NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 20 de decembro de 2017

BO NADAL DESDE A BIBLIOTECA






Desde este lugar común que é o blog da biblioteca queremos desexarvos un Bo Nadal e un 2018 cheo de boas palabras. Palabras amables, xeitosas, fermosas; palabras que falen de paz, amistade, solidaridade, liberdade; palabras de papel, na nosa boca, nos muros da cidade; palabras que expliquen que o único refuxio sexa o respecto entre todos e todas.
               

UNHA CANCIÓN  PARA TOD@S


UNHA DEBUXANTE DE PREMIO NO NOSO COLEXIO

A nosa compañeira Nerea Busto Pan de 6ºA, ven de gañar o Concurso de Top Model de Debuxo.

Noraboa Nerea!!! Estamos moi orgullos@s de ti!!!


martes, 19 de decembro de 2017

luns, 18 de decembro de 2017

ESPECIAL CINE DE NADAL NO RAKONTO

Hoxe e mañá imos ver algunha escena de películas de Nadal. 
Un chocolate en Nadal. Mmmmmmmmm


THE POLAR EXPRESS


xoves, 14 de decembro de 2017

E TI, QUE PINTAS? DESPEDIDA

Ola a tod@s:

Este xoves despedímonos do Proxecto da Biblioteca "E ti, que pintas? África.
Foi un curso moi interesante no que aprendimos tod@s moitas cousas que non sabíamos deste fermoso e interesante continente, no que naceron algúns d@s nos@s compañeir@s.
Aínda queda moito por aprender, pero... quen sabe... ao mellor... algún día... calquera de vós decide coller a mochila e viaxar a África.
Estou seguro que xa sodes moito máis sabios, que aprendíchedes o importante que é respetar a cultura de outras persoas por moi diferente que sexa da nosa. Non deixedes nunca de ter curiosidade por coñecer.

Que mellor despedida que lembrando o que case se converteu no noso himno ... e tamén o Día da Paz, do curso pasado, xa que o noso querido continente africano leva anos na búsqueda da Paz e a Xustiza.

Bicos gnómicos. Sempre co nariz.
Herculino.



martes, 12 de decembro de 2017

HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA

Sabedes que en China, na cidade de Harbin, celébrase anualmente o festival máis grande de esculturas de neve, iniciado no ano 1963.
O que empezou como unha exhibición de lanternas de xeo, rematou atraendo a artistas de todo o mundo especializados en traballar co material que menos dura.

Aquí tedes un vídeo. Alucinante o que fan est@s escultor@s!!!


luns, 11 de decembro de 2017

RECOMENDAMOS


Ola a tod@s:

Este martes no recomendamos, e xa que estamos preto do Nadal, que mellor que un libro que eu leo sempre nestas datas, ano tras ano. "Conto de Nadal", do escritor ingles Charles Dickens.
Non vaiades  a pensar que é un deses libros "ñoños" típico do Nadal. NON, NON.

Velaí vai un pequeno resumo do argumento...

Os tres fantasmas do Nadal, Pasado, Presente e Futuro revelaranlle o avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida.

Emocionante, non si? É un dosssssss meus preferidos nestas datas.
Xa me contaredes se vos gustou.

PD: Se premedes no nome do escritor, encontraredes información sobre a súa vida

Bicos gnómicos. Sempre co nariz.
Herculino.



sábado, 9 de decembro de 2017

CONTOS CURTOS

Poida que o máis fermoso do Nadal é que nos lembra que fomos nenos e que podemos volver selo.

LILY E O SEU BONECO DE NEVE


domingo, 3 de decembro de 2017

CONTOS CURTOS

O VENDEDOR DE FUME

EN OCASIÓNS, É BO DESCONFIAR? E, SE DECIMOS DE ALGUEN QUE É UN VENDEDOR DE FUME... QUE ESTAMOS A DICIR?


xoves, 30 de novembro de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS

Hoxe tivemos a sorte de que nos visitase na nosa biblioteca a escritora Eli Ríos autora, entre outros libros, de "Marta e a píntega". Contounos que xa de pequena sabía que quería dedicarse á escrita, para así poder escribir os contos que a ela lle gustaban. Quedou moi claro que lle gustan especialmente os personaxes femininos para contar as súas historias.
Aquí tedes a reportaxe fotográfica da súa visita.











MOITAS GRAZAS A ELI, A MARTA E A OLI!!!

mércores, 29 de novembro de 2017

martes, 28 de novembro de 2017

HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA

Afortunadamente, hai persoas que soñan con océanos limpos. Escoitade a este inventor, que soña con limpar o mar!!!



luns, 27 de novembro de 2017

RECOMENDAMOS

Hoxe no Recomendamos, ¡Nadie es un Zombi!

Resultado de imaxes para nadie es un zombie



Waldemar Izczyszyn chegou ao noso país procedente de Europa do Leste. Moi pronto os seus novos compañeiros de clase daranse conta de que non é como eles: non ten dentes nin sangue; cando non perde un brazo, perde a risa...
Se ata parece que non ten nome, pois na súa casa chámanlle Ninguén.
Que ocultarán este estraño mozo e a súa peculiar familia?

xoves, 23 de novembro de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Resultado de imaxes para dÍA INTERNACIONAL CONTRA A VILOENCIA DE XÉNERO EN GALEGO


CHEA DE VIDA




"Non hai barreira, fechadura nin ferrollo que poidas impoñer á liberdade da miña mente"

Virginia Wolf, feminista e escritora nada en 1882






AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.



Aquí vos deixamos unha entrevista á escritora Elí Rios, que o día 30 de novembro visitará a nosa biblioteca, xa que @s alumn@s de 3ºA y 3ºB están lendo un dos seus libros "Marta e a píntega".


mércores, 22 de novembro de 2017

E TI, QUE PINTAS?

Xa que temos que ir despedindo o noso proxecto sobre África e como temos a gran sorte de ser un colexio multicultural, que mellor que facelo coa música de Playing For Change, que nos acompañará ata o Nadal.
Playing for change é un movemento social que utiliza como vehículo a música para cambiar o mundo. De que xeito?
Conectando todo o planeta a través da música. Como metáfora desta unión, nas súas cancións participan músicos de todo o planeta.
Todo comezou cun grupo de mozos que querían realizar un documental sobre música rueira no mundo,  co obxectivo de gravar aos músicos no seu hábitat, xurdiu a idea de conectalos a todos. Percorreron practicamente todo o planeta, desde as rúas das cidades máis transitadas ata as máis deshabitadas aldeas de calquera lugar do mundo.
O proxecto acolle a músicos de todos os niveis desde os máis consagrados ata estudantes ou afeccionados ata chegar a máis de cen, pertencentes ás máis variadas nacionalidades.
Pero este proxecto non se conformou con conectar músicos, formaron unha fundación, a fundacion Playing for Change,  que creou multitude de escolas de música nos lugares máis desfavorecidos da terra, dando así a oportunidade de aprender a nenos que doutro xeito non puidesen facelo. The playing for change foundation aposta por unha educación para todos, un lugar onde os nenos poidan expresarse libremente a través dunha linguaxe universal, a música. 
A música, como a pintura, a literatura ... son a máis fermosa creación dos seres humanos, e son capaces de crear unha unión cuxos froitos son dunha grande riqueza. E se non que nolo digan a nós!!!



martes, 21 de novembro de 2017

ESTIVO CONNOSCO A ESCRITORA MARÍA CANOSA.

Hoxe recibimos na nosa Biblioteca unha visita moi especial. A escritora María Canosa Blanco veu a falarnos de Megumi, a súa especial Cazadora de estrelas. Tamén nos contou a súa paixón pola escrita e polos libros; como foi o momento no que conseguiu publicar o seu primeiro libro ...
Esta é a maxía dos libros, poder compartir unha historia todos xuntos e saber como a autora argallou todo un mundo para a protagonista da historia.

Moitas grazas aos alumn@s das aulas de 5º polo seu interese e participación. A Brenda e Unai por ser, nesta ocasión, uns profesionais do xornalismo e a Carme e a Vanessa, as titoras, pola súa imprescindible colaboración.

O vendeiro día 30, teremos con nós á escritora Elí Ríos para falarnos de "Marta e a píntega".

Seguimos compartindo historias que farán de nós persoas capaces de pensar e de elexir por nos mesmas.












HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA

Onde queira que vaias, sexa onde sexa, seguramente poidas comprar unha botella de Coca-Cola. É unha bebida case omnipresente Pero iso implica xerar unha gran cantidade de botellas de plástico. E de feito, unha nova análise afirma que a compañía americana aumentou a súa produción de botellas de plástico o ano pasado en mil millóns, chegando a un total de 110 mil millóns de botellas cada 12 meses.







Os datos non foron ofrecidos pola compañía; foi a organización ecoloxista Greenpeace a que decidiu analizar a produción anual. Segundo a organización benéfica, Coca-Cola continuou aumentando a súa produción en botellas estes últimos anos, tanto que representou o 59% de todos os seus envases en 2016.



Só unha pequena cantidade destas botellas recíclanse; menos da metade son reutilizadas, e entre estas, menos do 10% convértense en novas botellas. O máis preocupante, con todo, é que moitas acaban contaminando os mares e océanos.

A cantidade de plástico que actualmente hai nos nosos océanos chegou a proporcións épIcas, e finalmente está a empezar a tomar conciencia entre a poboación e os gobernos. Crese que entre 5 e 15 millóns de toneladas de plástico entran nos océanos, e que se non se fai nada por evitalo, en 2050 haberá máis produtos de plástico que peces

Con todo, hai sinais de que as grandes empresas están a escoitar aos defensores do medio ambiente. Este ano, o departamento británico de Coca-Cola anunciou que tratará de aumentar a cantidade de plástico reciclado nas súas botellas ao 50%, mellorando así o obxectivo anterior, que era do 40% para 2020.

luns, 20 de novembro de 2017

RECOMENDAMOS

Hoxe @s alumn@s de 5º terán a sorte de falar coa autora deste fermoso libro "A cazadora de estrelas". 
Vos recomendamos que pasedes pola biblioteca para lelo e gozar das aventuras de Megumi, a protagonista, que é unha das mellores cazadoras de estrelas da súa comunidade.

Quen fora cazadora de estrelas?

Resultado de imaxes para a cazadora de estrelas

domingo, 19 de novembro de 2017

CONTOS CURTOS

THE MAKER

Unha reflexión sobre o sentido da vida, os feitos que nos fan aprender e se o tempo é utilizado como queremos ou como debemos facelo. A necesidade de dar e a importancia tamén de recibir. O valor do circunstancial, o momentáneo, ou simplemente a suma de pequeñeces é o que lle dá forma ao transcendente, o substancial, o imperecedero. A frase coa que se promocionou a curtametraxe foi : Life is what you make it?. ( A vida é o que ti fas dela)

A fermosa peza musical titúlase Winter,  e foi composta por  Paul Halley,






venres, 17 de novembro de 2017

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS


Hoxe, nas nosas letras, unha entrevista á escritora María Canosa Blanco que o vindeiro martes vira a visitarnos a nosa biblioteca para falar c@s alumn@s de 5º sobre o seu libro "A cazadora de estrelas".
Esperamos con ilusión poder falar con ela desta fermosa historia.





8 de Xuño de 2017 S. G. RIAL
CARBALLO / LA VOZ
María Canosa Blanco (Cee, 1978), escritora, enxeñeira de Camiños, articulista en La Voz de Galicia, levaba a pasada fin de semana unha das maiores alegrías e recoñecementos da súa longa carreira literaria, dende que con 8 anos xa conseguira o premio Facho: agora obtivo o premio Merlín, convocado por Xerais, na ca- tegoría de literatura infantil, pola obra Muriel. Un excelente broche a unha obra de 33 libros, dos que oito foron editados o ano pasa- do. Un deles, con súa nai, Concha Blanco, e o outro, con Jorge Mira.
—Vostede xa fora finalista do Merlín. ¿Que significa ganar este premio?
—É o cuarto ano consecutivo que era finalista polo que, como po- des imaxinar, era xa case unha afronta particular con el... Gaña- lo foi decatarme de que os concursos son concursos, que ás veces gañamos, e ás veces non, por múltiples circunstancias. Pero para min foi como quitar esa espiña de estar chamando á porta moito tempo a un lugar, e que sempre falta algo para que cha abran de todo. Por fin se abriu a porta. Claro, que isto fixo que me emocionara moito ao recibir a nova... Non puiden evitar que
María, o sábado, na Illa de San Simón, co premio. MANUEL G. VICENTE
— Gústame probar, que é un xeito de probarme a min mesma. Cambiar é bo tamén porque me axuda a deixar unha obra e co- mezar outra nova, sen tantas in- terferencias. Pero si é certo que sempre volvo a escribir para a cativada. Por múltiples razóns. Primeiro, porque creo no importante que é a lectura nesa franxa da vida, porque son o futuro. Pero tamén porque me sinto cómoda non deixando de ser de todo unha nena eu tamén. Soñar é fermoso, e eu non sei deixar de facelo.
—¿Que retos se marca agora?
—Que o que escriba sexa de certa calidade, e que chegue aos co- razóns dos lectores.
—¿E escribir en castelán? —Eu sinto, penso, falo... en galego. Desenvólvome nesa lingua porque é a miña, e creo que as historias que mellor se escriben son as que máis se senten, por iso eu escribo en galego. Pero estaría encantada de que me traducisen ao castelán, ao catalán, ao inglés... 

—¿A xente le, merca en galego? —Hai xente que le, pero non é suficiente. Dáme a impresión de que é un reduto moi pequeno... E eu sinto a necesidade de que os libros saian das aulas, que an- den polas rúas. Ás veces centrámonos só nas lecturas dos centros escolares, e iso debera entenderse só como un dos comezos posibles.
—¿Volverá á enxeñería?
— Eu nunca me fun. Sempre serei enxeñeira. O que pasa é que o horizonte laboral é complexo neste eido tamén. Agora non exerzo de enxeñeira, pero oxalá teña a oportunidade de volver facelo pronto. Non depende de min.
—Vostede xa fora finalista do Merlín. ¿Que significa ganar este premio?
—É o cuarto ano consecutivo que era finalista polo que, como po- des imaxinar, era xa case unha afronta particular con el... Gaña- lo foi decatarme de que os con- cursos son concursos, que ás ve- ces gañamos, e ás veces non, por múltiples circunstancias. Pero para min foi como quitar esa es- piña de estar chamando á por- ta moito tempo a un lugar, e que sempre falta algo para que cha abran de todo. Por fin se abriu a porta. Claro, que isto fixo que me emocionara moito ao recibir a nova... Non puiden evitar queme desbordara o momento. Con todo, o mellor de todo foi recibir o cariño de moita xente, máis do que eu agardaba. Moito máis. Esa é a segunda parte do premio, impresionante. Eu tomeino, ademais, como unha recompensa ao camiño que fixen desde que comecei, hai moito tempo, ata hoxe. page1image35264 page1image35584
—Un premio especial.
— O Merlín é un recoñecemento importantísimo para os que es- cribimos literatura infantil en Galicia. Podería dicir que o máis im- portante. É por iso que me sinto afortunada. Non dubido de que outras obras que se presentaron o merecesen tamén. Desta vez, a sorte estivo do meu lado. Deste certame saíron obras que foron referentes na miña lectura, na miña vida e na Literatura Infantil e Xuvenil en xeral, é polo que tamén sinto unha enorme responsabilidade. Non só nesa obra, tamén no que escriba a partir de agora.
—De que trata «Muriel»?
— Naceu da necesidade de dar voz á sinxeleza e complexidade simultánea de espir os sentimen- tos, ao calado, en voz baixa. Do mesmo xeito que fala o amor, a ledicia e a tristura. Con Muriel destaco tamén a combinación de fraxilidade e fortaleza dos que es- tán tocados pola sensibilidade, os mesmos que se atreven a soñar e pintar un horizonte de cores. A amizade, e unha botella de lei- te une a todos os protagonistas, de diferentes xeracións e tamén entre humanos e animais. 
—¿Que xénero prefire?

— Gústame probar, que é un xeito de probarme a min mesma. Cambiar é bo tamén porque me axuda a deixar unha obra e co- mezar outra nova, sen tantas in- terferencias. Pero si é certo que sempre volvo a escribir para a cativada. Por múltiples razóns. Primeiro, porque creo no importante que é a lectura nesa franxa da vida, porque son o futuro. Pero tamén porque me sinto cómoda non deixando de ser de todo unha nena eu tamén. Soñar é fermoso, e eu non sei dei- xar de facelo.
—¿Que retos se marca agora?
—Que o que escriba sexa de cer-a calidade, e que chegue aos co- razóns dos lectores.
—¿E escribir en castelán? —Eu sinto, penso, falo... en galego. Desenvólvome nesa lingua porque é a miña, e creo que as historias que mellor se escriben son as que máis se senten, por iso eu escribo en galego. Pero estaría encantada de que me traducisen ao castelán, ao catalán, ao inglés... 

—¿A xente le, merca en galego? —Hai xente que le, pero non é suficiente. Dáme a impresión de que é un reduto moi pequeno... E eu sinto a necesidade de que os libros saian das aulas, que anden polas rúas. Ás veces centrámonos só nas lecturas dos centros escolares, e iso debera entenderse só como un dos comezos posibles.

mércores, 15 de novembro de 2017

ESCOITA RADIOS DO MUNDO!

 Preme na imaxe para acceder.
A quen lle gusta escoitar a radio? A ti? Pois estás de sorte porque che ofrecemos unha ferramenta moi útil: Radio Garden. Ata agora tiñamos o noso transistor para sintonizar radios locais e apps concretas para emisoras doutros lugares do planeta. Esta páxina, á que podes acceder premendo enriba, serve para navegar por estacións radiofónicas ao estilo Google Earth. Alucinante!

martes, 14 de novembro de 2017

HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA.

O RÍO ARCO DA VELLA

.


O río Caño Cristais é un verdadeiro arcoíris fluvial. Atópase no medio dos Chairos orientais de Colombia, rodeado dunha flora e unha fauna exuberantes e extremadamente diversa (estímase que a biodiversidade ornitolóxica é a maior do mundo)

Este río tamén se coñece como «O río que se escapou do Paraíso», pois máis que auga, o río parece arrastrar o arco da vella misturando as súas cores co fluir da auga. 

O segredo das súas cores

.

Estas cores tan variadas prodúcense pola presenza dunha planta acuática chamada a Macarena Clavijera.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo deste fermoso e peculiar río.
Esperamos que vos guste!!!







luns, 13 de novembro de 2017

RECOMENDAMOS

Hoxe no noso RECOMENDAMOS ... 


    PIPI MEDIASLONGAS


Resultado de imaxes para PIPI MEDIASLONGAS


No cabo da vila, alí onde as rúas se transforman en camiños e comezan os prados, hai unha casa con xardín e solaina. Nela vive unha nena que non ten máis compañía ca un cabalo e un macaco, o señor Nilsson. Chámanlle Pippi Mediaslongas.

XA SABEDES, SÓ TEDES QUE PASAR A COLLELO POLA BIBLIOTECA!!!

sábado, 11 de novembro de 2017

xoves, 9 de novembro de 2017

A CASTAÑA





Xa que estamos no Magosto...

Sabíades estas dúas curiosidades sobre as castañas?

Había un costume entre os pobos antigos, que facía uso das cascas das castañas e das follas da árbore para escurecer o cabelo louro. Críase tamén, que axudaba ao crecemento do pelo nos recen nados.
Segundo unha antiga superstición, as castañas servían para protexerse contra o mal de ollo. Na noite de defuntos, impedía que estes levasen a unha persoa mentres estaba a durmir.

Como vedes a castaña tamén ten as súas curiosidades.


mércores, 8 de novembro de 2017

E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA

"Queremos permitir a artistas africanos que escriban a súa propia historia".
Con esta idea naceu o ZEITZ MOCAA (o Museo de Arte Contemporánea de África)
No continente africano tamén podemos atopar arte moderno, neste caso arquitectura, xa que o museo é unha peza de arte en si.
Foi diseñado polo arquitecto británico, Thomas Heatherwick a partir dun antigo silo no que se almacenaba o millo para a exportación.
Esta na Cidade do Cabo, en Sudáfrica.


E TI, QUE PINTAS? ÁFRICA.

Seguro que  algunha vez chamaron a vosa atención as fermosas cores e debuxos das teas africanas. Todo en África ten un significado e unha elaboración moi artesanal. 
Aquí deixámosvos un vídeo no que poderedes ver a elaboración desas teas tan chamativas e diferentes.



martes, 7 de novembro de 2017

A HERCULINO GUSTOULLE O CONTO








Ola nenas e nenos:

Canto me gustou o conto de “Os sete cabritiños” que contaron as vosas compañeiras. 
Ejem… eu andaba agachadiño pola biblioteca, pero deume moita vergoña saír a saudarvos, érades tantosssss!!! e eu son tan tímido!!! O meu nariz empeza a poñerse de cor vermella e a sentir calor nas orellas… non o poido evitar, tedes que perdoar.
Pero quero dar a noraboa ás rapazas que contaron o conto, gustoume moito, moito.
Aquí vos deixo unhas fotografías que saquei, espero que vos gusssssten.

Bicos herculinos, sempre co nariz.

Herculino.




HISTORIAS DA NATUREZA. A NOSA ENTRADA LIMPA.



DEZ ÁRBORES QUE SE NEGARON A MORRER

Estas árbores que se negaron a morrer, demóstrannos que a natureza ademas de ser SABIA (famosa frase) é tamén perseverante. Antes de ser derrotada, ela será capaz de buscar todos os medios necesarios e axustarse a unha situación co fin de poder avanzar no seu obxectivo e continuar co ciclo da VIDA ata esgotar o último dos seus recursos.

SILENCIO, ESTAMOS LENDO.


AVISO PARA DEVORADR@S DE LIBROS




Todos os mércores, á hora do recreo, na nosa biblioteca teremos o pracer de gozar da lectura silenciosa. 
Se vos apetece ler sentados no sillón de brazos ou no chan en silencio, os mércores é o voso día.

ESPERÁMOSVOS!!!

luns, 6 de novembro de 2017

PARABÉNS!!!

Estamos outra vez de noraboa, o noso compañeiro Unai Cereijo García de 5ºB ven de gañar a Medalla de Ouro no Campionato de Europa de Patinaxe Artistico celebrado en Portugal.

Moitos parabéns Unai!!!




RECOMENDAMOS

No RECOMENDAMOS de hoxe temos algo moi especial... os relatos d@s gañador@s do Premio de Relato Curto "Dame medo".

























O BOLI PINCHÓN

Había unha vez un colexio no que os nenos e nenas de 2ºA traballaban nunha ficha de mates. De súpeto un rapaz notou un pinchazo nas costas, preguntou aos compañeiros se foram eles máis todos dixeron que non. Pero, pasados uns segundos todos empezaron a sentir os pinchazos ao tempo que vían como un boli saía correndo.

Intentaron atrapalo, pero o boli agachouse nunha clase que estaba a escuras. Dous rapaces cheia de afouteza entraron a buscalo, pero non o daban atopado. Non se podía mover, non vían nada, chocaban con todo por mor da escuridade. Un deles abriu unha ventá para ter algo de luz. Neste momento o boli pegou un gran chimpo e escapou pô-la ventá.
Tese coidado. Pode estar pô-la vosa clase!!!

DIEGO TORREN MARTIN 2º A


A OITRA HISTORIA DE SAMAÍN

Contan que o Samaín naceu a partir da crenza das personas de que os monstros existen e que disfrazábanse para camuflarse.
Pero... e se hai outra história , mais por medo ninguén o dixo?
Pode ser que nesa data acontecese algo espeluznante.
Esta é a verdadeira história:
Nese tempo empezaron a ocorrer desaparicións de persoas que tiñan preocupado a todo o mundo e iso non era o peor... tamén chegaban persoas con cortes as súa casas, e outras xa nin chegaban.
Pero como eran moi teimudos e estaban moi preocupados, acabaron averiguando quen o facía. Quedaron todos sorprendidos coa resposta... eran Jack o destripador e Nina the Killer.
Ninguén se atrevía a sair das casas, máis eles dous sabían como entrar. Aparecían nenos con cortes que logo desaparecían .
Esta é a verdadeira história do Samaín. Tese tamén coidado co Venres 13.

SANDRA PRIGGIONE FERNANADEZ 4º B.



A CABAZA ERNESTA

Érase unha vez unha cabaza que vivía no campo entre moitas cabazas cultivadas por un campesino.
A cabaza chamábase Ernesta e era a máis pequena de todas as cabazas. Por esa razón o campesino a tirou ao tempo que dixo: Que cabaza máis pequena, non sirve para nada!.
Ernesta non daba crédito ao que estaba escoitando e parecía lle moi cruel. Púxose tan furiosa, que o seu aspecto cambiou. Saíronlle cicatrices e un aceno terrorífico.

Ernesta decidiu aparecerse todas as noites de Samaín para asustar aos fillos do vello campesino pô-la rúa.
Cando se enterou o campesino e comprendeu o que pasara, xa era tarde para pedir perdón.
Ernesta aínda anda solta pô-las rúas cada Samaín. Se a vedes avisade aos vossos pais para atrapala, e... procurar non cometer o mesmo erro que o campesino, xuzgando a alguém só pola súa apariencia.

A MÁSCARA ENCANTADA

Hai moitos anos nunha parte de África chamada Senegal, un home chamado Pap fixo unha máscara con cuns ósos e madeira de Baobab, follas de acacia e cordas. Pero aquela máscara non era como as demais... estaba encantada. A persoa que  puxese a máscara converteríase nun horrible, horripilante, grande e forte monstro . Pero ... por que?
Pap, o senegales quixo probar algo novo utilizando unha apócema máxica para facelo mais fermoso, pero por desgraza trabucouse de apócema e sucedeu algo...como unha explosión. Pap o senegalés morreu, pero a máscara quedou intacta.
Desde ese día, isto converteuse nunha lenda chamada A Máscara Encantada.
Pasaron os anos e un home moi curioso, chamado Estefan, que viu a Senegal en busca de cousas interesantes para as súas coleccións de arte e esculturas senegalesas, escoitou a lenda da Máscara Encantada e quixo facerse con ela. Para saber onde estaba preguntoulle a un senegalés que pasaba por alí. O senegalés díxolle: o xefe da miña tribo ten un mapa que di onde está a máscara. Estafan pediulle o mapa e o senegalés díxolle que si, que era unha gran idea que levara a máscara para que todos os que viven en Senegal esqueceran a lenda da máscara e xa non temesen máis aos seus poderes.
Pasaron dous ou tres días desde aquela conversación e Estefan recibiu o mapa e foi en busca da máscara.
Había tres camiños escritos: un era o gran bosque, outro o cemiterio e por último a cova na que estaba o que buscaba.
Estefan empezou a camiñar polo bosque con precaución. De súpeto escoitou uns sons moi raros e apareceu unha pantera negra que lle rabuñou todo o brazo. El empezou a correr como nunca o fixera na súa vida e, cando parou todo dolorido, chegara ao segundo camiño. O do cemiterio.
Estefan entrou con valentía e de lonxe viu unha caveira arrastrándose  polo chan, Estefan quería saír do cementero , cada vez vía mais e mais caveiras arrastrándose cara el, comezou a correr e unha delas mordeulle no pescozo. Estefan aguantou a dor todo o que puido e saíu do cemiterio, alí estaba o camiño cara á cova.
Estaba aterrorizado, pero con todo o que soportara ata ise momento estaba disposto a entrar naquel lugar escuro. Ao fondo viu a máscara e xusto cando ía collela apareceu un león que lle mordeu na perna. Xa non podía máis con tanto dor, entón empezou un terremoto e a cova a  derrubarse con eles dentro. Estefan e o león morreron, e a máscara quedou destruída.
En Senegal decatáronse de todo o que lle ocorrera a Estefan  e fixeron unha nova lenda dedicada a el por destruír o medo en Senegal.

Brenda Nosa Enabulele 5ºA