Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares Solidarias. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Bibliotecas Escolares Solidarias. Amosar todas as publicacións

domingo, 31 de marzo de 2019

CONTACONTOS NA EIM AGRA DO ORZÁN


Lembrades cando vos contamos que foramos ler un contiño de Nadal ás escolas infantís do barrio? Pois, visitámolas outra vez! O pasado xoves, acudimos á EIM veciña para representar unha versión dramatizada do libro de Anna Llenas, O monstro de cores.
Actuamos para os máis pequenos e pequenas da escola. Encantoulles!
Logo, as mestras deleitáronnos cunha obriña dos tres porquiños en sombras chinescas. 
Ao día seguinte, os e as maiores da escola infantil visitaron a nosa bilioteca e volvemos actuar.
Logo, da función, todos e todas bailamos a canción de Marina y los emoticantos: El baile de las emociones.
Grazas a EIM pola súa colaboración e disposición para poder realizar estas actividades! A comunicación entre os e as que nos dedicamos a educar no barrio resulta esencial.

domingo, 17 de marzo de 2019

CONTOS CURTOS I

Hoxe, como ides ver, temos dúas entradas de Contos Curtos.

O venres 15 pola tarde estivemos contando un conto no noso barrio, na Libraría Suevia: Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? A actividade foi anunciada en prensa, como podedes ver: 


 Este foi o marabilloso público:






Ei aquí as fantásticas e fantásticos conta contos:












Moitísimas grazas a todas pola vosa presenza. A Paula, Sheila, Sabela, Bruno, Gabi, Gari, Raquel, Yaiza, Amanda, Noa.V e Noa.B; polo seu traballo tan profesional, o esforzo e a ilusión.
E moitas grazas á Libraría Suevia, por acollernos con tanto cariño nese espazo no que as historias son o alicerce que move o mundo.

PARABÉNS!!!









domingo, 23 de decembro de 2018

CONTACONTOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DO BARRIO


Chegou o Nadal e, desde a nosa Biblioteca Escolar Solidaria, preparamos unha actividade para achegar aos máis pequenos e pequenas ao marabilloso mundo dos libros. Adaptamos ao galego o conto Dear Santa de Rod Campbell e Karina e Xiao de 6º de EP prepararon unha sinxela interpretación para levala de xira polas escolas infantís da zona.
Visitamos a EIM Agra do Orzán e a EI O Ventorrillo (por certo, grazas por acollernos) e a función foi un éxito de público e crítica.
Esta converteuse na primeira doutras visitas que, ao longo do curso, brindaremos a algunhas institucións do barrio.