NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 31 de xaneiro de 2022

COMUNIDADE DE BOOKTUBERS

 Hoxe, na nosa Comunidade de Booktubers, Lucía de 6ºB, cunha recomendación moi misteriosa!

As tradutoras do libro a galego son, Rosa María Gómez Pato e Manuel González.

Moitas grazas, Lucía!




sábado, 29 de xaneiro de 2022

CORTO ANIMADO

O holandés Michael Dudok de Wit, resultou gañador do Oscar á mellor curtametraxe de animación no ano 2001 por Father and daughter. Un sutil historia sobre o cariño entre un pai e unh fill, un vínculo cheo de espera e vacio.

As bibicletas, que van e veñen coas súa rodas esféricas, ben poderían ser interpretadas como o hemisferio da vida, retratando así algo que é cíclico.

A fermosa música é de Normand Roger, 


FATHER AND DAUGHTER



xoves, 27 de xaneiro de 2022

RAKONTO VERDE

Durante unhas semanas imos coñecer proxectos de persoas de distintos países e continentes que consiguen unha agricultura sostible.

Empezamos cun país moi querido para nós, xa que moito dos nosos compañeiros e compañeiras naceron nel, Senegal. E coñeceremos o proxecto de Goran N'diaye, que fixo do que parecía imposible, posible. E xa creou escola.




martes, 25 de xaneiro de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

A intelixencia emocional é tan importante para a nosa vida, que fai de nós persoas capaces de amar, de ser xenerosas e así construír un mundo mellor para todas.

Neste vídeo poderedes escoitar a Patch Adams, médico e paiaso. A través das súas palabras, poderedes reflexionar sobre a importancia dunha frase, dun abrazo, na vida de todas nós como persoas que conformamos unha comunidade.

Este vídeo, dura catro minutos, pero se premedes no nome del, poderedes ver o vídeo completo, que dura uns 25 minutos e é do máis interesante, xa que fala sobre o poder do humor e do amor para coidar ás demais persoas. Todo un exemplo!





domingo, 23 de xaneiro de 2022

CONTOS ANIMADOS

Migrants é un conmovedor periplo animado protagonizado por dos osos polares. É unha marabilla da stop motion que sen palabras, non as precisa, fala sobre o tema da migración e o cambio climático. Nel poderemos entender o necesaria que é a empatía, que tanto falta nas conversas e debates de hoxe en día.




MIGRANTS


 

xoves, 20 de xaneiro de 2022

RAKONTO VERDE

 Hoxe imos coñecer unha planta moi fermosa e considerada a Flor de Galicia, a camelia. É tan importante que temos a chamada "Ruta da camelia" que percorre o prinicipais pazos galegos, así como lugares nos que as camelias son protagonistas.

As camelias, en Galicia, atopan as mellores condicións climáticas para elas e ademais florecen en inverno. Existen 250 especies. O camelio máis alto do mundo enta no Pazo de Lourizán (Pontevedra), mide 20,5 metros.

Velaquí un vídeo onde podedes ver a súa fermosura, empeza no Pazo de Mariñán, moi preto da Coruña.


RUTA DA CAMELIA




mércores, 19 de xaneiro de 2022

XESTA EMOCIONAL. O NOSO PROXECTO DA BIBILIOTECA.


 

Ter confianza en nós mesmas é moi importante. E, dentro das emocións, o medo é unha das máis importantes se sabemos enfocala en positivo.

Velaquí un vídeo dun rapaz cego, Enhamed Enhamed. Escoitade con atención todo o que di, pode axudarvos moito na vosa vida cotiá.


A maior discapacidade é a falta de confianza nun mesm@



domingo, 16 de xaneiro de 2022