Cando chegamos das vacacións de Semana Santa, na nosa biblioteca esperábanos unha sorpresa, e como todas as boas sorpresas, esta é fermosa.
Unha máxica pintura dun dos personaxes mais marabillosos da literatura universal "O Principiño", do que xa falamos noutra entrada do noso blog.
Sabedes quen a pintou?
Pois este é o artista, Iago Dominguez Barreiro, fillo de María a nosa Directora.
Iago estudou Bacherelato de Artes no I.E Adormideras, e mais tarde licenciouse en Bellas Artes na Facultade de Pontevedra.
Xa tan novo, ten varias exposicións feitas, tanto individuais como colectivas.
Exposicións individuais: Sala Aurelio Aguirre (2011); Restaurante Maricastaña (2012); Asoc. Cultural Laverca (2012); Restaurante Alquimia (2013); Cervezoteca Maite (2014).
Exposicións colectivas: Proxecto Tunel E.Pablo Picasso (2013); I Feria de Arte de Invierno Sala Arga (2013); Sala Aurelio Aguirre (2014); Galería Atlántica Centro de Arte "Por amor al arte" (2014); CITINART (2014. Exposición individual e pintura en vivo).
Tamén impartiu talleres e ten varias pinturas murais.
Estas son algunas das súas fermosas obras, que ademáis de ter unha gran calidade pictórica, tamén teñen unha importante carga emocional.
Pois agora xa sabedes quen foi o artista, que mentres nós estábamos de vacacións, estivo pintando ese fermoso "Principiño", que enche de luz o noso lugar de historias, contos, imaxinación...
Moitas grazas Iago.