NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 22 de marzo de 2018

A BANDA DESEÑADA NO NOSO PROXECTO



MAFALDA



Resultado de imaxes para TIRAS COMICAS SOBRE LA IGUALDAD DE GENERO

DESDE A BIBLIOTECA VOS QUEREMOS DESEXAR FELIZ DESCANSO PARA TODXS!!!

TEATRO NA BIBLIOTECA

Aquí tedes o vídeo da divertida representación que fixeron as alumnas de 6ºA e 6ºB do conto "Ricitos de oro".
Esta peculiar versión é do libro do escritor Roald Dahl, "Contos en verso para nenos perversos"

Moitas grazas a Ainhoa, Alejandra, Elena, Saray e Irene.

PARABÉNS ARTISTAS!!!

E VOS, GOZADE DO ESPECTÁCULO!!!




A DEBATE

Que mellor lugar para un debate que a nosa biblioteca!!!

@s alumn@s de 6ºA e 6ºB, debateron sobre un tema moi interesante, "Hai igualdade laboral entre hombres e mulleres?", dentro do noso proxecto "A Coruña. Unha cidade en feminino"
Foi moi interesante escoitar as súas conclusións, as preguntas do público, e sobretodo o ben que respectaron os seus turnos de palabra e como souberon escoitar as distintas opinións que xurdiron sobre o tema.

Moitos parabéns a tod@s!!!




A AXENTE RICIÑOS VISITOU A NOSA BIBLIOTECA

Hoxe xiramos á esquerda e á dereita en bicicleta, puxemos un chaleco, collimos unha lupa, e xa sabemos que cunha capa temos superpoderes. Todo isto grazas a Iago López que coa súa fermosa voz e unha caixa máxica, levounos ao mellor dos países, o "País dos contos".
Moitas grazas Iago!!!

















XOGOS COOPERATIVOS CON TROMPOS, PEONZAS E PERINOLAS

Por un intre, a nosa biblioteca encheuse de trompos, peonzas e perinolas que fixeron xirar os nosos ollos a través das cores, dos movementos, das espirais que semellaban escapar para agocharse nas páxinas dos contos. Toda ista maxia temos que agradecerlla ao mestre Luis Miguel Ramas, que deixou en nós un sorriso e unhas ganas tolas de xogar coas peonzas.

Ficamos obrigados mestre!!!




























mércores, 21 de marzo de 2018

PARA PENSAR


QUE VOS PARECE SE IMOS DERRUBANDO ESTEREOTIPOS?



DÍA DA POESÍA.

Xa que hoxe tamén é o día da Poesía, que vos parece se imos coñecendo algúns versos da nosa autora das Letras Galegas, María Victoría Moreno.

Resultado de imaxes para tres gatos



No armario máis pequeno
teño tres gatos,
un canciño de seda
e dez lagartos.
   Dormen de día
   e polas noites traman
   mil ousadías.

Eu conto, ti cantas....
                                                  María Victoria Moreno.


Resultado de imaxes para un perro de seda
Resultado de imaxes para imagen con diez lagartos

martes, 20 de marzo de 2018

21 DE MARZO. DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN


#Auténticos


MULLERES QUE FAN HISTORIA



PAULA PAZ. SURFISTA


O pasado mércores falábamos dunha futbolista internacional, hoxe tócalle a unha surfista.

Paula Paz ( A Coruña,1995) compatibiliza os seus estudos de ADE coa súa paixón polas ondas. Ela foi campiona galega e clasificouse varios anos a nivel nacional. Agora prepárase para empezar a competir na categoría absoluta, aínda que o seu principal obxectivo é gozar: "se non o fas, ao final acabas aburrindote".
Á hora de buscar referentes, tamén busca en augas internacionais: "Bethany Hamilton, surfeira estadounidense que perdeu o brazo, é todo un exemplo de superación.
Na mesma escola que adestra Paula, A Vella Escola, aprendeu a facer surf Gabriela Ferna ( A Coruña,2000).
"O surf está cada vez máis de moda e cada vez hai máis xente na auga aprendendo. Aquí hai mozas que compiten, teñen moito nivel. Por exemplo Isa Gundin, que é a última campiona galega.
__Onde se collen as mellores ondas? Caión, Doniños ou Razo.

















.


domingo, 18 de marzo de 2018

martes, 13 de marzo de 2018

MULLERES QUE FAN HISTORIA



Verónica Boquete,  Fenda (Santiago de Compostela, 1987), é unha das mellores futbolista españolas, que xoga desde xullo no París Saint-Germain, pide que se cren referentes femininos para as mozas que queiran ser futbolistas e eloxia a honestidade do balompé feminino respecto ao masculino.


Nunha entrevista desde o apracible centro de adestramento de Bougival --ao oeste de París--, di que a súa ambición é axudar a que o PSG sexa "o mellor" de Europa, ve á súa selección española competindo coas grandes "nun par de anos" e revela que no futuro quere ser adestradora.

Pregunta. Con Francia, xa son seis os campionatos nos que xogaches (España, Estados Unidos, Suecia, Alemaña e Rusia). E empezaches ben. Oito partidos e catro goles de momento.
Resposta. Non está mal, aínda que a miña especialidade sexa crear xogo. O meu adestrador ( Patrice Lair) quere que marque máis goles. Pídeme que xute máis, que sexa máis egoísta. Aquí gozo máis no campo, gústanos ter o balón, atacar. En Alemaña era un estilo máis defensivo. 

P. Estabas no Bayern de Múnic e antes no FFC Frankfurt, cos que gañaches a Bundesliga e a liga de Campións, respectivamente que che atraeu do PSG?

R. Necesitaba un estímulo. O PSG aínda non gañou algo importante, é un proxecto que se está facendo e quero axudar a que o club sexa o máis grande de Europa. Vivir unha liga diferente tamén me enriquece como xogadora e como a futura adestradora que quero ser.

P. A selección feminina de España está preparada para dar o salto de calidade que lle falta? 

R. A partir de agora, España estará sempre en grandes torneos internacionais (...) O fútbol feminino español está no mellor momento da súa historia. Hai cada vez máis talento, máis apoio, nun par de anos poderemos compararnos coas grandes potencias como Suecia, Alemaña, Francia ou Inglaterra.

P. Que lle pode atraer a un espectador para achegarse a ver un partido de fútbol feminino?

R. Hai un gran descoñecemento do nivel do fútbol feminino. Nun partido entre equipos bos o nivel técnico e táctico é alto, aínda que haxa unha diferenza física [con respecto ao masculino] porque o home é máis forte. O feminino é ademais un fútbol máis puro, non se ve a xente simulando labazadas, dores que non teñen e faltas que non son. 
P. Xogadoras de elite como ti ou a brasileira Marta (cinco veces gañadora do Balón de Ouro) denunciastes o machismo contra as mozas que queren dedicarse ao fútbol. Cando vai cambiar esta situación?

R. Non é fácil. Necesitas cambiar a mentalidade de varias xeracións. Nos países nórdicos lévannos moitos anos de adianto respecto dos países latinos, que están marcados polo machismo.

P. Considéraste ben paga? 

R. Estamos moi mal pagas se o comparas co fútbol masculino. Hai unha diferenza de moitísimos ceros. Aínda que que quede claro que sinto unha privilexiada, porque coñezo a situación doutras xogadores. Vivo soamente do fútbol e vivo ben.

P. Co traballo tan absorbente que tes, pensas en ser nai?

R. En Estados Unidos as xogadores da selección teñen un, dous ou tres fillos. Teñen as axudas necesarias para seguir a súa carreira. Se pensara en ser nai, tería que deixar a miña carreira. Non me vai a quitar as ganas, pero atrasarao.

P. Que ídolos tiveches?

R. Desafortunadamente, todos os meus modelos foron masculinos. Cando crecía non había referentes femininos. Entre as mozas, o maior era Marta, a brasileira, coa que acabei xogando en Suecia e da que son amiga. As nenas teñen que soñar ser como Marta ou como as xogadores que estamos agora. Non teñen que querer ser Messi ou Cristiano Ronaldo porque esa non é a realidade.

luns, 12 de marzo de 2018

JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO VISITOU A NOSA BIBLIOTECA









 









Sempre é un pracer recibir no noso colexio o sorriso do ilustrador e escritor Jacobo Fernández Serrano. Por un intre, a nosa biblioteca encheuse de liñas que rematan sendo ollos, ás, ondas, piratas... e a maxia das palabras misturouse con elas para que Marcopola siga contándonos historias.
Moitas grazas a Jacobo pola súa visita que non esquecermos e @s alum@s de 1º A e B pola súa atención e interese, así como as súas titoras pola motivación.







A ESCRITORA MÓNICA RODRIGUEZ NA NOSA BIBLIOTECA



 A mañá que nos visitou a escritora Mónica Rodriguez chovía miúdo, unha suave brisa percorría o patio do noso colexio e devagar entraba na biblioteca. Así foi como chegou a nosa autora, suave, doce e calma foi contándonos como é o seu día  a día coas palabras, como naceu ese fermoso libro "Alma e a isla" que, como a protagonista da novela, chegou para quedarse con nós.
Moitas grazas @s alumn@s de 5º A e 5º B pola súa atención e interese, tamén as súas titoras pola motivación.