martes, 25 de abril de 2023
domingo, 23 de abril de 2023
LER(NÓS). CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO!
Que mellor forma de celebrar o Día do Libro que compartindo lecturas. Grazas por espallar historias por todo o colexio!!!
mércores, 19 de abril de 2023
martes, 18 de abril de 2023
luns, 17 de abril de 2023
23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO. COMUNIDADE DE BOOKTUBERS
Nesta semana de celebración do libro, non podía faltar unha recomendación da nosa Comunidade de Booktubers, eles e elas son a vida dos libros, e as súas achegas, emocións compartidas.
Moitas grazas por cada unha das recomendacións durante estes anos!
Moitas grazas, Alejandra!!!
domingo, 16 de abril de 2023
23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO
Como cada ano, desde este blog, seguimos fieis á curtametraxe que máis nos gusta sobre libros. Los fantásticos libros voladores de Mr Morris Lessmore.
luns, 10 de abril de 2023
2 DE ABRIL. DÍA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
Cando imos medrando, hai moitos momentos, lugares e tamén libros que van quedando na nosa memoria. Seguro que si preguntades na vosa casa ás persoas maiores que conviven con vós, lembran os libros que leron cando eran máis novos, e esa lembranza sempre vai acompañada dun sorriso, de palabras cheas de afecto.
Hai libros, que nos gustaron tanto, que os lemos unha, dúas, tres e ata catro veces e os conservamos ata que somos maiores, como obxectos moi valiosos para nós. Hai libros que deixan en nós a curiosidade por coñecer lugares aos que máis tarde viaxaremos. Hai libros que compartimos, nunha tarde no parque ou na praia, falando cos amigos e amigas desa historia que nos fixo rir, chorar, pensar, asustarnos... porque os libros están cheos de emocións e axúdannos a entendelas.
Como emocionante é recibir na nosa biblioteca ás autoras e autores que veñen compartir o seu tempo con nós, un fermoso agasallo que sempre recibimos con ilusión. Nesta ocasión, e para celebrar o Día da Literatura Infantil e Xuvenil, pasamos unha mañá co Hematocrítico, un autor que é un dos favoritos da biblioteca e que agora xa forma parte nosa andaina literaria na biblioteca.
Moitas grazas!!!