Ola nenos e
nenas: sodes listossssss, moi listosssss. Estades acertando todas as
preguntiñas que vos fago.
Xa sei que
empezades as vacacións, asi que como xa
vou maior, aproveito para descansar e facer outrasssss cousas. Ademáis de
limpar un pouco a casa que a teño moi sucia, ler tombado debaixo da miña
árbore. Aquí no bosque, cada un de nos temos unha árbore que coidamos e tratamos
con moito cariño, tamén ela dános sombra e acubillo.
Aos gnomos
séntanos moi mal o sol. Un verán queimáronseme as orellas, xa sabedes que as
temos moi grandes, e paseino moi mal, que dorrrrr!
Teño coxegas
no nariz shssssssss. Isto pásame cando estou moi emocionado, e que o debuxo que
me fixechedes os nenos e nenas de 5º A de EI encantoume, RECONCHOLIS, QUE BEN
FEITIÑO ESTÁ!!! MOITAS GRAZASSSSS.
Que pasedes
unhas felices vacacións. Vémonos á volta.
Bicos de
gnomo. Xa sabedes, co nariz. Herculino .