venres, 19 de decembro de 2014
BO NADAL!
Desde a Biblioteca do CEIP. Raquel Camacho, queremos desexarvos unha felices festas a todas as familias. Esperamos que nestas vacacións os vosos fillos e fillas viaxen, rían, choren, sorpréndanse, e todo isto o fagan a través dos libros.
Bo Nadal e libros, moitos libros.
O equipo da Biblioteca.
xoves, 18 de decembro de 2014
mércores, 17 de decembro de 2014
martes, 16 de decembro de 2014
SEMANA DE CONTOS ANIMADOS.
Xa que estamos a piques de empezar as vacacións de Nadal, esta semana teremos todos os días un conto animado.Algún deles poderedes atopalo na nosa biblioteca.
Hoxe "Por 4 esquinitas de nada"
domingo, 14 de decembro de 2014
CONTOS DO LUNS.
Hoxe na nosa sección de contos do luns imos facer unha excepción, xa que dun conto podería tratarse.A película "Viaxe á Lúa", do ano 1902, é do director Georges Méliès, ilusionista e cineasta francés. Está considerada, como o primeiro filme de ciencia ficción da historia do cine. A imaxe da cara da Lúa recibiendo o impacto dun foguete espacial disparado por unha bala de canón, é un dos planos mais coñecidos da historia do cine.
Grazas ao esforzo de cineastas como Méliés, hoxe podemos ver películas con efectos especiais sorprendentes, mais no ano 1902 esta película supuxo un gran avance dentro do mundo cinematográfico.
Espero que vos guste!
xoves, 11 de decembro de 2014
A NOSA RECOMENDACIÓN DOS VENRES.
E xa que estamos chegando ao Nadal, e que na clase de inglés estamos vendo a película Oliver Twist, que mellor que adicar este venres a nosa sección de recomendacións literarias ao escritor Charles Dickens e o seu libro "Canto de Nadal".
Aquí tedes algúns datos biográficos deste autor.
O 7 de febreiro de 1812 nacía Charles Dickens. A súa nenez estivo marcada polo encarceramento do seu pai e polo traballo nunha fábrica. Tras desempeñar varios oficios, conseguiu un posto como xornalista no Parlamento e, posteriormente no The Mirror of Parliament e The Morning Chronicle. Os seus primeiros relatos breves, que datan de 1833, asinounos co seudónimo de Boz na publicación The Monthly Magazine. Tivo moito éxito como escritor polo seu estilo humorístico, irónico e tendente á crítica social, pero cultivou outras facetas: editor de semanarios, autor de libros de viaxes, simpatizante de colectivos sociais, poñente en seminarios sobre propiedade intelectual e abolición da escravitude. Faleceu en Inglaterra en 1870. O creador de personaxes tan emblemáticos na historia da literatura, como Oliver Twist ou David Copperfield, escribiu “Canto de Nadal” en 1843. KALANDRAKA publicou esta obra -en galego, castelán e portugués- coas marabillosas ilustracións do artista plástico italiano Roberto Innocenti.
Esta é a portada e unha das fermosas ilustracións.
mércores, 10 de decembro de 2014
PARABÉNS DAMIÁN!
A nosa felicitación a Damián Dominguez Vázquez, da clase de 6ºA, por gañar o primeiro premio do concurso de postais navideñas do Concellaría de Educación.O título da súa postal é: "A mañá dos Reis Magos", e convertirase na felicitación de Nadal do Concello de A Coruña.
Parabéns Damián!!!
luns, 8 de decembro de 2014
CONTOS DO LUNS
Xa que estamos chegando ao Nadal, e vai vir O Apalpador, aquí vos deixo o conto do ...
xoves, 4 de decembro de 2014
A NOSA RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.
Este venres, a nosa recomendación literaria é moi especial, xa que forma parte da xuventude dos que agora xa non somos tan novos.
"A Illa do Tesouro" de Robert Louis Stevenson.Este famoso escritor naceu en Edimburgo (Escocia). Xa de pequeno a súa afición favorita era a de rimar e inventar historias.
Os derradeiros anos da súa vida viviu nas Illas do Pacífico, onde os aboríxenes o bautizaron co nome de "Tusitala", que significa "O que conta historias".
Aquí vos deixo un pequeno resumo do libro, esperando provocar en vos a curiosidade pola súa lectura:
Jim Hawkins, fillo adolescente do dono da pousada Almirante Benbow, fronte á solitaria baía do Outeiro Negro, vai experimentar un cambio radical na súa rutineira existencia cando un vello e estraño mariño que se hospeda na pousada lle confesa, a piques do delirium tremens provocado polo ron, que formou parte da tripulación do mítico capitán pirata Flint, e que esconde no seu baúl algo que cobizan os seus antigos camaradas. Morto o vello bucaneiro, Jim descobre o misterioso mapa dunha illa entre as súas pertenzas...
martes, 2 de decembro de 2014
SABES CAL É ...
... a biblioteca mais orixinal do mundo?
Se algunha vez te encontras camiñando pola 10th Street de Kansas City, en Missouri, e aparece ante os teus ollos un estante de libros xigantes, non te asustes. Non, non hai ningún Goliat afeccionado á lectura nos arredores, trátase en realidade da orixinal fachada do Kansas City Public Library, talvez a máis orixinal de todas as bibliotecas do mundo
domingo, 30 de novembro de 2014
xoves, 27 de novembro de 2014
RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES
Dicía Roald Dahl:
“Por riba de todo, mira con ollos curiosos este mundo que nos rodea, porque os mais grandes segredos están sempre ocultos nos lugares mais pequenos. Aqueles que non cren na maxia endexamais a atoparán“.
A nena á que non deixaban ser feliz
Luz Beloso, ilustracións
Miguel Ángel Alonso Diz, texto
Edt: A Porta Verde do Sétimo Andar, 2013.
martes, 25 de novembro de 2014
SABES CAL É ...
o nome que recibian as bibliotecas no Antigo Exipto?
Chamábanlles "os tesouros dos remedios da alma" porque grazas a elas podíase "curar" a ignorancia, a mais perigosa das enfermidades.
domingo, 23 de novembro de 2014
CONTOS DE LUNS. I PREMIO DE RELATO DE TERROR. " DAME MEDO"
Nesta ocasión temos cinco contos de luns que foron os premiados no I Premio de Relato de Terror "Dame medo".
A nosa noraboa aos cincos premiados e premiadas, polas súas terrorificas historias, e o noso agradecemento a todos e todas os participantes.
TÍTULO: O PESADELO DE PEDRO
AUTORA: AINOHA 3ºB
Había unha vez un neno chamado Pedro que vivía nun pobo chamado a vila do terror. Chamábase así porque enriba dun outerio había un Castelo rodeado de tumbas e de néboa.
Un día Pedro díxolle unha mentira a súa nai para poder ir ao Castelo cos seus amigos.
Díxolle que ía ao parque. Súa nai estaba moi preocupada por el , pois pasaban as horas e Pedro non volvía. El distraeuse, os seus amigos marcharon e Pedro quedou só.
De repento empezou a entrarlle medo, mais ben pánico. Oía voces por todoas partes, vía teas de araña e asustouse moito ao sentir ruidos estranos.
Pechouse nunha habitación, onde había unha Caixa xiante. Mirou dentro e … había sangue e ósos!
Estaba moi, pero moi asustado, saiu da habitación e alguén o colleu e o meteu nunha caixa xigante.
O ruido da caixa ao cerrarse fixo que Pedro se despertara e deuse conta de que todo era un PESADELO!
TÍTULO: O VAMPIRO QUE SAE POLAS NOITES
AUTORA: LIZANHE 4ºA
Un día uns nenos xogaban moi ledos no parque ata que, de repente, atoparon unha nota escrita pegada no chan que dicía:
“Esta noite vai vir o VAMPIRO voando. Cerren todas as portas con chave.”
Os rapaces contárono ao chegar á casa. O pai dun deles dixo: - eso non é certo.
Entón, foron durmir e deixaron as portas e as ventas abertas, sen pechar. Quedou todo aberto.
Cando chegou o VAMPIRO decidíu marchar sen entrar, xa que con sol os vampiros non ven. Entón, o pai dos nenos, que era algo presumido e quería sempre saírse coa súa, díxolles: - Vedes, non pasou nada.
Os rapaces continuaron indo ao parque. Xogaron no escorregadoiro. Antes revisaron todo o parque: o escorregadoiro, o bambán, a tirolina … e non atoparon nada.
Pero ao final miraron dentro dun libro que había nun banco e alí había outra nota. A nota repetía o mesmo que puxera a nota anterior:
“Esta noite vai vir o VAMPIRO voando. Cerren todas as portas con chave”
Cando chegaron á casa o pai recordoulles como o día anterior non pasara nada. Repetiron o mesmo. Durmiron sen pechar as portas. Pero esta vez, o VAMPIRO conseguiu entrar. Acercouse voando ata a habitación dun dos nenos.
O rapaz estaba durmindo, despertou co ruído e botou a correr. Foi avisar ao seu pai e este, colleu unha escopeta e fixo fuxir ao VAMPIRO.
Nunca máis volveu, paero a partir daquela, a familia dorme sempre coas portas e as ventas pechadas. Por se acaso.
TÍTULO: “O EXPERIMENTO 84-B. A ORIXE DE SLENDERMAN”
AUTOR: CARLOS 4ºA
Había unha vez un rapaz moi solitario. Non tiña amigos no colexio, na casa rifaba moito coa súa nai. Era un pouco rebelde.
Un día pasou por un calexón e alí atopouse cun científico algo tolo. Falaron os dous e Uxío, o rapaz, contoulle o que lle pasaba. O científico, que se chamaba Ulises, díxolle a Uxío que non debía malgastar a súa vida. El acababa de descubrir un novo experimento e quería probalo con Uxío.
Era o experimento 84-B.
Pero o experimento saíu mal. Uxío convertiuse nun monstruo: non tiña cara, non necesitaba ollos, nin orellas, nin nariz, nin boca e non necesitaba osíxeno.
Levaba un traxe negro, unha camisa branca e unha garavata vermella. Nacera Sledan.
Ao pouco tempo, saíronlle uns tentáculos na espalda. Acercouse un policía que cando o viu aparecer botou a correr. Sledan non o podía chamar e correu detrás del, pero non puido alcanzalo. Entón, as súas pernas empezaron a alargarse e, por fin, logrou alcanzalo.
Entón un dos tentáculos de Sledan atavesou ao policía e morreu.
Cuberto de sangue, Sledan empezou a correr e foi cara ao bosque para agocharse e non matar a ninguén. Ao bosque ían tamén rapaces coas súas bicis.
Para comunicarse con eles Uxío usaba notas, pero si ao final se acercaba a algún deles, os seus tentáculos o mataban.
Dende entón vive no bosque aillado de todos. Ninguén se atreve a pasar por alí, por si se atopan con el.
Esta é a orixe da lenda de Sledan. Ata que alguén o volva a convertir en Uxío.
TÍULO: “O ASUSTADOR ASUSTADO”
AUTOR: IKER 4ºB
Unha vez unha nai viuva díxolle ao seu fillo:
-Vou facer un recado, non lle abras a ninguén.
-Vale, non lle abro a ninguén. Pero , e a ti? – dixo o fillo.
-Tranquilo, levo chaves – díxolle a nai.
E o neno quedou só.
Cando o neno notou que a súa nai voltaba, agachouse no armario para darlle un susto.
A nai asustouse moito e púxose a buscar ao seu fillo.
Mentres no armario, cando o neno ía saír, caeu para atrás e quedouse durmido.
Soñou que era tragado por unas cousas viscosas, ademáis os pantalóns eran serpes de dúas cabezas, os xerseis gruñían coma zombis sen cabeza, e que os gorros eran as cabezas dos zombis que se movían arredor del cunha risa malvada.
Cando de súpeto espertou, estaba nunha cama coa súa nai.
A súa nai muiñoulle:
-Que susto me deches! Que facías metido nun armario?
-Sintoo moito, quería darche un susto, e non sei que me pasou – respondeu o neno.
-Soñaches algo mentres durmías? – preguntou a nai.
- Si, pero eran cousas moi arrepiantes, que é mellor esquecer.
E o neno deulle unha forte aperta á nai.
Desde entón, non voltou a esconderse no armario, e cando ten que coller roupa no armario abre as portas de par en par e prende a luz que a nai colocou dentro.
TITULO: OS DOUS VALS
AUTOR: NICOLAS 4ºB
Fai moito tempo nunha casiña vivían tres nenos chamados, Andrea, Nicolás e Xaquín. Vivían nun val de flores moi bonitas e ao carón daquel val había outro que, no que todo o mundo que entraba non regresaba.
Seu veciño, que se chamaba Xosé e era moi sabio, dicía que naquel val había un cemiterio no que moraban zombis e que estaba vixíado por un home que tiña a cabeza de cabaza , e moi mal xenio. Tamén vivía nunha cova moi escura un dragón moi, moi malvado.
Un día soleado, os nenos saíron a xogar coa súa pelota, cando xa estaba escurecendo, se lles escapou a pelota para o outro val.
Os nenos comenzaron a discutir quen ía a buscala e ao final decidiron ir os tres xuntos.
Ao chegar ao outro val viron que a pelota estaba diante da cova do dragón e para chegar tiñan que atravesar o cemiterio e o bosque cheo de pantasmas.
Entraron no cemiterio e déronse conta de que das tumbas saían os zombis.
Os nenos comezaron a tremer de medo e de súpeto, Nicolás atopou unha espada no chan. Colleuna e comezou a loitar contra os zombis e logo poideron saír e adentraronse no bosque.
Interpúxose no seu camino o home con cabeza de cabaza.
-Ja, Ja, Ja! A onde iran estes nenos? – dixo o home cabaza.
-Imos buscar a nosa pelota – dixeron os nenos.
-Para poder pasar teredes que adivinar esta adiviña. Ja, Ja, Ja – dixo o home cabaza.
É colorado,
Non toma café,
E sempre toma té.
Os nenos puxéronse a pensar … e Xaquín comenzou a dicir:
-Seino, seino! É tomate!- dixo.
-Sodes uns rapcaces moi listos, terei que deixarvos pasar, pero tede coidado co dragón – dixo o home cabaza.
Despois, estaban moi ledos porque saíran do bosque e intentaron coller a pelota sen espertar ao dragón. Pero de súpeto o dragón espertou, e os nenos comezaron outra vez a tremer de medo.
O dragón díxolles que non tiveran medo porque en verdade, era un pobre campesiño , ao cal unha meiga lanzáralle un feitizo.
Para romper o feitizo tiñan que darlle un bico ao dragón. Andrea moi valente deulle o bico e entón o dragón transformouse nun campesiño.
Despedíronse del, colleron a pelota, e marcharon para a súa casa.
E déronse conta de que ao romper o feitizo desapareceron os zombis, as pantasmas e o home cabaza.
E foron felices para sempre.
xoves, 20 de novembro de 2014
A NOSA RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.
Trátase dun dos libros mais fermosos da literatura universal. "O Principiño" foi escrito polo autor francés Antoine de Saint-Exupéry.
Este escritor era aviador de profesión. Foi un do pioneiros dos voos postais internacionais, cando os avións non eran tan seguros como os actuais.
Participou como aviador en dúas guerras, a Guera Civil Española e a II Guerra Mundial.
Case toda a súa obra literaria vese influenciada polo feito de ser piloto de avións. No libro que hoxe recomendamos "O Principiño", o autor imaxínase varado no medio do deserto, onde coñece ao principiño, un neno que ven dun asteroide.
É tal a importancia desta historia na literatura universal, que un asteroide leva o nome de Saint-Exupéry.
O 31 de xullo do ano 1944, durante unha misión de recoñecemento, a bordo do avión Lighting P38 (Iluminación P38), os radares deixaron de percibir o sinal do seu avión, e nunca mais se soubo do autor do Principiño. Mais deixounos unha historia maravillosa, que se vos parades a lela detidamente, veredes que fala de cousas tan importantes como o amor, a vida, a morte, a amizade.
Se vos animades a lelo, logo podemos facer unha xuntanza e falar todos do que mais nos gustou deste libro.
martes, 18 de novembro de 2014
SABES CAL É ...
... a libraría mais fermosa de Europa?
Está en Oporto (Portugal), chámase "Libraría Lello e Imao". Tanta é a maxia que envolve a esta libraría, que serviu como escenario para rodar algunhas das películas de Harry Potter.
Aquí tedes unha fotografía. A que é fermosa?
domingo, 16 de novembro de 2014
CONTOS DE LUNS
Empezamos a semana con dos cortos de animación que nos contan dúas historias moi fermosas. E como toda boa historia, espero que provoque en vós sentimentos, emocións, pensamentos ...
"O vendedor de fume" é para o segundo e terceiro ciclo; "A lúa" é para EI e o primeiro ciclo de EP.
Espero que vos guste.
Draco.
xoves, 13 de novembro de 2014
RECOMENDACIÓN LITERARIA PARA A FIN DE SEMANA.
"Escarlatina, a cociñeira defunta", de Ledicia Costas, ilustrado por Víctor Rivas, é o Premio Merlín de Literatura Infantil 2014
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
martes, 11 de novembro de 2014
SABES CAL É ...?
...O CONTO MAIS CORTO?
"Cuando despertó, el dinosaurio todavía estaba allí."
do escritor hondureño Augusto Monterroso.
sábado, 8 de novembro de 2014
CONTOS DE LUNS.
Unha boa forma de empezar a semana é cun conto. Por iso todos os luns poderedes encontrar un no blog da vosa biblioteca. Un para Educación Infantil e outro para Primaria. Aínda que si o pensades ben os contos non teñen idade.
Nas seguintes entradas podedes escoitalos.
Espero que vos gusten.
Draco.
xoves, 6 de novembro de 2014
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS PARA A FIN DE SEMANA
BANDA DESEÑADA.
Marcopola e a illa remeira 3.
Autor: Jacobo Fernandéz Serrano.
Edicións Xerais.
Por fin o alquimista Brisgovius deu coa apócema máxica. Xa ten lista a beberaxe que fará da malvada Demoneta un ser invencible capaz de voar e de cuspir lume pola boca. Demoneta transformarase en Dragoneta, e ninguén no mundo estará a salvo! Que será de Marcopola e de Libro? Que vai ser agora de todos nós?
ARTE
E xa que os nenos e nenas da aula de 3 anos estades pintando obras de Joan Miró, neste video poderedes coñecer a súa vida.
Espero que vos guste!
martes, 4 de novembro de 2014
Arte.
O Land Art é unha corrente artística que xorde nos anos 70 do século XIX.
Mentres que noutras expresións artísticas a obra nace nun espazo pechado, no LandArt a obra nace por e para participar da natureza.
Os artistas usan a paisaxe como soporte, da mesma forma que un pintor usa un lenzo.
Os materiais encóntranos na propia natureza: pedras, area, ramas...
Hai obras de tamaño monumental como as do artista Christo
e outras mais pequenas como:
É unha arte efémera, isto quere dicir que non sobrevive ao paso do tempo, xa que desaparece debido á erosión que a terra, a chuvia, as mareas, o vento... producen na obra. Por iso, é tamén unha obra en continua transformación.
A forma de conservala na memoria, é en ocasións, a través da fotografía.
Normalmente o Land Art inspírase na arquitectura antiga ou nos sitios sagrados do pasado.
Os artistas cavan gabias, sucos ou cimas;fan grandes movementos de terra usando escavadoras ou camións. Constrúen ramplas e envolven edificios ou rochas.
Esparexen cores en praias ou desertos. Colocan pedras, ou simplemente fan espirais con algas.
Igual que facían os primitivos, os deseños do Land Art son sempre sinxelos: liñas rectas, zigzag, círculos, cadrados, espirais...
A través de formas simples, estes artistas intentan facernos pensar sobre a relación entre o ser humano e a natureza.
Na seguinte entrada podedes ver un video de Land Art. Espero que vos guete.
mércores, 29 de outubro de 2014
Hoxe tócalle ao famoso escritor de novelas de misterio:
ARTHUR CONAN DOYLE
Este ecritor naceu en Edimburgo, o 22 de maio de 1859. Foi o creador dun dos detectives mais famosos das novelas de misterio, Sherlock Holmes.
Foi no ano 1876, cando comenzou a carreira de medicina, onde coñeceu ao médico forense Joseph Bell. Este profesor inspiraría ao escritor para crear a figura do famoso dectective.
Mientras estudiaba comenzou a escribir historias curtas. A primeira que apareceu publicada foi “ The Mystery of the Sasassa Valley”, antes de que Doyle cumplirá os 20 anos.
Despois de exercer de médico en diferentes lugares, no ano 1891 estableceuse en Londres de oftalmólgo. Como el mesmo conta na súa biografía, xa que non entraba ningún paciente na consulta, dedicouse a escribir, sobre todo aventuras do personaxe que lle daría mais pulo, Sherlock Holmes, e polo que Conan Doyle nunca sentiu moito cariño. Incluso nunha carta que lle escribiu a súa nai, dicíalle que quería “matar ao detective”, xa que estaba gastando a súa mente. Ao que a súa nai respondeu “ á xente non lle vai a parecer nada ben”.
Finalmente, sen facer caso do consello da súa nai, decidiu matalo na historia titulada “ El problema final”. Pero os lectores británicos tomaron moi mal a norte do famoso detective, tanto que inundaron a Doyle de cartas, unhas suplicando que non o matara, outras ameazandoo, e outras con insultos. O escritor pasou dez anos resistíndose a resucitar ao personaxe, mais ao final Doyle cedeu, e na historia “La casa vacía” fai reaparecer ao famoso detective, Sherlock Holmes.
A Arthur Conan Doyle, gustábanlle moito os deportes. Xogou ao “rugby” profesional, ao golf e ao boxeo.
Ademais das novelas no que o protagonista é Sherlock Holmes e o seu inseparable axudante Watson, a obra de Conan Doyle é moi extensa.
Estas son algunhas das súas novelas mais coñecidas:
“Estudio en escarlata”, “Las aventuras de Sherlock Holmes”, “El perro de los Baskerville”, “O regreso de Sherlock Holmes”, “El valle del terror”…
SHERLOCK HOLMES
O personaxe de Doyle, é un detective inglés de finais do século XIX, que destaca pola súa intelixencia, hábil observador e por ter un gran razoamento deductivo para resolver os casos mais difíciles.
É alto, delgado, irónico, inxenioso e cheo de curiosidade.
Sempre vai acompañado do seu amigo e compañeiro o Dr. Watsón ( con quen nunca chega a tutearse. Chámanse polo apelido)
Holmes é un home moi amable coas mulleres, aínda que sempre desconfía delas. Nun dos seus casos aparece unha dama chamada Irene Adler, á que Holmes se direxe sempre como “a muller”, xa que rivaliza con ela en intelixencia.
É moi inxenioso cos disfraces, fuma en pipa, gústanlle moito as galletas, e non é moi ordenado na vida cotiá. Toca o violín con maestría, é un excelente boxeador e sabe moito de química.
Vive con Watson no número 221 de Baker Street, en Londres.
O seu gran enemigo, é tamén moi intelixente, o profesor Moriarty, quen acabou coa vida de Holmes, ata que coma xa dixemos, tivo que resucitalo ante a insisitencia dos seus lectores.
Son varias as películas que se fixeron do famoso detective. En Londres existe un museo dedicado a recrear o apartamento que se describe nas novelas de Conan Doyle. Este museo está situado na mesma rúa que aparece nos libros, o nº 221 de Baker Street.
Curiosidades :
A famosa frase “Elemental, mi querido Watson”, non aparece nos libros, e coñecida por aparecer nas películas que se fixeron do famoso detective.
Agora vos propoño que fagades de detectives. Estas son algunas das frases de Sherlock Holmes, intentade explicar o seu sentido:
- “Lo que un hombre puede inventar, otro lo puede descubrir”
- “Nada aclara tanto un caso como exponérselo a otra persona”
- “Nada resulta mas engañoso que un echo evidente”
- “Sólo la verdad nos hace libres”
E aquí vos deixo un capítulo dunha serie de animación dos anos 80 que fixeron basándose neste personaxe. Claro que neste caso representado por animais.
luns, 27 de outubro de 2014
Ola a tod@s, xa que estamos a piques de celebrar o Samaín, que mellor que ir coñecendo alguns e algunhas das escritoras mais famosas da literatura de misterio. Hoxe empezamos coa marabillosa Agatha Christie.
Espero que vos guste.
Draco.
AGATHA CHRISTIE A RAIÑA DO MISTERIO
A escritora Agatha Christie, naceu en Inglaterra no ano 1890. De nena era moi tímida e retraida. Gustáballe mais xogar con amigos imaxinarios que coas bonecas, iste detalle é xa o xermen da súa vocación literaria.
Durante a I Guerra Mundial, traballou como enfermeira voluntaria nun hospital, é aí onde xurde o seu primeiro libro, unha historia policial cuxa víctima morría envenenada. A novela titulábase “The mysterious affair at Styles” (O misterioso caso de Styles).
O protagonista desta novela é o detective Hércules Poirot, que será xa para sempre o detective da maior parte das súas novelas.
Presentou a novela á editorial Hodder and Stoughton, que a rexeitou de inmediato. Mais Agatha non se rinde e proba sorte noutra editorial que tardara dous anos en contestarlle. No ano 1920, despois de facerlle modificar o último capítulo, publícanlle o libro.
Deste libro vendéronse 2000 exemplares, unha cifra moi importante para o primeiro libro dunha autora descoñecida.
Pero o que realmente lle deu sona, foi cando o xornal “The Weekly Times” mercou o manuscrito para publícalo por entregas.
Nese momento Agatha non ve o seu futuro como escritora, para ela o mais importante era a súa familia. Mais como a situación económica da súa nai era moi mala, decidiu escribir outro libro, e xa non deixou de escribir nunca mais.
Dous dos personaxes mais importantes das súas novelas son:
Hércules Poirot é un oficial xubilado de orixe belga, cunha gran opinión sobre si mesmo. Caracterízase polo seu bigote e a cara en forma de ovo. Nas novelas de Agatha Christie, o detective sempre plantexa a idea de retirarse e cultivar cabaciñas. É meticuloso, pulcro e moi ordenado. Poirot é xa un personaxe coñecido en todo o mundo.
A señora Marple, é unha solteirona inglesa que vive nunha aldea. Ela non é unha detective, masi sempre ten éxito onde a policía fracasa. Usa o seu instinto e o coñecemento que ten da natureza humana no canto da lupa para buscar pistas.
ALGÚNS LIBROS DE AGATHA CHRISTIE: “Asesinato en el Orient Express”, “Un cadáver na biblioteca”, “Morte no Nilo”, “O asasinato de Roger Ackroyd”…
venres, 3 de outubro de 2014
Contos de Draco
Ola nenos e nenas, son Draco. Quero darvos as grazas polas historias tan fantásticas que escribistes sobre a miña persoa. Aquí vos deixo algunhas delas.
mércores, 10 de setembro de 2014
Ola a todas e a todos: Xa tiña ganas de que empezara o colexio e poder compartir con vós todas as marabillosas historias que nos agardan nos libros da biblioteca. Contáronme que este curso imos a aprender moito sobre os hortos. Non sei a vós, pero a min gústanme todos os alimentos que nacen da terra. Por iso, estiven pensando que si queredes, gustaríame moito que escribirades un relato no que eu, o Dragón Draco, e un horto fósemos os protagonistas. É un bo xeito de empezar o curso, non si? Aquí vos deixo un corto de animación, que espero que vos guste tanto como a min. Draco.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)