NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 28 de febreiro de 2019

CANTO CONTO TEMOS!!!

Xa empezamos a facer o que  máis nos gusta, contar contos. Este trimestre tivemos todos estes...


PESADILLA ANTES DE NAVIDAD







O MONSTRO DE CORES


Resultado de imaxes para O MONSTRO DE CORES











HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?


Resultado de imaxes para hay algo mas aburrido que ser una princesa rosa












E POR ÚLTIMO, O CONTO QUE XA NOS LEVA CARA O ENTROIDO

Resultado de imaxes para É TEMPO DE ENTROIDO







MOITÍSIMAS GRAZAS A TODAS E TODOS OS QUE FIXÉCHEDES POSIBLE A MAXÍA DE CONTARNOS HISTORIAS. POLO VOSO TRABALLO E POLA VOSA ILUSIÓN!!!



VENRES DE VIÑETA



FELIZ ENTROIDO A TODXS!!!




Resultado de imaxes para viñetas soBRE O ENTROIDO

luns, 25 de febreiro de 2019

RECOMENDAMOS. PIONEIRAS


Esta semana tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca á editora e escritora Anaír Rodríguez Rodríguez, que veu a falarnos do seu libro "Pioneiras". Grazas a esta lectura, somos conscientes da importancia das mulleres que foron abrindo camiños para que hoxe nós sexamos máis libres.

Moitas grazas, Anaír. Foi unha mañá moi interesante.

Tamén grazas a Emma e Andrés de 6º polo seu traballo xornalístico.






























mércores, 20 de febreiro de 2019

luns, 18 de febreiro de 2019

RECOMENDAMOS. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



Resultado de imaxes para cartel rosalia de castro 2019


Rosalía de Castro é unha das nosas poetas máis queridas e coñecidas internacionalmente. Escolleuse o 17 de maio, Día das Letras Galegas co gallo de ser a data da publicación do seu libro Cantares Gallegos. 
A data do 24 de febreiro, coincide coa do seu nacemento e así o celebramos todos os anos en Galicia.

Esta ano a frase é : Libre o meu pensamento!

Que pensades que quere transmitirnos con esta frase?

Que precisades para que o voso pensamento sexa libre?

mércores, 13 de febreiro de 2019

ELAS SON MÚSICA


A cantante americana Joan Baez, canta o poema de Rosalía de Castro "Adeus ríos, adeus fontes", no teatro García Barbón de Vigo o 5 de marzo de 2010. 
Así de internacional é a nosa poeta!!!








martes, 12 de febreiro de 2019

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA


Resultado de imaxes para begoña vila astrofísica


Como non podía ser doutro xeito, hoxe temos que falar dunha muller científica... Begoña Vila, astrofísica nada en Vigo. Está especializada no estudo das galaxias espirales, é enxeñeira de sistemas da NASA.
A galega Begoña Vila, é a encargada de controlar que o telescopio espacial James Webb - sucesor do Hubble - teña a máxima precisión na toma de imaxes.
Gañou o prestixioso premio Wonenburguer no ano 2017.


Este é un vídeo sobre as galaxias espirales. 



Si que ve cousas fermosas esta científica!!!

ROSALÍA PEQUENIÑA #LIBREOMEUPENSAMENTO



ACHÉGASE UNHA DATA MOI SINALADA: O ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO. NACEU UN 24 DE FEBREIRO E NÓS QUEREMOS FESTEXALO. ATA ESA DATA IMOS REALIZAR ALGUNHAS ACTIVIDADES PARA LEMBRAR A VIDA E OBRA DA NOSA POETISA. POR ISO, PARA IR COÑECÉNDOA, AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA CANCIÓN  QUE FALA DE ROSALÍA PEQUENIÑA. CÁNTAA UXÍA. GOZADE DELA. E LEMBRADE: #LIBREOMEUPENSAMENTO.

luns, 11 de febreiro de 2019

RECOMENDAMOS. DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


I PREMIO XOGANDO CON ROSALÍA

ROSALÍA DE CASTRO




Resultado de imaxes para ROSALIA DE CASTRO


O 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalia de Castro. E, por iso, no noso Recomendamos vos propoñemos ir coñecendo algúns dos seus poemas. Velaí tedes uns versos...


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.


Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades,
e das entrañas me doio.

VOS PROPOÑEMOS UN XOGO!!!

Só tedes que pasar pola biblioteca a  partir do mércores 14, e deixar no buzón de Rosalía un folio coas respostas a estas preguntas. A compañeira ou compañeiro de EP; e no caso de EI, a aula; que mellor responda ás preguntas e que entregue, xunto con esa folla, un folio co poema completo escrito e un debuxo relacionado con el, acadara un premio que lle será entregado na biblioteca o venrés 22 de febreiro, Día de Rosalía.


- Sabedes onde están as Campanas de Bastabales?

- Que pensades que sentía Rosalía cando escribiu estes versos?

- Como vedes o poema non está completo. Agora tedes que completalo e facer un debuxo que teña relación con el.








domingo, 10 de febreiro de 2019

CONTOS CURTOS. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Hoxe 11 de febreiro é o Día internacional da muller e da nena na ciencia. Aquí vos deixamos este vídeo para que reflexionedes  sobre o papel das mulleres na ciencia e tamén vos propoñemos que pasedes pola biblioteca a coñecer a esas mulleres. 

Os libros, o saben case todo!!!

Resultado de imaxes para emoticon guiñando un ojo





martes, 5 de febreiro de 2019

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

ÁNGELA DE LA CRUZ

Resultado de imaxes para ángela de la cruz artista


Ángela de la Cruz, é unha artista galega, nada na Coruña. Concedéronlle o Premio Turner; este premio o concede a Tate de Londres á artista máis destacada menor de 50 anos; e o Premio Nacional das Artes Plásticas 2017. Vive en Londres e está considera unha das artistas máis importantes internacionalmente.




luns, 4 de febreiro de 2019

RECOMENDAMOS

Yaiza, a nosa compañeira de 5ºB, recomenda o libro "Pepa a loba". Non tedes máis que pasar pola biblioteca para ler esta interesante historia.






domingo, 3 de febreiro de 2019