Xa está a piques de chegar o verán, e con el as ansiadas vacacións e as tardes de praia. Pois, xa sabedes, non esquezades o protector solar e os mosquitos... pois tamén teñen dereito á vida.
domingo, 30 de maio de 2021
xoves, 27 de maio de 2021
RAKONTO VERDE
A curtametraxe que ides ver, dirixida por Pascal Schellbi, The Beauty, é unha viaxe poética a través dos océanos, que podemos observalos na súa inmensa fermosura, mais tamén sucios, cheos de plásticos.
A escolla é doada, deixar que a fermosura e a vida gañe aos plásticos. Por iso, debemos ser coidadosas e non deixar que os océanos sufran o noso deslexo.
mércores, 26 de maio de 2021
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.
Xa estamos no derradeiro tramo do noso proxecto con Marta e a píntega, de Elí Rios. Este vindeiro mércores, as aulas de 3º e 4º, terán a sorte de contar coa súa presenza e poder falar con ela deste marabilloso libro.
Aquí vos deixamos o vídeo que gravou Elí Rios para vós cando estabamos no confinamento e ao que sempre lle quedaremos moi agradecidas!
Vémonos o mércores...
martes, 25 de maio de 2021
AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS
Seguimos a coñecer os gustos musicais de Xela Arias. Hoxe, a canción, Malos tiempos para la lírica, do grupo Golpes Bajos.
Este grupo xurdíu no ano 1982 en Vigo. O seu vocalista Germán Coppini, formou o grupo con Teo Cardalda, un antigo compañeiro de instituto que tiña gustos musicais moi novedosos para a época, e que tiña un local que o propio Coppini definiu como "chamizo" polo que pasaban todos os músicos de prestixio en Galicia.
O pai de Cardalda, pola súa conta e risco, decidiu enviar a maqueta que gravaran o seu fillo e Coppini. Foi todo un éxito e ficháronos na discográfica Nuevos Medios, que era moi importante naquel momento.
MALOS TIEMPOS PARA LA LÍRICA. GOLPES BAJOS,
luns, 24 de maio de 2021
A NOSA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS RECOMENDA...
A recomendación do noso booktuber Nicolás, de 5º B, é...
domingo, 23 de maio de 2021
CONTOS ANIMADOS
Sen dúbida, a mensaxe desta curtametraxe é moi importante para mellorar as nosas vidas. Podemos resumila nunha frase: Se traballamos como un equipo, as adversidades afróntanse moito mellor.
TRABALLO EN EQUIPO. SOMOS UN EQUIPO
xoves, 20 de maio de 2021
RAKONTO VERDE.
O 17 de maio, ademáis de ser o Día das Letras Galegas, tamén foi o día de tres palabras que empezan pola mesma letra e, que como os libros, tamén melloran a vida do noso planeta.
Esas tres palabras xa son coñecidas por vós, pero a pregunta é: Estamos a utilizalas correctamente? Imos ver.
REDUCIR
REUTILIZAR
RECICLAR
Reciclar non é dabondo para parar a contaminación de plásticos que sofre o noso planeta. Temos que lembrar as outras dúas "erres": REDUCIR E REUTILIZAR.
A reciclaxe, que comezou como unha solución ao noso lixo, xa non é suficiente para loitar contra a contaminación plástica que está a invadirnos. Que podemos facer?
- sustituir os envases plásticos por bolsas de tea, evitar produtos envasados, botellas de plástico...
E, se xa fas isto, entón RECICLA, depositando no contedor amarelo.
Fixate nesta imaxe de Aurora Portillo, na que as froitas nos envían unha mensaxe moi clara!
mércores, 19 de maio de 2021
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Imos rematando o noso proxecto da biblioteca. Hoxe, tivemos a sorte de ter con nós a Ledicia Costas, a autora dese fermoso e divertido libro "Vampira de biblioteca" e, de moitas outras historias das que podedes disfrutar na nosa biblioteca.
Velaí o vídeo da súa inesquecible visita!
MOITAS GRAZAS, LEDICIA!
martes, 18 de maio de 2021
AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS.
xoves, 13 de maio de 2021
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS
Con este traballo tan fermoso do alumnado de 6ºA e 6ºB, rematamos a semana dedicada ás Letras Galegas, mais o noso interese pola poesía e por Xela Arias, non esmorece hoxe.
Velaí a nosa homenaxe!
#XelaAriasLetrasGalegas21
mércores, 12 de maio de 2021
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS
martes, 11 de maio de 2021
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS.
Hoxe, imos escoitar unha fermosa versión musicada pola Banda da Loba, dun poema de Darío a diario.
luns, 10 de maio de 2021
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS.XELA ARIAS
Neste telexornal sobre Xela Arias, realizado polo Departamento de Lingua Galega do CPI dos Dices Rois, poderédes atopar moita información sobre a obra de Xelas Arias Castaño.
Despois de ver o vídeo, vos facemos a seguinte proposta de traballo e reflexión:
- Sabedes que é concepto de xeración?
- Que é un neoloxismo?
-Podemos xogar coa linguaxe como facía a poeta?
- As artes poden mesturarse? No seu poemario Tigres coma cabalos, mestúranse a poesía e a fotografía. Que vos parece a idea?
- Credes que é importante a tradución de textos de outras linguas ao galego? Por que?
- É importante comprometernos coa política, o ecoloxismo, os problemas sociais?
- Que é o convencional? Á veces é bo ser unha persoa "non convencional"?
domingo, 9 de maio de 2021
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS. XELA ARIAS
Aquí vos deixamos un vídeo, dos que está a realizar a Real Academia Galega, este dedicado ao seu fillo Darío, do poemario Darío a diario.
A imaxe da primeira publicación deste poemario, que veredes no vídeo, é a do propio Darío con sete días de vida. E, tamén, poderedes coñecer e escoitar a Darío, o seu fillo xa adulto.
É este un libro moi importante, porque podemos dicir que é o primeiro poemario que rompe cos tópicos da maternidade e coa idea da posesión.
Nada que ver coa posesión.
Non te posúo nin quero.
Cóidote, ámote e manteño a esperanza
de aprenderche a posuíres.
xoves, 6 de maio de 2021
RAKONTO VERDE
Hoxe, no Rakonto Verde, podedes ler un conto que escribiu Xela Arias cando contaba once anos. Con el, e tan nova, gañou o Premio Contos de nenos do VI Concurso de Contos Infantís "O Facho", como vedes, xa nacera unha escritora, coa que podedes indentificarvos e animarvos a escribir.
Como veredes, Xela Arias, tiña unha fermosa relación coa natureza e era unha gran observadora do que acontece ao noso arredor.
O título: A fraga dos páxaros faladores e a fraga leopardicia. Publicado polo Seminario Galán. Xela Arias. Letras Galegas 2021.
Premendo neste enlace, podedes lelo:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcampolongo/aulavirtual/pluginfile.php/8507/mod_resource/content/2/CONTO-A-FRAGA-DOS-PAXAROS.pdf
GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA
Aquí vos deixamos unha biografía da autora Ledicia Costas, realizada polo alumnado de 5º A, despois de ler o seu libro Vampira de biblioteca.
Moitos parabéns polo traballo!!!
mércores, 5 de maio de 2021
XEOGRAFÍAS BIOGRÁFICAS. XELA ARIAS
O 2 de maio celebramos o Día da Mai. No noso blog queremos facelo cun poema do libro Darío da diario, que a autora Xela Arias escribiu a partir de ter ao seu fillo Darío. Os poemas reflicten unha maternidade na que agroman todo tipo de sentimentos e que rompe cos estereotipos que, ás veces, tanto dano fan ás mulleres.
Se queredes ler este fermoso poemario, xa sabedes, o temos na biblioteca!
Xela Arias
martes, 4 de maio de 2021
AS CANCIÓNS DE XELA ARIAS.
En setembro seguiremos a coñecer a cancións favoritas de Xela Arias, pero xa que esta é a derradeira semana do noso blog, que mellor que pechar cunha canción do grupo galego "Os resentidos"!
COMUNIDADE DE BOOKTUBERS. 1 DE MAIO, DÍA DO COMIC.
Hoxe, Ainara e Valentina da aula de 5ºA, celebran o día do cómic co seu gusto polo manga.
Moitas grazas!
luns, 3 de maio de 2021
MOITAS GRAZAS A NOSA COMUNIDADE DE BOOKTUBERS! O VINDEIRO CURSO MÁIS.
Aquí vos deixamos unha recopilación deste curso con todas as recomendacións, seguro que algún destes libros aínda non os líchedes. Pois, as vacacións son o mellor momento para gozar da lectura.
Grazas a todas e todos por participar desta aventura e polas vosas aportacións!