Imos dar un salto, para despois de coñecer a pintura da Prehistoria e a da Idade Antiga, chegar dando unha gran zancada á Idade Contemporánea.
E aquí atopámonos co Impresionismo.
Unha das primeiras características do impresionismo é que os
pintores se liberan das súas ataduras cos encargos que recibían, normalmente de
nobres ou membros da igrexa católica e comezan a realizar cadros que realmente
queren facer.
O pintor pasa a ser unha persoa que depende de si mesmo para
sobrevivir e non daquilo que lle piden que faga para outras persoas ou
institucións.
Unha das obsesións dos pintores impresionistas neste momento será
a representación da paisaxe, pero non só a vista dun espazo natural senón tamén
urbano ou arquitectónico e como a luz inflúe nesa paisaxe a diferentes horas do
día.
Non é estraño atopar as mesmas representacións dun edificio, como
fixo Monet coa catedral de Ruan, a diferentes
horas do día de maneira que se poden observar os cambios que a luz
exerce sobre esas representacións, así que non era estraño atopar un pintor que
se achegaba a unha zona concreta a representar a mesma paisaxe á mesma hora do
día para poder captar a mesma luz que ilumina esa zona.
Outra característica do impresionismo é a forma de pintar, de aí o
seu nome porque son impresións.
Se nos achegamos ao cadro darémonos conta de que practicamente son
manchas o que compón a pintura, pero se nos afastamos uns pasos poderemos
observar como esas manchas van adquirindo forma para converterse naquilo que o
pintor desexa transmitir.
Pinceis pouco grosos e pequenos toques sobre o lenzo serán os que
compoñen a obra. Partes aparentemente inconexas dan lugar a un todo que é unitario.
Estas son obras dalgúns dos impresionistas máis famosos::
DEGAS
MONET
VINCENT VAN GOGH
RENOIR