Este grupo galego acaba de recibir o Premio Martín Codax. Son Ánxela (guitarra e voz) e Violeta (bateria e voz). A súa música, aínda que se asemella aos grupos de rock dos 90, a verdade que tamén ten unha mestura inclasificable.
Unha muller ansiosa de coñecemento, con espírito viaxeiro; ousada, mística e ascética, asi foi a monxa Exeria. Ela era unha muller de Gallaecia que viviu no século IV e que escribiu un dos primeiros libros de viaxes coñecidos da historia, Itinerarium Egeriare.
O libro recoñécese como un dos primeiros relatos sobre unha viaxe feito en primeira persoa; describindo o traxecto e os lugares que visita.
Foi unha muller afouta, con ansias de superación naqueles tempos tan difíciles para unha muller, capaz de emprender unha viaxe longa e dura e deixarnos un legado literario dos máis importante do Occidente.
Hai moitas formas de expresarse coas palabras, moitas ideas que poden xurdir; pero cando se mesturan a imaxe e a palabra temos un resultado tan fermoso como este.
As obras son de Uxía, Noa e Elena.
Moitos parabéns por este fermoso traballo e moi agradecidxs por compartilo con nós!!!
Unha curtametraxe dirixida por Andrew Goldsmith e Bradley Slabe, que imaxina de xeito convincente a vida interior dos protagonistas e nos fai pensar sobre a fraxil natureza do ganchillo e polo tanto do fráxiles que podemos ser nós.
Hoxe traemos ao noso blog o grupo EJAZZ. Coa voz como único instrumento, as vocalistas galegas, Ejazz, levan percorridos os mellores clubes de jazz e festivais de Galiza.
O grupo está formado por a mestra e cantante Carmen Rey, como arreglista e directora musical; e completan o cuarteto: Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro.
Aquí as tedes cantando Mais que nada, fermosa e coñecida canción composta por Jorge Ben e que anos máis tarde faría famosa Sérgio Mendes e tamén o grupo The Black Eyed Peas.
Esta é unha gravación no pub de jazz máis mítico da nosa cidade, o Jazz Filloa.
ESCAQUIS E ROMEU. Antonio M. Fraga. Edicións Xerais.
CLUB LECTOR TUSITALAS (5º)
Na nosa biblioteca temos moitos momentos máxicos e un deles foi a visita que nos fixo o autor Antonio M.Fraga, que veu na compaña de Escaquis e Romeu. Edicións Xerais.
Compartiu cxs Tusitalas de 5º, non só a súa paixón pola escrita, tamén por estes personaxes e outros desta marabillosa novela que tantas boas horas de lectura nos fixo pasar.
Moitas grazas, Tone. Xa formas parte de nós para sempre.
E moitas grazas a vós, Tusitalas, que fixéchedes posible unha hora máxica!!!
Velaí a reportaxe. As fotos e ao final un pequeno vídeo.
Este curso, o equipo de Normalización Lingüística, fixo un traballo moi fermoso sobre o autor ao que están dedicadas as Letras Galegas 2019, O historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo, Antonio Fraguas.
Que mellor forma de coñecer a súa vida que a través destes carteis, que iremos colgando ao longo desta semana.
Desde o equipo da biblioteca, queremos dar os nosos parabéns a tod@s por este interesante e fermoso traballo!!!
Hoxe imos coñecer a Antonia Ferrín Moreiras. Nada en Ourense, foi a primeira astrónoma galega e a primiera muller que leu unha tese doutoral en España sobre esta ciencia. Especializouse en estrelas dobres. Coa súa vida abriu camiño, a pesar de padecer discriminación por ser muller. Así é que hoxe hai xa moitas mulleres que son astrónomas e procuran que entendemos ese mundo tan fermoso e descoñecido, aínda que grazas a elas, cada vez menos.
Aquí vos deixamos un vídeo para que saibades máis da súa vida.
Non podiamos rematar mellor a semana que facendo unha perfomance. Sandra, Noa Vázquez, Olga e Xiana, mesturáron a música e a palabra. Mais tamén tivemos con nós personaxes, mulleres que fixeron historia e que formaron parte importante do avanca das mulleres na nosa sociedade.
Aquí tedes o video da representación.
Moitas grazas a Sandra (contrabaixo), Raquel (vilonchelo), Olga (guitarra e bandurria); Xiana (a nosa gran narradora). Así como á marabillosa caracterización que fixeron: Sabela (Merrit Moore, unha física cuántica con zapatillas de ballet); Olga (María Moliner e o seu importante dicionario); Yaiza (Pepa a Loba, esa gran bandoleira galega); Noa Brea (Pilar Minguillón, a pintora) e Digna (Ella Fitzgerald, a gran cantante de jazz).
Nas vindeiras semanas vos iremos contando algo máis destas importantes mulleres.