NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

domingo, 31 de xaneiro de 2021

30 DE XANEIRO. DÍA DA ILUSTRACIÓN.

 Este sábado 30 de xaneiro, foi o Día da Ilustración. Estamos seguras que ao ler isto pensades en moreas de ilustracións de contos, banda deseñada, manga... que vos gustan. 

Nun libro, a ilustración é moi importante, axuda a crear e complementar a historia escrita. No mundo hai grandes ilustradores e ilustradoras, pero é ben certo que para as mulleres, ao igual que en outros eidos, sempre foi máis difícil a súa visibilidade.

Este ano, o día esta adicado a unha muller, Lolita Díaz Baliña, ela como moitas outras mulleres, foi abrindo camiño, non sen esforzo, para que hoxe gocemos das grandes ilustradoras que temos.



E aquí vos deixamos un vídeo para que coñezades mellor a súa biografía!




venres, 29 de xaneiro de 2021

RAKONTO VERDE

 Mañá día 30 conmemorase o Día da Paz. Desde o Rakonto verde queremos celebralo dun xeito especial. Xa que hai moito xeitos de encontrar a Paz, e a natureza é un deles.

Escoitade este conto...



Wangari Maathai, naceu en Kenia. Dedicou a súa vida á bioloxía (carreira que estudou nos EEUU) ao ecoloxísmo e activismo. Ela creou o movemento "Cinturón Verde" para evitar a desforestación do seu país. No ano 2004 recibiu o Premio Nobel da Paz, sento a primeira muller do continente africano en recibilo.



Aquí vos deixamos un documental sobre esta interesante muller. Non deixedes de velo!

                                                      Premede na palabra ENLACE

mércores, 27 de xaneiro de 2021

XELA ARIAS. NAS NOSAS BIOGRAFÍAS VIAXEIRAS

 


Xela Arias, naceu en Ortoá (Sarria) en 1962. O seu primeiro contacto coa escola foi na Granxa de Barreiros, onde a natureza e a cultura galega formaban parte  fundamental da aprendizaxe de nenas e nenos.

Por mor do traballo do pai, viviu en Lugo e finalmente en Vigo, cidade na que  desarrollaría a súa actvidade cultural e artística.

Di Xela Arias sobre a escrita:

Teño a impresión que levo escribindo desde sempre. Lembro que, xa de pequena, facía unha especie de contos que daba aos meus pais para que mos pasasen a máquina, Aínda así, cando verdadeiramente cheguei á poesía foi na adolescencia, con 14 ou 15 anos.

martes, 26 de xaneiro de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA.

 As nenas e nenos da aula de 1º B xa están traballando no proxecto, co conto Dez gatiñas viaxeiras, da autora Eva Mejuto e con ilustracións de Victor Rivas. E, para mostra, unha imaxe...



luns, 25 de xaneiro de 2021

RECOMENDAMOS

 Hoxe, no Recomendamos, queremos lembrar que o 22 de xaneiro do ano 1981 morreu María Moliner.



Ela é a autora do famoso e importante Dicionario que leva o seu nome, e que seguro que víchedes na nosa biblioteca. Ela, sen ningún tipo de axuda agás a súa intelixencia e constancia, creo este marabilloso Dicionario do uso do español. Traballou nel durante quince anos, escribindo cada palabra en pequenas fichas. 

A maxia do Dicionario de María Moliner é que quere levarnos da idea que temos na nosa mente a como expresala. E, se o colles para buscar o significado dunha palabra, non poderas soltalo das túas mans e irás na procura de máis e máis palabras, é interesante, divertido e moi útil por se queredes ser escritoras ou escritores.

Non podiamos deixar de lembra a María Moliner, a muller que amou as palabras para que nós poidamos expresar as nosas ideas, emocións e sentimentos.


Aquí tedes un pequeno vídeo para coñecer mellor a María Moliner.




domingo, 24 de xaneiro de 2021

CONTOS ANIMADOS

Fernanda Frick é a directora desta curtametraxe creada en Chile. Traballaron máis de trinta persoas durante dous anos para facer posible esta historia de soños, amor, mais tamén de como todo pode esvaecerse cando non o coidamos. Unha historia que fala do que de verdade importa na vida, é igual que sexas can, gato ou humano.


HERE'S THE PLAN


 


mércores, 20 de xaneiro de 2021

XELA ARIAS

 Sabedes quen é Xela Arias?  Pois é a autora a que lle dedican esta ano 2021 o Día das Letras Galegas.


E cada semana iredes atopando información sobre esta gran poeta, traductora, editora e ata compuxo letras de cancións. Tamén foi unha muller moi libre e independente, que dedicou parte da súa corta vida a defender os dereitos humanos e sociais. Estamos seguras de que vai ser do voso gusto ir coñecendo a Xela Arias.
Seguídenos!!!


luns, 18 de xaneiro de 2021

GATIÑAS, PÍNTEGAS E VAMPIRAS. O NOSO PROXECTO DA BIBLIOTECA

 MOITAS GRAZAS A SARA E ANDREA DE 2ºA POR FALARNOS DO CONTO

DEZ GATIÑAS VIAXEIRAS.








RECOMENDAMOS.

Ola a todas e a todos! Como podedes ver, á esquerda do blog tedes a icona de PADLET, aí podedes ver todas as novidades que van chegando a nosa biblioteca e así poder escoller as vosas lecturas.

Animádevos, hai moitas e moi interesantes!


 

domingo, 17 de xaneiro de 2021

CONTOS ANIMADOS

Porque as cancións tamén contan historias, aqui tedes Strawberry Swing, unha canción da banda Coldplay. O vídeo está realizado en stop motion, polo grupo de artes visuais Shynola.
A produción durou tres meses e realizouse non Ánxeles, cunha soa cámara e cada un dos debuxos que podedes observar no vídeo está feito a man.



STRAWBERRY SWING




 

xoves, 14 de xaneiro de 2021

RAKONTO VERDE

 Se o pensades ben todo o proceso da compostaxe ten tamén relación coa escrita. Son moitos os elementos que temos que xuntar, pensamentos que imos recolectando, imaxes que van quedando en nós, emocións, conversas, outros libros que lemos ... e con todo iso creamos unha historia que vai medrando como as plantas para logo ser compartida.

Aquí tedes o interesante traballo desde o equipo de Voz Natura do noso colexio. Só tedes que premer no enlace que está debaixo da imaxe.



https://view.genial.ly/5fff44629680a90d0132c1ec/presentation-compostaxe-no-cole



A COMUNIDADE DE BOOKTUBERS DA BIBLIOTECA DO CEIP. RAQUEL CAMACHO, RECOMENDA...



MOITAS GRAZAS A JAYSA DE 6ºA !!!

 



luns, 11 de xaneiro de 2021

CONTOS ANIMADOS

 Despois destas vacacións e con este frío que vai, que din algunhas persoas que aclara as ideas, ao mellor podemos reflexionar un pouco sobre a idea de vivir o momento, de gozalo sen mais.

Velaí un conto animado que vos fala diso, de gozar o momento!

DESTINY