As videoconsolas non
substitúen ao exercicio de verdade
Xogar ao tenis, boxear, esquiar ou mesmo correr. Son algunhas das
actividades que os nenos poden realizar sen moverse de casa grazas ás
videoconsolas de última xeración. Con todo, os pediatras lembran que estes
xoguetes non poden ser o substituto do exercicio físico tradicional,
"aínda que nos obriguen a movernos".
"Hai que ter en conta", afirma o doutor Jordi Pou,
coordinador do Comité de Seguridade e Prevención de Lesións Infantís da
Asociación Española de Pediatría (AEP), "que se pode xogar a tenis ou a calquera outro xogo
sentado, sen facer case exercicio. Aínda que nos obrigue a movernos, nunca se
pode tomar como un sustitutivo do deporte".
Este tipo de videoxogos pode xerar, ademais, todo o contrario do
que pretende. "En ocasións, a súa intención é fomentar o exercicio físico,
pero o que poden causar en realidade son situacións de elevada tensións prexudiciais
para o menor". Aínda que o coordinador do comité de seguridade da AEP si
recoñece que este tipo diversión "é máis positiva que outros videoxogos
tradicionais xa que o contido destes últimos incita á violencia e á
agresividade, o que pode levar a situacións de taquicardia e aumento da
frecuencia respiratoria".
Os pediatras tamén lembran que "un uso prolongado destes
xogos violentos favorece unha menor atención na escola, sedentarismo, obesidade
e violencia, e pode mesmo afectar o desenvolvemento da súa personalidade e ás
relacións sociais". Por este motivo, o principal consello que ofrecen os
expertos é que os pais escollan ben os xogos e, sobre todo, que non permitan
que os nenos e mozos pasen máis de dúas horas ao día xogando.
Artigo publicado no
xornal “El Mundo”
Ningún comentario:
Publicar un comentario