xoves, 15 de xuño de 2017
CLUB LECTOR TUSITALAS
Prezad@s Tusitalas:
Hoxe foi a nosa despedida do Club Lector e como non podía ser doutro xeito estivemos ....
... despois coñecimos a sorprendente vida e obra da escritora galega Emilía Pardo Bazán...
E, como non, tivemos o sempre encantador postureo da nosa Feith. Nada máis e nada menos que diante dun vestido de dona Emilia Pardo Bazán...
... con Marta, diante de RAG. Coa que tiven o privilexio de compartir estes tres últimos anos a saída final cos Tusitalas e que para nós é a Tusitala de Honra e sempre o será. Grazas Marta, sempre.
Hoxe foi a nosa despedida do Club Lector e como non podía ser doutro xeito estivemos ....
NA MARBILLOSA LIBRARÍA LUME, NA QUE SEMPRE NOS ACOLLEN CON CARIÑO E PALABRAS FERMOSAS.
CON BEGOÑA QUE FOI A NOSA MAGA DA PALABRA
... despois coñecimos a sorprendente vida e obra da escritora galega Emilía Pardo Bazán...
E, como non, tivemos o sempre encantador postureo da nosa Feith. Nada máis e nada menos que diante dun vestido de dona Emilia Pardo Bazán...
... con Marta, diante de RAG. Coa que tiven o privilexio de compartir estes tres últimos anos a saída final cos Tusitalas e que para nós é a Tusitala de Honra e sempre o será. Grazas Marta, sempre.
MOITAS GRAZAS TUSITALAS. FOI UNHA HONRA E UN PRACER COMPARTIR CON VOS CADA VENRES A LECTURA DOS LIBROS. FALAR DE CINE, COÑECER A HUGO CABRET, SABER QUE PODEMOS TER MOITOS CORAZÓNS E QUE O MÁIS IMPORTANTE TESOURO SOMOS CADA UN DE NÓS FORMANDO UNHA ILLA DE PALABRAS.
ATA SEMPRE!!! BICO GRANDE!!!
CARTA DE HERCULINO
Ola a
tod@sssss:
Xa queda só
unha semana para que cheguen as vacacións e quero despedirme de vós ata o
vindeiro curso.
Eu tamén vou facer unha viaxe, teño ganas de ver aos meus amigos do bosque do Freixo
Branco. Pasaremos as tardes comendo froitos do bosque e lendo os nosos libros
preferidos. Pola noite contaremos historias á luz da lúa e contaremos
chistessss de gnomos que, aínda que sempre son os mesmos, non deixamos de rir
como se fose a primeira vez que os contamos.
Foi un
pracer pasar este curso con vós. En setembro teredes noticias miñas outra vez e
pasaremos o curso xuntos.
Moitas
grazas polos poemas, pola axuda cando non sabía como resolver algún problema.
Espero que
leades moito durante as vacacións, seguro que si, por iso sodes tan sabios.
GRANDES
BICOS GNOMICOSSSSS. SSSSEMPRE CO NARIZ.
mércores, 14 de xuño de 2017
SEMANA CURTAMETRAXE IV
UNSUNG HERO (HEROE ANÓNIMO)
E VÓS QUE PREFERIDES SER HEROES ANÓNIMOS OU SAIR NAS REDES SOCIAIS DURANTE UNS MINUTOS?
martes, 13 de xuño de 2017
luns, 12 de xuño de 2017
domingo, 11 de xuño de 2017
SEMANA DE CURTAS.
Xa queda moi pouco para rematar o curso e este blog tamén terá vacacións. Como despedida esta semana imos dedicala ás curtametraxes e o venres, temos noticias, de que vai mandar unha carta Herculino que tamén colle vaccións para facer unha viaxe.
A primeira curtametraxe de animación titúlase "Zero".
xoves, 8 de xuño de 2017
AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.
Tiven a honra de participar co meu cuarto nesta fermosa idea do grupo A sega. Aquí tedes o meu recuncho onde escribo as miñas historias e o meu relato.
Por Beatriz Maceda Abeleira
Son filla única e nai de fillo único. Como filla sempre
gocei dun cuarto para min soa, como nai, deixaron de existir os espazos
privados durante anos. A noite, e non sempre, converteuse nese cuarto
silencioso no que en ocasións as palabras agromaban con xenerosidade.
Cando era pequena e viñan amigas a casa o primeiro que
dicían era que apenas había xoguetes e a súa cara de decepción, co tempo,
deixou de molestarme. Para xogar prefería a rúa, no meu cuarto os libros eran o
máis valioso que tiña e co que máis gozaba.
Sempre me custou compartir espazos e segue sendo así. Só
o meu fillo conseguiu que fose xenerosa nese punto durante uns anos.
Agora vivo exiliada na cidade, nun ático, cun recuncho no
dormitorio co mar en fronte. Ese mar herculino que é o que me dá un espazo
infindo, que algún día tamén terei que abandonar.
Escribindo acado rodearme dunha esfera case infranqueabel
na que loito cos meus personaxes, que saen e entran dela con desvergoña. Máis
en ocasións, alguén, cos seus poderes afectivos, logra traspasala. Porque
sempre hai un personaxe principal, real, ao que é imposible non deixar pasar.
Por onde ía eu?
mércores, 7 de xuño de 2017
SABEDES QUE...
O 5 DE XUÑO É O DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE?
NON ESQUEZADES QUE SEN ÁRBORES NON PODEMOS VIVIR.
luns, 5 de xuño de 2017
RECOMENDAMOS.
Hoxe a escena de libros é da película Matilda, que como xa sabedes esta basada nunha novela do noso prezado escritor Roald Dahl.
domingo, 4 de xuño de 2017
NORABOA POLO PREMIO PROXECTO SEMENTE A 4ºA E 4ºB
Noraboa por ese traballo en equipo, ás nenas e nenos de 4º A e B, ás familias participantes e ás titoras.
Fixechedes o mellor que sabemos facer as persoas, traballar en equipo con ilusión e esforzo. Con este traballo abríchedes outro camiño de luz na nosa comunidade educativa.
Desde a biblioteca queremos darvos as grazas e dicirvos que estamos moi orgullos@s de tod@s vós.
PRIMEIRO PREMIO AO CEIP. RAQUEL CAMACHO.
venres, 2 de xuño de 2017
AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOVAS.
HOXE O CUARTO É O DA ESCRITORA ELI RÍOS
Por Eli Ríos
Soñar un cuarto. Un cuarto propio en 2017.
Soñar. A imposibilidade nunha casa habitada por seres miúdos. Aínda así, renego
unha e outra vez dos espazos comúns. Soñar, outra volta. Desta vez, co
silencio. Lonxe das saliñas. Afastada dos tránsitos. Róubolle un metro cadrado
ao espazo do sono. Ese que tampouco é de meu. Ese no que se abeiran os
pesadelos infantís ou os mocos estacionais. Aínda así, soño. De momento, é de
balde. Algún día, este metro cadradro contará coa banda sonora do silencio.
Mentres tanto… a gata mía un agarimo e as crianzas sorrín. Agradecer non é
incompatíbel co cuarto en silencio. Hoxe, agora mesmo, partillo tempos e
espazos. Tamén soños. Soñar é necesario. Mentres tanto...
NA NOSA BIBLIOTECA PODEDES ATOPAR UN DOS SEUS LIBROS "MARTA E A PÍNTEGA"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)