NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 29 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

O alumnado de 6ºC de E. Primaria, representou para todas as compañeiras e compañeiros de Educación Infantil, o conto, O coelliño branco.


Moitas grazas!!!




 

domingo, 28 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

 O alumnado da aula de 3ºB, preparou unha interesante exposición na que relacionou o libro, Jurassic Park, escritor Michael Crichton e a película do mesmo nome, dirixida por Steven Spielberg.

Velaquí o seu marabilloso traballo!!

Moitas grazas a Natalia, Dubraska e Mohamed!!!




martes, 23 de abril de 2024

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Empezamos a semana do libro na nosa biblioteca cun conta contos dos nenos e nenas de 6ºB de Educación Infantil, no que foron pirañas que tiñan que decidir que froita lles gustaba ou non.
O pasamos xenial escoitando o seu conto que, ademais, traballaron en galego, así que moitas grazas polo voso esforzo e polo ben que o pasamos.

SODES MARABILLOS@S!!!




 

SEMANA DO LIBRO NA NOSA BIBLIOTECA

Que mellor forma de celebrar o Día do Libro que..., Caendo de cu polo universo, coa escritora Estíbaliz Espinosa!!!

Moitas grazas, Estíbaliz!

e

Moitas grazas aos nenos e nenas de 1º e 2º por eses fermosos debuxos que encheron a biblioteca de estrelas e planetas!!!!




 

xoves, 18 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

 Outra das grandes novelas levadas ao cine é, Drácula, xa dentro do xénero de terror. Foi escrita por Bram Stoker e da que, levada ao cine,  se fixeron varias versións. Foi considerada como a novela de terror máis fermosa xamais escrita e ata o día de hoxe non deixou de publicarse. Aínda na actualiadade somos moitas as persoas apaixondas desta novela que foi levada con acerto ao cine. Mais, desde este blog, vos recomendamos a lectura do libro que seguro vos vai encantar.

Velaqui, unha escena da película. Con ela despedimos estas semanas de cine e literatura e entramos xa nas actividades, para a vindeira semana do libro!

Esperamos que fosen do voso gusto! Hai moitas máis e escoller non sempre é doado.



martes, 16 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

 Probablemente xa escoitáchedes falar do libro ou da película, Mujercitas. Esta novela foi escrita pola escritora estadounidesnse, Louisa May Alcott, e trata da vida de catro nenas que, tras pasar a adolescencia durante a Guerra Civil nos Estados Unidos como fondo da historia, convírtense en mulleres. Elas son Meg, a maior das irmás e a máis obediente e responsable;  Jo, a segunda delas, e sen dúbida a máis interesante, xa que tamén é  a máis rebelde e feminista, non lle gustan todas aqueles estereotipos femininos que a limitan. Apaixoada da escrita, actividade que desenvolvera ao longo da historia;  Beth, a terceira das irmás, é a máis tímida e toca moi ben o pianao; e  Amy, a menor, ten habilidade  para a pintura e é moi vaidosa.

Velaquí, algunhas das escenas:




domingo, 14 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

Seguindo coa relación entre os libros e o cine, e cada vez máis preto do Día do Libro, imos coñecer máis peliculas, que non existirían se primeiro un escritor ou unha escritora, non creara esa historia.

El señor de los anillos, é unha delas. Escrita polo británico J.R.R Tolkien, a historia se desenvolve na Terceira idade do sol, da Terra Media, un lugar ficticio poboado por homer e outras razas antropomórficas como os Hobbits, Elfos, Enanos e por outras figuras reais e fantásticas. A novela narra a viaxea do protagonista principal, Frodo Bolson, hobbit de la Comarca, para destruir o Anel Único e a guerra que provocará o enemigo para recuparalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, O señor Escuro Sauron.

J.R.R. Tolkien, pensou, El señor de los anillos, como una secuela de su anterior novela, El Hobbit, pero rematou convertíndose nunha historia de maior extensión. Publicouse por primeira vez no Reino Unido en tres volúmenes, tivo moitas edicións e foi traducida a moitas linguas, convertíndose nunha das obras mais populares do século XX. Foi adaptada en varias ocasión á radio, ao teatro, ao cine e á televisión, destacando a triloxía cinematográfica creada polo director neozelandés, Peter Jackson.

Velaquí, varias escenas desta marabillosa historia da literatura fantástica levada ao cine:



ASÍ SE FORJÓ EL ANILLO




EL SEÑOR DE LOS ANILLOS: LA COMUNIDAD DEL ANILLO - EL CONCILIO DE ELROND


FRODO Y GANDALF. EL PASEO POR LA COMARCA





LAS DOS PERSONALIDADES DE GOLLUM




ACORRALADOS POR LOS NAZGUL





xoves, 11 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

E, xa para finalizar, imos cos libros sete e oito. No sete, Harry Potter e as relíquias da morte, narra os acontecementos posterirores á morte de Dumbledore e nos que Voldemort finaliza o seu ascenso ao poder e consegue ter o dominio sobre o Ministerio da Maxia. 

No oito, Harry Potter e o legado maldito, que está dividida en dúas partes, non podemos dicir que sexa unha novela como as anteriores, é un guión para a obra de teatro que se representou despois.

Non contamos máis, xa que sabemos que hai compañeiros e compañeiras que. pola súa idade, ao mellor,  aínda non leron esta saga!

Esperamos que fora do voso gusto esta semana dedicada ao cine e a literatura a través da saga de Harry Potter.

A vindeira semana coñeceremos outros libros, outras historias levadas ao cine!

HARRY POTTER E AS RELIQUIAS DA MORTE








mércores, 10 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

 O sexto libro é, Harry Potter e o misterio do príncipe. Neste libro Voldemort comeza a librar unha guerra aberta, pero, malia isto, Harry e os seus amigos están protexido en Hogwarts.







martes, 9 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"



Volvemos á ciencia ficción, que probablemente, sexa un dos xéneros literarios máis levado ao cine xunto co de terror.
A novela levada ao cine da que nos imos ocupar hoxe é , Dune. Escrita por Frank Herbert, o seu éxito cando a publicaron foi rotundo, abrindo unha das sagas máis importantes da literatura fantástica y de ciencia ficción.
Foi levada a pantalla como Dune 1, e este anos estreouse a segunda parte.

Velaquí, un escena da primeira e outra da segunda, atoparedes grandes diferencias. Por que? Da parte dúas, xa que hai pouco que está en cines, deixamos o trailer.







 


CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

 Hoxe imos ver, o cuarto libro: Harry Potter e o caliz de lume; e o quinto libro: Harry Potter e a orde do fénix.


No cáliz de lume, Harry  participa, sen moitas ganas, no Torneo dos tres magos, un concurso máxico moi perigoso, no que tres estudantes das tres escolas participantes deben competir entre si en tres probas para gañaren o título.







No quinto libro, Harry debe enfrontarse ao novo Voldemort reencarnado.





luns, 8 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

 Hoxe imos ver escenas do segundo e terceiro libro da saga de Harry Potter: Harry Potter e a Cámara dos segredos, e Harry Potter e o preso de Azkaban.

No primeiro describe o primeiro ano de Harry na Escola de Hogwarts. El e os seus amigos investigan un misterio  de hai  50 anos, que semella gardar relación cuns acontecementos moi siniestros na escola.

No terceiro libro, é o que acontece a Harry no terceiro curso na escola.. É o único libro no que Valdemort non participa directamente como personaxe. Harry debe lidar co coñecemento de que é o obxectivo de Sirius Black, o mellor amigo do seu pai e fuxido do cárcere máxico de Azcaban.


HARRY POTTER E A CÁMARA DOS SEGREDOS





HARRY POTTER E O PRESO DE AZKABAN







domingo, 7 de abril de 2024

CINE E LITERATURA. CAMIÑO DA SEMANA DO LIBRO CO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA"

O cine, ao longo da súa historia, fixo grandes adaptacións de historias sacadas dos libros. Case sempre, gústanos máis o libro, pero sen dúbida, tamén chegamos aos libros despois de ver adaptacións destes ao cine.
Xa que o día 23 deste mes é, como sabedes o Día do Libro, imos dedicar as entradas do Rakonto a coñecer algunhas das máis famosas adaptacións que fixo o cine en todos os xéneros literarios.
Algo que temos que ter en conta é que non todos as historias que están nos libros son acaídas para levar ao cine, e iso ten moito que ver con como está narrada a historia, algo que tamén iremos descubrindo nestas dúas semanas. 

Hoxe imos empezar cunha adaptación moi coñecída por todos e todas vós, xa que os seus libros foron lidos por moitísimas persoas en todo o mundo porque foi unha saga traducida a moitísimas linguas, estamos a falar dos libros de Harry Potter.

Harry Potter, é unha saga de sete novelas escritas pola autora británica, J. K. Rowlling. Como sabedes, os libros narran a historia dun mago adolescente, Harry Potter, e os seus amigos, Hermione Granger e Ron Weasley, todos eles alumnos da Escola Howarts de Maxia e Feiticería. A trama central dos libros é a loita entre Harry Potter e Lord Voldemort, un mago escuro que pretende conseguir a inmortalidade, derrocar o goberno máxico, coñecido como Ministerio da Maxia, conquistar o mundo máxico, e someter aos magos e aos muggles, as persoas non máxicas.
Os sete libros da saga foron adapatados nunha versión cinematrográfica, composta por oito peliculas producidas por Warner  Bros Pictures, e que se convertiu no ano 2015 na segunda saga que máis público tivo da historia.

Velaquí dúas escenas de Harry Potter é a pedra filosofal. Aquí empeza todo, para que logo dígan que correos non funciona ben!!!