gustaríanos que lésedes este conto, e se alguén lle apetece, que pase pola biblioteca para gravar a súa opinión e colgala no blog.
ESPERÁMOSVOS!!!
domingo, 28 de xaneiro de 2018
xoves, 25 de xaneiro de 2018
mércores, 24 de xaneiro de 2018
martes, 23 de xaneiro de 2018
MULLERES QUE FAN HISTORIA
CONCEPCIÓN ARENAL
Concepción Arenal nada en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 é unha das pioneiras do feminismo español, nunca deixou que ser muller supuxese unha desvantaxe. Sempre quiso ser avogada e disfrazouse de home para poder asistir como oínte á Facultade de Dereito, e para participar en faladoiros literarios e políticos. Foi a primeira muller premiada pola Academia de Ciencias Morais e Políticas (presentouse con nome de home) e a primeira muller que recibiu o título de visitadora de cárceres de mulleres. Nos seus escritos, non se cansou de defender o acceso da muller a todos os niveis educativos. A súa cita máis famosa segue de actualidade:" abride escolas e pecharanse cárceres".
(se facedes click no nome, atoparedes máis información sobre Concepción Arenal)
(se facedes click no nome, atoparedes máis información sobre Concepción Arenal)
CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ
Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.
Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.
E ESTA É A VERSIÓN EN PICTOGRAMAS:
luns, 22 de xaneiro de 2018
RECOMENDAMOS
Hoxe no Recomendamos temos unha entrada especial, a visita da escritora María Reimóndez a nosa biblioteca.
Falounos das súas viaxes a un país ao que ela quere especialmente, Ethiopia, e como xurdiu a idea de escribir "Corredora".
Fixemos con ela un xogo de palabras e imaxes; coñecimos a moitas atletas como Genet, a protagonista do seu libro e gozamos con algunha das historias que nos contou.
Moitas grazas María!!!
domingo, 21 de xaneiro de 2018
xoves, 18 de xaneiro de 2018
mércores, 17 de xaneiro de 2018
martes, 16 de xaneiro de 2018
MULLERES QUE FAN HISTORIA
MARÍA PITA
María Pita ten unha merecida estatua na praza que leva o seu nome na Coruña. Cando no ano 1589 as tropas inglesas asaltaron a cidade e o alférez inglés que os dirixía matou ao home de María Pita, esta arrebatoulle a lanza e matouno (era o irmán de Sir Francis Drake).
Di alenda que ao berro de "quen teña honra, que me siga" logrou desmoralizar á tropa inglesa e darlle a volta a unha batalla que parecía perdida.
luns, 15 de xaneiro de 2018
RECOMENDAMOS
Hoxe no Recomendamos vos deixamos un conto en pdf que fala sobre a igualdade de xénero: "La cenicienta que no quería comer perdices".
Só tedes que premer nesta ligazón.
Non queremos comer perdices!!!
http://www.mujeresenred.net/IMG/pdf/lacenicientaquenoqueriacomerperdices.pdf
domingo, 14 de xaneiro de 2018
xoves, 11 de xaneiro de 2018
mércores, 10 de xaneiro de 2018
martes, 9 de xaneiro de 2018
MULLERES QUE FAN HISTORIA
ISABEL BARRETO (PONTEVEDRA (1587-1612)
A primeira muller que ostentou o cargo de Almirante na navegación española (e a primeira almiranta coñecida do mundo) naceu en Pontevedra. Era de familia nobre, o que lle permitiu estudar (sabía ler e entendía latín), viaxar e facer moitas cousas que entón non podían facer as mulleres.En 1595, acompañaba ao seu marido, almirante, nunha expedición de catro navíos que ía cara ás Illas Salomón: el morreu, pero antes de morrer nomeu á súa muller gobernadora en terra e ao seu cuñado, Lorenzo Barreto, irmán de Isabel, almirante. Cando Lorenzo tamén faleceu, ela tomou o mando. Sofocou motíns e disidencias con man dura e reconduciu a expedición cara a Filipinas con éxito.
CONTOS CURTOS QUE DIN MOITO.
"O MALTRATO SUTIL"
QUE OPINADES SOBRE A HISTORIA QUE ACABADES DE ESCOITAR?
domingo, 7 de xaneiro de 2018
BENVIDXS.
Empezamos un novo ano e con el un novo proxecto no que aprenderemos todxs xuntxs.
Aquí tedes a primeira pista: Por que hai unha "X" nas palabras "todxs" e xuntxs"?
A segunda pista é esta:
Xa sabedes de que trata o noso proxecto?
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)