NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 29 de xaneiro de 2019

DÍA DA PAZ

DECÁLOGO PARA O DÍA DA PAZ


Resultado de imaxes para imagen para el día de la paz




Ti, es alguén moi importante. Quérete

Valora as túas amigas e amigos. Daraslles seguridade.

Descobre todo o que te une aos demais por riba do que te separa.

Respecta as opinións. Así contribuirás ao diálogo.

Aprende a escoitar. Comprenderás mellor as todas as persoas.

Cumpre coas túas obrigas. As demais persoas o precisan.

Traballa en grupo. Ninguén sabe máis que todxs xuntxs.

Comparte. Serás máis feliz.



Pon PAZ dentro de ti, deste xeito tamén a estarás poñendo ao teu redor.

luns, 28 de xaneiro de 2019

RECOMENDAMOS

Hoxe a nosa entrada é moi especial. Tivemos a sorte de que Xiana, Paula e Olga, de 5º, contárannos o conto "O monstro de cores"; e despois todas e todos xuntos, cantamos unha canción sobre as emocións.

Moitas grazas ás conta contos, e as nenas e nenos de EI, polo seu entusiasmo e a atención que prestaron ao conto.

SODES FANTÁSTIC@S!!!



As fotografías:










O vídeo:




martes, 22 de xaneiro de 2019

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Ela é a actriz Nerea Barros, naceu en Santiago de Compostela, traballou como erfermeira no hospital clínico de Santiago, pero Nerea quería ser actriz. Fixo distintos papeis en series e no ano 2014 gañou un Goya, a mellor actriz revelación, pola súa interpretación na película "La isla mínima"








Resultado de imaxes para nEREA BARROS EN LOS GOYA

luns, 21 de xaneiro de 2019

RECOMENDAMOS

Canto nos gusta que veñan as nais e os pais a contarnos contos!!!


Resultado de imaxes para o segredo de flora libro


Moitas grazas, Tania, por contarnos " O segredo de Flora"





martes, 15 de xaneiro de 2019

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Sabedes que esta ano celébrase o Dakar con máis mulleres da historia deste duro e intenso rally?

Dezasete mulleres, enfróntanse ás duras dunas de Perú, durante dez etapas con saída e chegada a Lima.

A pioneira é a catalana Laia Sanz.

La reina del siete del Dakar

Neste vídeo podedes coñecela un pouco máis:



RECOMENDAMOS.

Na nosa biblioteca xa empezamos a contar contos. O venres 11, e por iso de levar a contraria; Andrea, Ivám, Noa. B e Sheila, contáronnos...

PESADILLA ANTES DE NAVIDAD, DE TIM BURTON


Resultado de imaxes para pesadilla antes de navidad LIBRO


 MOITAS GRAZAS POR AGASALLARNOS CUN DOS MOITOS MOMENTOS FELICES QUE TEMOS NA BIBLIOTECA. SODES FANTÁSTICXS!!!




martes, 8 de xaneiro de 2019

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA



Resultado de imaxes para maría jesus rosa boxeadora



O pasado 18 de decembro deixounos María Jesús Rosa. Ela foi a primeira boxeadora en gañar un Campionato do Mundo de peso minimosca no ano 2003.

O 5 de marzo do 2002, tras noquear a Viktoria Varga, converteuse na campiona de Europa de peso mosca, premio que revalidou en tres ocasións máis ese mesmo ano. Pelexou con grandes boxeadoras como a estadounidense Terri Moss, á que arrebatou o campionato do mundo WIBF peso minimosca o 6 de novembro de 2003.
Sempre será recordada polo seu sorriso e a súa forma de competir.
Unha muller que foi unha pioneira nun deporte no que normalmente compiten homes, pero que grazas a mulleres bravas como María Jesús Rosa, outras teñen xa o camiño aberto.

Que a terra lle sexa leve.