NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

mércores, 20 de decembro de 2023

FELICITACIÓN DE NADAL DO NOSO PROXECTO "UN CURSO DE PELÍCULA".

É un orgullo para nós presentar este vídeo, que é a nosa felicitación de Nadal, feito por unha ex alumna do noso colexio, Aldara Sánchez, á que agradecemos tanto cariño.

FELIZ NADAL DE PELÍCULA PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP. RAQUEL CAMACHO!!!

Moitas grazas, Aldara!!!




martes, 19 de decembro de 2023

luns, 18 de decembro de 2023

CON TODO O NOSO CARIÑO E AGRADECEMENTO.

Prezado Hematocrítico, queremos que saibas que desfrutamos moito dos teus libros, que sempre formaran parte da nosa infancia, que somos lectores e lectoras grazas a historias como as túas, que rimos con elas e que somos persoas afortunadas porque estiveches no noso colexio.

Velaquí a nosa sentida homenaxe!




domingo, 17 de decembro de 2023

UNHA ESCENA DE PELÍCULA DE NADAL. PESADILLA DE NAVIDAD.

A orixe desta película, é un pequeno poema de Tim Burton que escribiu cando traballaba como animador en Disney. Cando un dos directivos da produtora leu o poema, quixeron facer a película inmediatamente.




PESADILLA DA NAVIDAD



 

xoves, 23 de novembro de 2023

martes, 21 de novembro de 2023

ESCENAS DE PELÍCULAS DE TERROR. UN CURSO DE PELÍCULA. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

Esta escena é a da famosa película de Alfred Hitchcock, Los pájaros. E, imos coñecer algunha curiosidades:

-Usaron 3.200 paxaros amaestrados durante a película.
- Os dos cans que saen ao principio, son do director, Alfred Hitchcock, o que se chama un "cameo". Os seus nomes son Geoffrey e Stanley.
- Cando se estreou a película nos EEUU, ao abandoar o público o cine, asustáronos cos sons de paxaros que saían de altofalantes agochados nos arbustos.
- A protagonista, a actriz Tippi Hedreen, levou o mesmo vestido verde durante toda a película.
- Esta basada na novela "Los pájaros" da autora Daphne Du Maurier.

Pero, que quede claro, que os paxaros son bos, fermosos e necesarios. O cine, é cine!!!






 

domingo, 19 de novembro de 2023

CURTAMETRAXE 25N


Non hai que confundir o amor co control. O verdadeiro cariño é aquel que respecta o que somos, como somos, con quen estamos e a onde imos.







 

xoves, 16 de novembro de 2023

BANDA SONORA

Probablemente, unha das bandas sonoras máis famosas da historia do cine de suspense sexa a da película, Psicosis, do famoso director de cine británico, Alfred Hitchcock. As súas películas caracterízanse por ser moi perturbadoras e crear moita tensión no público, sendo recoñecido como un dos mellores directores de cine.
Sen dúbida, o cine non sería o mesmo sen Alfred Hitchcock.
Velaquí a banda sonora da película "Psicosis"!!!






 

mércores, 15 de novembro de 2023

TRABALLO DE CINE NAS AULAS. WORK IN PROGRESS.

Os compañeiros e compañeiras de 3ºB, están moi interesados no que están a aprender sobre cine. Nestas imaxes poderedes comprobalo!





















martes, 14 de novembro de 2023

domingo, 12 de novembro de 2023

DÍA DAS LIBRARÍAS

 O sábado día 11 foi o Día das Librarías, e xa que este curso o noso proxecto está relacionado co cine, aquí vos deixamos un vídeo dunha das librarías máis fermosas do mundo, está en Portugal e chámase "Libraría Lello". E sabedes a quen inspirou para escribir un libro do que logo se fixeron películas? Pois da saga Harry Potter. 

A súa autora, J.K. Rowling, estaba vivindo en Oporto (Portugal) cando empezou a escribir os libros, e esta librería foi fonte de inspiración para ela.

Como vedes, o cine e a literatura van, en moitas ocasións, collidos da man-




mércores, 8 de novembro de 2023

TRABALLO DE CINE NAS AULAS. WORK IN PROGRESS

 AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DA AULA DE 2ºC, XA SABEN QUEN FORON OS IRMÁNS LUMIERE!!!





AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DA AULA DE 4ºB, ESTÁN A FACER UNHA LIÑA CRONOLÓXICA DO CINE!!!







AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DE 6ºB DE EI, FIXERON UNHA CÁMARA DE CINE!!!!












AS COMPAÑEIRAS E COMPAÑEIROS DA AULA DE 6ºA EI, FIXERON CÁMARAS DE CINE CON PLASTILINA!!!










E, XA PARA REMATAR, MIRADE QUE CABAZA MÁIS CINEMATOGRÁFICA!!!!




luns, 6 de novembro de 2023

HISTORIA DO CINE

Na Francia de 1895, dous irmáns fotógrafos, os Lumière, despois de darlle moitas voltas ao invento do que xa falamos noutra entrada deste blog, o Kinetoscopio, patentaron algo máis revolucionario, o CINEMATÓGRAFO. Este aparato proxectaba a imaxe en movemento e o facía nunha gran pantalla, deste xeito, moitas persoas podían compartir a experiencia do cine ao mesmo tempo.

A primeira película que proxectaron foi " La salida de los obreros de la fábrica Lumière en Lyon"  o 28 de decembro de 1895.

Velaí a tedes!




domingo, 5 de novembro de 2023

CURTAMETRAXE ANIMADA

Esta curtametraxe titulada, Vuela, é unha aprendizaxe de amor, empatía e resilencia.
 
Sabedes que é a resilencia?

A resilencia é a capacidade que temos as persoas para superar circunstancias traumáticas, que nos producen dor, tristura... e é fundamental para ser máis felices. Ás veces podemos conseguilo soas, pero hai ocasións nas que podemos pedir axuda ás persoas que nos rodean para poder superar ese mal momento. Mais tamén é importante intentar adaptarnos ás situacións que non sempre son agradables e ter confianza en que poderemos saír delas, e así, poder voar.


VUELA




 

xoves, 19 de outubro de 2023

BANDAS SONORAS DE PELÍCULAS

Sen dúbida, a música, é tamén unha parte importante das películas, e son moitas as bandas sonoras que se fixeron famosas e forman parte da nosa memoria musical.

Os venres, iremos alternando a música cos libros. Xa que tamén son moitas as novelas que logo foron levadas ao cine.

E, como estamos no mes do Samaín, empezamos cunha de terror. A banda sonora da película, Drácula de Bram Stoker.




xoves, 5 de outubro de 2023

VISITOUNOS O ACTOR NACHO PENA

 No noso proxecto "Un curso de película", iremos coñecendo a distintas persoas que, coa súa profesión, fan posible que poidamos sentarnos e desfrutar dunha película, unha serie ou unha obra de teatro.

Os actores e actrices, forman parte de esa caixa máxica que é o cine, e que nos agasalla momentos marabillosos.

O actor Nacho Pena falounos dos seus inicios, do seu tempo en compañías de teatro, dos teatros que percorreu, da súa preparación para ser actor, mais unha das cousas importantes que nos contou foi a importancia de observar o que nos rodea. Se queremos crear un personaje, mesmo escribir un libro, ou para calquera tipo de creación artística, o máis importante, como dixo Nacho Pena, é esa observación do que nos rodea. Nun aceno, no que está a acontecer ao noso redor, podemos atopar o xeito de crear a nosa personaxe.

Velaí un vídeo da súa visita!


Moitas grazas, Nacho!!!




mércores, 4 de outubro de 2023

ESCENAS DE PELÍCULAS

 Ao longo do curso, coñeceremos escenas dalgunhas das películas máis famosas da historia do cine.

Hoxe, unha escena da película " El jovencito Frankestein". Esta película é do ano 1974, foi dirixida por Mel Brooks, e o guión, pois é fundamental escribir primeiro a historia para logo levala ás imaxes, foi escrito polos guionistas Brooks e Wilder. 

O que conseguiron estes dous guionistas e o director, foi transformar o terror en comedia. É dicir, esta película creou un xénero en si mesmo, o terror cómico.

Unha anécdota desta película, foi que o actor Gene Wilder, un dos protagonistas, era tan malo aguantando a risa, que tiñan que rodar case quince tomas para que se acostumase ao chiste e conseguira aguantar a risa.

Está basada na novela, Frankesntein o el moderno Prometeo, da escritora Mary Shelley.




martes, 3 de outubro de 2023

UN CURSO DE PELÍCULA. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

Pouco a pouco, iremos coñecendo como empezou a crearse o cine para chegar ao que vemos hoxe na pantalla.

A palabra clave é IMAXINACIÓN,  sen ela non avanzariamos nada. Todas as persoas temos unha gran capacidade de imaxinar e crear, se a sabemos utilizar, podemos facer deste  mundo un lugar mellor para todas as persoas.

Así que imos empezar por onde hai que facelo, polo principio:

SABEDES QUE É UN PRAXINOSCOPIO?


A palabra Kinetoscopio ven do grego, kineto que significa movemento e scopos que significa ver.
É un aparato que contiña unha tira de película composta por unha serie de imaxes secuenciais. A cinta movíase arredor dunhas bobinas instaladas dentro dunha caixa de madeira, e unhha lámpada eléctrica iluminaba as imaxes que se podían ver a través dun visor. A velocidade á que xiraban as imaxes en bucle provocaba a sensación de movemento.



Velaí tedes un vídeo de como funcionaba!





luns, 2 de outubro de 2023

COMUNIDADE DE BOOTUBERS

 Empezamos un novo curso e xa sabedes que nos encanta coñecer as vosas opinións sobre os libros que estades a ler. O único que tedes que facer é pasar pola biblioteca e facemos o vídeo.


ESPERAMOS POR VÓS, BOOKTUBERS!!!



domingo, 1 de outubro de 2023

BENVIDOS E BENVIDAS!

 Xa estamos de volta! Un curso máis compartiremos, desde este blog, libros, curtas de animación, a Comunidade de Booktubers, o noso proxecto da biblioteca "Un curso de película", e todo o que vos apeteza. Propoñede e o faremos!

E, como sempre, empezamos cunha curta de animación!

Xa que empezou o outono, velaí vai unha fermosa curtametraxe de animación!


AUTOMNE



martes, 30 de maio de 2023

MOITAS GRAZAS TUSITALAS!!!

Este blog marcha de vacacións, pero o vindeiro curso prometemos estar aquí con máis contidos, emocións, sorpresas e todo o que vós queirades.

Queremos agradecervos, desde o Equipo da Biblioteca, a vosa colaboración e complicidade, tamén o voso traballo e ilusión. Os libros, coas súas historias, e a biblioteca, non teñen sentido sen ese marabilloso voluntariado, os usuarios e usuarias, a Comunidade de Booktubers, os conta contos...

A derradeira imaxe deste curso é para o Club Lector Tusitalas. Grazas polas palabras compartidas!


Que teñades un feliz verán. Cheo de risas e libros!!!