NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 23 de decembro de 2018

CONTACONTOS NAS ESCOLAS INFANTÍS DO BARRIO


Chegou o Nadal e, desde a nosa Biblioteca Escolar Solidaria, preparamos unha actividade para achegar aos máis pequenos e pequenas ao marabilloso mundo dos libros. Adaptamos ao galego o conto Dear Santa de Rod Campbell e Karina e Xiao de 6º de EP prepararon unha sinxela interpretación para levala de xira polas escolas infantís da zona.
Visitamos a EIM Agra do Orzán e a EI O Ventorrillo (por certo, grazas por acollernos) e a función foi un éxito de público e crítica.
Esta converteuse na primeira doutras visitas que, ao longo do curso, brindaremos a algunhas institucións do barrio.

xoves, 20 de decembro de 2018

BO NADAL




Desde este blog da biblioteca, ese lugar onde as palabras fan a maxia de levarnos a moitas partes do mundo, que sacan o noso sorriso ou abren os nosos ollos ante a sorpresa do acontecido; queremos desexarvos ...

        BO NADAL

                                    FELICES FIESTAS

DEWÉNATI

أعيادا سعيدة

BONES FESTES


                                MERRY CHRISTMAS

HOLIDAYAASHA DHEXDIISA

                                              SARBATORI FERICITE

AQUI TEDES ESTA CANCIÓN, PORQUE NON PERDEMOS A ESPERANZA DE UN MUNDO MÁIS XUSTO E IGUALITARIO PARA TODAS E TODOS:



martes, 18 de decembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Hoxe, desde o noso Rakonto, queremos dar os nosos parabéns á escritora e profesora Mercedes Queixas Zas; xa que acaba de ser nomeada académica da Real Academia Galega.
Mercedes foi a primeira autora que visitou a nosa biblioteca este curso. Trouxo con ela a Xandra, a landra que quería voar e tamén o seu ollar sempre alegre e agarimoso.
E se queredes coñecer un pouco máis a esta autora, facede click neste enlace para ler o seu  Cuestionario Proust.

Moitos parabéns Mercedes!!!



luns, 17 de decembro de 2018

RECOMENDAMOS

Hoxe no noso recomendamos, Ledicia Costas; a autora que tivemos o pracer de recibir na nosa biblioteca. Con ela falamos das cousas que lle gustan, de como imaxina as súas historias e de como a literatura é parte moi importante da súa vida xa desde que era unha crianza.
Moitas grazas Ledicia!!!



RECOMENDAMOS

O noso compañeiro Elvis de 1º, recoméndanos...



mércores, 12 de decembro de 2018

ELAS SON MÚSICA

Hoxe imos coñecer ao grupo "Xestreu". Sabedes o que é un aturuxo? Pois é un berro agudo, forte e prolongado que se emite en sinal de alegría, nas festas e foliadas ou mentres se realizan algúns labores agrícolas.




martes, 11 de decembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA


Resultado de imaxes para LA SELECCION ESPAÑOLA FEMENINA DE FUTBOL SUB 17 CAMPEONA DEL MUNDO


A Selección de fútbol feminino Sub17, acaba de facer historia gañando o Mundial  Sub 17 de fútbol feminino.

Neste enlace tedes máis información:




BRAVO POR ELAS!!!

luns, 10 de decembro de 2018

RECOMENDAMOS



Resultado de imaxes para ledicia costas


Hoxe temos unha visita moi especial na nosa biblioteca, a autora Ledicia Costas. Aquí tedes o Cuestionario Proust para que a coñezades un pouco máis.

Premede neste enlace:




mércores, 5 de decembro de 2018

ELAS SON MÚSICA


Hoxe temos a tres mulleres rompedoras, non só na súa posta en escea, mais tamén no seu xeito de cantar e de facer versións doutras cancións.

Son da nosa cidade, A Coruña e... fanse chamar... AS ANTONIAS.









martes, 4 de decembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Resultado de imaxes para hedy lamarr inventora de wifi


Ela é Hedy Lamarr, que ademáis de inventora e enxeñeira, foi unha gran estrela do cine en Hollywood.

Durante a II Guerra Mundial, Hedy Lamarr e o compositor  George Antheil, inventaron o sistema de comunicación segredo. Era unha forma de comunicación sen cables e a longa distancia, que servía para detectar torpedos. O máis curioso é que o invento está basado nas teclas do piano e é a base do WIFI, o BLUETOOTH e o GPS que coñecemos e tanto nos axuda hoxe.

luns, 3 de decembro de 2018

RECOMENDAMOS. VISITOUNOS A AUTORA ANDREA BARREIRA FREIJE


Seguimos na nosa biblioteca recibindo autoras que nos falan dos seus libros, de como foi ese proceso de creación, das súas afeccións, inquedanzas, ilusións... dos seus libros favoritos.
A conversa coa autora de "Non hai luz sen escuridade", Urco Editora, Andrea Barreira Freije, foi un pracer e un tempo que xa quedará con nós para sempre.

Moitas grazas Andrea; Lea xa é parte dos nosos soños.

Grazas a Thais e a Brenda pola entrevista. Sodes mulleres bravas!!!








mércores, 28 de novembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Resultado de imaxes para stephanie kwolek


Esta muller con cara de lista que vedes na imaxe, chámase Stephanie Kwolek, e foi a inventora do "KEVLAR". É un invento moi importante, xa que o Kevlar é un material forte como o aceiro dunha espada e lixeiro coma unha pluma. Con él fabrícanse raquetas, esquíes, cordas, os cascos dos bombeiros, neumáticos, cohetes espaciais e tamén chalecos antibalas.

Como vedes, grazas ao seu descubrimento, no só podemos utilizar cousas moi prácticas, senon tamén outras que nos axudan a avanzar e até nos salvan a vida.

Información recollida do libro "Inventoras e os seus inventos" Edt. Flamboyant.

martes, 27 de novembro de 2018

ELAS SON MÚSICA

Seguro que moitxs coñecedes a canción "Carolina", pero ao mellor non esta versión Hip Hop.


UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA





luns, 26 de novembro de 2018

O NOSO 25N NO COLEXIO.

Aínda que o noso desexo é non ter que revindicar máis este día, desde o colexio queremos dicir un NON, claro e contundente á violencia contra a muller.

Moitas grazas ás compañeiras e compañeiros de 5º e a súa titora por facernos partícipes para construir un mundo mellor e igualitario.

Aquí tedes a lembranza desta mañá...







VÍDEO



RECOMENDAMOS

Hoxe Xiana e Gabriel de 5º A recomendan...









mércores, 21 de novembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA.

Resultado de imaxes para ELIZABETH mAGIE PHILLIPS INVENTORA

Seguro que mais dunha vez xogáchedes ao Monopoly. Pois esta é Elizabeth Magie Phillips, empresaria e deseñadora de xoguetes; nada en Illinois, no ano 1866. Era moi noviña cando tivo que deixar a escola para poder axudar económicamente a súa familia.

Ela é a inventora do Monopoly, que ao principio chamábase " O xogo do propietario"

ELAS SON MUSICA



O domingo día 25 de novembro, é o "Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller"; aprobado pola Asamblea das Nacións Unidas no ano 1999, en memoria das irmáns Mirabel.
Se queredes coñecer máis sobre a historia deste día, só tedes que premer en (Día Internacional)

Vos propoñemos que aprendamos todxs xuntxs esta canción para cantala o luns e así aportar o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres, mais tamén a calquera tipo de violencia.








luns, 19 de novembro de 2018

RECOMENDAMOS




Resultado de imaxes para andrea barreira freije

Xa que quedan poucos días para recibir na nosa biblioteca á autora Andrea Barreira Freije, hoxe vos deixamos un enlace para que a coñezades un pouco máis. 
Trátase do famoso Cuestionario Proust, que realiza o crítico literario Ramón Nicolas no seu blog "Caderno da crítica",

Só tedes que premer no nome da autora.

Que queredes saber o que é o Cuestionario Proust? Pois premede no nome para averigualo

mércores, 14 de novembro de 2018

TACHAN! TACHAN!



E xs gañadorxs do premio de relatos "Dame Medo" da nosa Biblioteca son...



EDUCACIÓN INFANTIL

4ºA, co seu relato " A cabaza terrorífica que se volveu boa"

4ºB, co seu relato "A pantasma"

5º, co seu relato "Maionesa"

6ºA, co seu relato"As pantasmas intrusas"

6ºB, co seu relato "Unha festa no castelo"


EDUCACIÓN PRIMARIA



Diego Torres de 3º A, co seu relato "Un día de zombis"

Aldara Sánchez de 4ºA, co seu relato "Noite de medo"

Milkias Casas de 4º B, co seu relato "Dame Medo"

Gnagna Dieng de 5ºA, co seu relato "As Vampiras"

Iván Sanjurjo de 5ºB, co seu relato "A cadela Pantasma"

Brenda Enabulele 6ºA co seu relato "A cabaza horriplante"

Uxía Sánchez de 6ºB, co seu relato "O mosteiro embruxado"

martes, 13 de novembro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA.

Resultado de imaxes para margaret a wilcox



Esta muller con ollar curioso, chámase Margaret A. Wilcox; naceu en Chicago e foi unha das poucas enxeneiras mecánicas da súa época. Gozaba pensando inventos que puidesen mellorar a vida das persoas. 

Ela inventou a calefacción para os coches; así que cando vaiades nun coche, non esquezades que foi grazas a Margaret!!!

luns, 12 de novembro de 2018

RECOMENDAMOS


Hoxe temos unha recomendación moi especial, nun novo formato que esperamos sexa do voso gusto. As nosas compañeiras e compañeiros: Elena, Uxúe, Lucía, Samuel, Brenda, Candela e Leo, recomendan o libro da autora Andrea Barreira Freije, "Non hai luz sen escuridade".
Andrea, visitara a nosa biblioteca o  Martes 27 de novembro. Xa estamos desexando falar con ela e que nos conte como imaxinou unha historia tan fermosa e interesante.

Moitas grazas pola lectura e a vosa análise do libro. Bravxs!!!!








mércores, 7 de novembro de 2018

GALICIA E FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA

Resultado de imaxes para nerea barros actriz


Nerea Barros e actriz; ten 36 anos e no seu currículo, oito series e nove películas. Ten tamén un Goya do que presumir polo seu papel de nai coraxe na película "A illa mínima". A compostelá Nerea Barros estudou enfermaría, pero sempre foi actriz: xa o era cando se vestiu de Virxe María nunha función de EXB; debutou logo, aos 16, ás ordes de Xavier Bermúdez en Meniña; e, xa collido o ritmo, decidiu acabar dedicando o seu corpo miúdo e a súa voz grave, fracturada, á sétima arte. Para o papel premiado co Goya, recoñeceu nalgunha ocasión inspirarse principalmente na súa nai, pero tamén nas mulleres do rural galego.

martes, 6 de novembro de 2018

ELAS SON MÚSICA


A BANDA DA LOBA


A BANDA DA LOBA SON:

ESTELA RODRIGUEZ (VIOLÍN)

INÉS MIRÁS (GUITARRA E TECALDO)

MARCELA PORTO (BATERIA E PERCUSIÓN)

XIANA LASTRA (VOZ)






luns, 5 de novembro de 2018

HOXE NO RECOMENDAMOS, A ESCRITORA MERCEDES QUEIXAS ZAS


Hoxe tivemos a sorte de ter con nós á profesora e escritora Mercedes Queixas Zas, que xa vai na segunda impresión do seu libro "Xandra, a landra que quería voar". 
Foi entrevista por Zoe e Antón, compañeirxs das aulas de 2ºA e 2ºB, como xornalistas profesionais. 

Moitas grazas Mercedes, por facernos voar coas túas palabras e falar, a través delas, de soños  posibles.
Unha aperta grande de todxs nós!!!







domingo, 4 de novembro de 2018

CONTOS CURTOS

A curta de hoxe vai por elas, que tamén xogan; e por eles, os que comparten e respectan.


ELAS TAMÉN XOGAN





martes, 30 de outubro de 2018

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA.



TAMARA ECHEGOYEN




Resultado de imaxes para TAMARA ECHEGOYEN



Tamara Echegoyen (1984), é unha regatista ourensá cun palmarés moi importante. Gañou cinco campionatos do mundo e, nos Xogos Olímpicos de Londres, colgouse unha medalla de ouro.
Tamén foi distinguida co Premio Nacional do Deporte; e converteuse na primeira española en participar na Volvo Ocean Race, unha intensa proba de nove meses.

Se fades click no nome, podedes ler unha entrevista.

luns, 29 de outubro de 2018

RECOMENDAMOS

Hoxe a compañeira Andrea Hermida e o compañeiro Bruno Amador (que saibades que é un dos seus libros favoritos) de 5ºB, fannos esta recomendación tan acaída nestas datas.

Moitas grazas!!!
Brav@s!!!





CONTOS CURTOS

DÚAS ESCENAS DA PELÍCULA "O XOVEN FRANKENSTEIN".

FELIZ SAMAÍN!!!!









mércores, 24 de outubro de 2018

ELAS SON MÚSICA

Hoxe na nosa entrada musical, temos unha das cantantes máis coñecidas do panorama musical galega, SES.


CO XENIO DESTROZADO


martes, 23 de outubro de 2018

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA




Pregón  Día da Biblioteca 2018    "O día da luz"   Gonzalo Moure. Tradución ao galego feita por Antía Marante. O cartel é do ilustrador Alfonso Zapico.





Veño do deserto do Sáhara, de inaugurar unha biblioteca. Está en Dajla, o máis afastado, o máis esquecido dos cinco campamentos de refuxiad@s saharauís. É a cuarta biblioteca que construímos, e é preciosa. No centro plantamos árbores, para que @s nen@s e @s moz@s do Sáhara poidan experimentar o gozo de sentar baixo a súa sombra para ler un libro. Non queremos que esa biblioteca sexa ningún "templo de silencio", senón máis ben un espazo para o son, para o ruído. Unha biblioteca que xa é o lugar máis fermoso do campamento. Un espazo para desexar ir buscar lectura, pero tamén amizade, soños compartidos. Incluso amor. Un lugar no que namorar mirando uns ollos por enriba do libro. Porque ao fin e ao cabo, a biblioteca é o lugar onde se descobre ao outro, de papel ou de carne. 

Nun filme inesquecible, o mellor filme de ciencia ficción da historia, "2001, unha odisea do espazo", aparece un monólito cada vez que o ser humano se dispón a dar un salto cualitativo. Kubrick, o seu director, debeu poñer un libro no seu lugar. Porque foron os libros os que marcaron o ritmo dos cambios do ser humano. Porque o libro é o laboratorio das mulleres e os homes, o lugar no que se experimenta con emocións, descubertas, utopías, apostas. Somos o que somos porque fomos pensando e escribindo sobre como ser e sobre como non ser. E seremos o que pensemos, o que pensen e escriban as vindeiras xeracións. 
Así que unha biblioteca non é só un lugar que convida a ler, senón tamén, ou por iso, un lugar que convida a escribir. As bibliotecas do século XXI so, poden ser, teñen que ser o sementeiro de novas novelas, novos monólitos, fitos do noso futuro. Se o século XX foi sen dúbida o século da lectura, o século XXI pode chegar a ser o século da escritura, xa o está sendo. 

Por todo iso construímos bibliotecas nos campamentos do deserto. Porque non son só para @s saharauís. Págaas a nosa sociedade civil, mediante soci@s adult@s, e mediante actividades solidarias nos colexios, institutos e bibliotecas. E @s alumn@s e lector@s que as sufragan fanse conscientes do extraordinario que é ter unha biblioteca, aprenden a valorar a súa, a defendela. Cada biblioteca do deserto ten detrás a milleiros de nen@s, moz@s e adult@s que a fixeron posíbel co seu pequeno esforzo. Sumando. Cada lectora e lector saharauí ten ao seu carón a milleiros de lectoras e lectores, máis conscientes da importancia dunha biblioteca, porque co seu traballo construíuse unha, nun clima e lugar tan hostil. 

Pensa na túa biblioteca. Houbo un día no que esa biblioteca non existía. Alguén soñouna, loitou por ela, encheuna de libros e tamén de soños. Faite do equipo dese alguén que a fixo posible, loita por un mundo no que non haxa un ser humano que non teña preto unha biblioteca, ou un amoroso "bibliobús". Que non haxa ningunha nena e ningún neno, moz@ ou adult@, que non roce a man dunha bibliotecaria que a aconselle, que o oriente no labirinto. Que é o mesmo que dicir que non haxa ningún ser humano conectado ao que foi, o que é e o que será. 

Na túa man hai milleiros de mans, apertando a túa, acompañándote no camiño. Tenras ou con durezas, pequenas ou grandes. No libro que te agarda na mesa de noite ou xunto ao sofá, hai millóns de libros. Inxenuos ou complexos, humildes ou luxosos. Mais todos preciosos. Conectados todos por un invisíbel fío de prata que un man con man, andel con andel, un fío inacabábel e luminosos. Inacabábel, e que así sexa. Hoxe é o Día da Biblioteca, que é o mesmo que dicir "O día da luz".
Feliz día, feliz século.

GALICIA EN FEMININO. MULLERES QUE FAN HISTORIA




Esta entrevista que ides ler a continuación foi realizada por Lucía Rey Martínez da aula de 6ºB, a Sandra García Cambon, piloto de autocross.
Sandra (1975- Ponteceso- A Coruña) é unha das mellores pilotas galegas. Empezou a correr con 32 anos en Kart cross. Participou no Campionato de España en dúas ocasións.




Resultado de imaxes para sandra garcía cambon


P- Que se sinte ao participar en pista con tantos homes?

R- Pois mira, a verdade cando vou para pista nunca penso que vou con homes, senon con rivais.

P- De onde che ven esta afección polo Kart cross?

R- Ven xa de nena, meu pai ía moitas veces ás competicións.

P- Cal é o teu circuito favorito?

R- Sen dúbida, Carballo. Encántame!

P- Corriches fóra de Galicia?

R- Si, fixen un par de anos o campionato de España en Kart cross.

P- Kart cross ou prototipo?

R- Kart cross, mais tiven que abandonar por mor dunha lesión, por iso agora fago prototipo; pero gústanme os dous, non sabería dicir.

P- Que prefires Rally-mix ou auto cross?

R- Agora gústame máis o Rally-mix porque corres contra o crono, e no autocross é máis de contacto, e é máis doado que haxa golpes.

P- Cal é a mellor e a peor lembranza na túa traxectoria?

R- Pois o peor, sen dúbida, cando tiven que deixar o Kart cross, e o mellor pode ser ese segundo posto no Campionato de España en Arteixo co Peugot 208 proto.


Aquí tedes un vídeo no que podedes ver a Sandra competindo.







Moitas grazas Lucía pola entrevista e. por darnos a oportunidade de coñecer a Sandra. Sen dúbida unha muller brava!!!

luns, 22 de outubro de 2018

domingo, 21 de outubro de 2018

CONTOS CURTOS


XA QUEDA MENOS PARA O SAMAÍN!!!




"ESCENA DA NOIVA CADAVER"  DIRIXIDA POR TIM BURTON





CORTO PIXAR "DÍA DE LOS  MUERTOS"




martes, 16 de outubro de 2018



V CONCURSO DE RELATO BREVE "DAME MEDO"


v Poderán participar todos os alumnos e alumnas que o desexen.

v Os relatos terán como extensión máxima un folio por unha cara.

v O tema terá relación coa festividade do Samaín.

v O prazo límite de presentación é o 5 de novembro.

v Os relatos entregaranse na Biblioteca en horario de recreo.

v A entrega de premios será na festa do Magosto. Os relatos premiados colgaránse no blog da biblioteca.








QUEN DIXO MEDO!!!