NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 18 de febreiro de 2020

SON DE PALABRA. BIBLIOTECA SOLIDARIA.




Hoxe no son de palabra, queremos dar as grazas a Lorena e Lucía por espallar a palabra en forma de conto polas garderias do noso barrio.
Esta semana visitaron a EIM Agra do Orzán, e levaron o conto O monstro de cores. Un conto moi fermoso para traballar as emocións.

MOITAS GRAZAS LORENA E LUCÍA. 
SODES FANTÁSTICAS!!!





luns, 17 de febreiro de 2020

RECOMENDAMOS. YOLANDA CASTAÑO

Este xoves 13 tivemos a sorte de que a poeta Yolanda Castaño visitase a nosa biblioteca. Contounos cal foi o seu primeiro poema e os nervios que pasou ao ter que recitalo. Escoitamos con atención os seus consellos para empezar a escribir poesía e, por suposto, falounos de toda esa bichería marabillosa do seu libro de poemas Coller as rendas.

Moitas grazas a Iago e Paula por ser os xornalistas da interesante entrevista que lle fixeron a nosa poeta. Fantásticos!!!

E, moitas grazas a Yolanda Castaño por compartir con nós a maxia da palabra na poesía e na conversa. 


Aperta grande, Yolanda!!!

Aquí vos deixamos a reportaxe de imaxes e vídeos.

















xoves, 13 de febreiro de 2020

VENRES DE VIÑETA


Resultado de imaxes para EMOTICON PENSANDO




                                                                                                                                                       Liniers

mércores, 12 de febreiro de 2020

PALABRAS PARA UNHA IMAXE


Que cidade será esta? Que palabras vos inspira a fotografía?


                                                                                                    Victor Cheng.

martes, 11 de febreiro de 2020

SON DE PALABRA

Sabedes que o 2 de febreiro foi o día da Candeloria?

A que é unha palabra ben fermosa!


A partir da candeloria, ningunha ave voa soa, di o refrán para lembrar que o mes de febreiro é o mes no que casan os paxariños, no que comeza o retorno das aves migratorias, e os cortexos entre eles anuncian a chegada da primavera.





luns, 10 de febreiro de 2020

RECOMENDAMOS

Hoxe no recomendamos queremos que coñezades un  pouco a unha poeta coruñesa que teremos o pracer de falar con ela na nosa biblioteca o xoves 13 de febreiro.

O seu nome... Yolanda Castaño.


Yolanda, gañou o seu primeiro premio literario, cando só contaba dezasete anos, cun libro de poemas titulado Elevar as pálpebras.
Sen dúbida unha das súas grandes paixóns é a poesía, non só escribila, mais tamén dar a coñecer poetas do noso país e doutros, por iso dirixe un proxecto moi fermoso que recibe o nome de Poetas (din)versos e que mestura poetas galegas/os, con poetas doutros lugares do mundo.

Estes son os seu libros de literatura infantil e xuvenil:

  • Punver (Galaxia, 2006).
  • Cando eu saiba ler (Galaxia, 2009).
  • Punver de volta (Galaxia, 2009).
  • Verdedades (Biblos Club de lectores, 2012)
  • Coller as rendas (Xerais, 2015).

Xa con moitas ganas de que visite a nosa biblioteca!!!

xoves, 6 de febreiro de 2020

ILUSTRÁNDONOS.

Aquí tedes algunhas ilustracións de ilustradoras e ilustradores galegos para que vaides coñecendo os seus marabillosos traballos.
Na biblioteca poderedes atopar máis libros ilustrados se vos apetece.
E na páxina de AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) atoparedes moitas máis.
Aquí tedes o enlace por si vos presta entrar: https://agpi.es/proxecto/

Minia Regos

                           
                                                                           Fran Bueno



                                                                               Aida Estrela



                                                    Marina Seoane

                                                                           
                                                                                       Sonia Corral

           
                                                                                   Andrea López.


                                                                           Martín Romero.


                                                                               Alicia Suárez.

mércores, 5 de febreiro de 2020

martes, 4 de febreiro de 2020

luns, 3 de febreiro de 2020

TOD@S XUNT@S POLA PAZ.

Hoxe foi un día moi especial para as persoas que formamos parte da comunidade educativa desta cidade. Máis de cinco mil mans uníronse para berrar xuntas pola Paz; o Paseo Marítimo da nosa cidade encheuse de risas, dese son inigualable en fermosura que é a voz de moitos nenos e nenas xuntas. 
Fixemos a onda máis grande que se pode facer na nosa costa, que ten forma de aperta; esa aperta inmensa que queremos enviar como mensaxe de paz nun mundo que non sempre a procura.

Desde o CEIP. Raquel Camacho, queremos agradecer a complicidade, a ilusión e o bo facer de todos os colexios que participastedes neste día...

CEIP. Juan Fernández Latorre
CEIP. Emilia Pardo Bazán.
CEIP. San Pedro de Visma.
CEIP. Prácticas.
CEIP. Sagrada Familia.
CEE. Nosa Señora do Rosario.
CPR. Plurilingüe Franciscanos.
Hogar de Sta. Margarita.
CEIP. Eusebio da Guarda.
CEIP. Anxo da Garda
CEIP. José Cornide.
CEIP. Alborada
CEIP. Rosalía de Castro.
CEIP. Manuel Murguía.
CEIP. María Pita.
Obradoiro.
Dominicos.
IES. Agra I
Escola Unitaria de Ombre (Pontedeume)
CEIP. Raquel Camacho.

Aínda que non puideron estar hoxe con nós, tamén participaron coas actividades os colexios: Salesianos e Calasancias.
Tamén queremos agradecer a colaboración do Concello de A Coruña.

Aquí vos deixamos un vídeo, que temos que agradecer ao Fogar de Sta. Margarida, e que representa toda a nosa alegría.


Velai tedes o manifesto, lido por Iago de sete anos e alumno da Escola Unitaria de Ombre (Pontedeume). Na súa voz estaba a de todas as nenas e nenos.


Hoxe, celebramos o Día da Paz; nenos e nenas, mestres, mestras, familias, saímos dun mesmo lugar, as nosas escolas, porque como dixo Malala Yousafzai: “Un neno, unha mestra, un libro, un lapis poden cambiar o mundo”.
Nós tamén cremos que non hai mellor menciña contra as guerras, a fame, a desigualdade e a intolerancia que a educación.
Unimos as nosas mans desde o Milenium, erixido para conmemorar o século XXI, un século que queremos sexa de Paz en todo o mundo e, con elas,  fixemos unha onda que quere ser océano de ilusión, dun soño posible para todas as persoas de calquera cultura, crenza ou ideas baseadas no respecto, na igualdade e na liberdade.
Das nosas mestras e mestres esperamos que sementen en nós coñecementos que provoquen preguntas, que nos axuden a formarnos no respecto á diversidade. Dos libros esperamos, que abran portas á reflexión para, con ese lapis, escribir unha historia nova que, como este faro ilumine sendeiros de paz.
O artigo décimo da Declaración dos Dereitos da Infancia di:
O dereito para ser criado cun espírito de comprensión, tolerancia, amizade entre os pobos e irmandade universal.
Velaí o camiño cara a Paz.
Moitas grazas as vosas mans cómplices, fortes e decididas que deixamos hoxe como a nosa persoal pegada dun mundo posible, no que tezamos unha rede de afecto e respecto feita cos fíos da paz e a igualdade.



MOITAS GRAZAS A TOD@S!!!


ILUSTRÁNDONOS. XULÍA PISÓN


XULIA PISÓN



A ilustradora e debuxante coruñesa de historietas, é autora dos cómics McCactus e (?-1). É membro do colectivo de ilustradores Miñoco co que participou en varias exposicións e da organización do festival de cómic e autoedición Autobán 2015. Colaborou en diversas publicacións colectivas como Altar Mutante, Finnegans, Diletantes ou Miñoco Fanzine, e coordinou e participou na antoloxía Licor café.
Unha das súas últimas obras é:



Esta obra saída da imaxinación de Xulia Pisón, Micro Algas, o mundo oculto. Unha historia que busca dar a coñecer uns microorganismos moi particulares: o micro algas. Para conseguir o seu obxectivo a autora galega optou por presentarnos este fascinante e minúsculo universo a través dunha emocionante aventura onde nosas protagonistas, personificadas nun variado grupo de adolescentes, loitan contra as ameazas que sofre o medio ambiente.
Non tedes mais que pasar pola nosa biblioteca a coller este interesante cómic!

domingo, 2 de febreiro de 2020

SEMANA DA ILUSTRACIÓN

O día 30, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración. Este ano dedicado ao ilustrador Cándido Fernández Mazas, do que vos deixamos un vídeo para que vaiades coñecendo a súa obra.