Ola a tod@s!
Como xa sabedes o 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas e, por suposto, non imos renunciar á gran festa das nosas letras. Mais, para que unha festa saia ben e sexa divertida, precisamos, como nos libros, de... unha historia que contar, personaxes, lugares... e o temos todo.
Vós, seredes os nosos personaxes; as historias, as temos nos libros; o lugar, o voso fogar, o xardín... e con todo isto, xa veredes a que montamos.
Só tedes que escoller un conto en galego, contárnolo, representalo sos ou coa vosa familia, o que mais vos apeteza. O enviades grabado nun vídeo a esta dirección de correo (ramonparis@edu.xunta.es) e os colgamos no blog, na páxina web do colexio e nas nosas redes sociais.
Esperamos con ilusión que nos contedes un conto galego que vos guste especialmente! Podedes empezar a enviar XA!
Que voen os contos, como se fosen bolboretas!
Ilustración de Great- Oharu