NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

martes, 31 de xaneiro de 2017

O NOSO COLEXIO NA PRENSA

Unha festa de paz e diversidade

O Raquel Camacho, con alumnos de 31 países, festexa o Día da Paz cunha celebración dedicada a Nelson Mandela e a África, o continente sobre o que o colexio traballa este curso

31.01.2017 | 09:39

Unha festa de paz e diversidade

No colexio Raquel Camacho, os nenos non estudan por aulas, senón por tribos. Tribos que formaron eles, coas súas leis e os seus escudos, e que supoñen só un pasiño máis no camiño trazado polo centro para que os alumnos coñezan África. O nome dese percorrido é o da iniciativa da biblioteca do colexio, 'E ti que pintas?', un proxecto que persegue dar a coñecer as distintas nacionalidades dos estudantes a través do arte. Por medio del, os nenos están a facer pinturas africanas, lendo contos do lugar como o de Nelson Mandela, e construíndo vivendas típicas con envases reciclados de cara á celebración do entroido

O colexio público Raquel Camacho celebrou onte o Día da Paz en base á temática arredor da que levan xirando desde comezos deste ano: África. O centro, que dedicou a data ao pacifista Nelson Mandela, organizou un festexo no que participaron todas as clases, desde Infantil ata 6º de Primaria, e que incluía a interpretación dunha canción en afrikaans e unha solta de pombas. Ademais de pola figura de Mandela, a relación da festa co continente africano debeuse a unha iniciativa da biblioteca do colexio que, baixo o nome de E ti que pintas?, articula desde fai dous anos toda unha serie de actividades dirixidas a aproveitar a riqueza cultural das distintas nacionalidades coas que contan os seus estudantes.
"Somos o colexio con máis nacionalidades da Coruña, temos 31 diferentes", conta a mestra e coordinadora da biblioteca, Beatriz Maceda. "A idea é transmitir todas esas culturas a través do arte, de xeito que cada curso trate algún dos países dos que procedan os nenos que temos aquí", engade. Dentro de esa longa lista atópanse lugares como Panamá, Cuba ou China, pero sobre todo África, o máis representativo no colexio: "Temos estudantes de Senegal, Nixeria, Etiopía... Por iso escollimos todo o continente", explica Maceda.
Para levar este espírito africano ao centro na celebración, vinte nenos leron frases sobre a paz en nixeriano e wolof, ademais de en galego; e recitaron o poema Invictus, o texto de Ernest Henley que tanto axudou a Mandela no seu tempo en prisión. Tras iso, os alumnos uníronse ao resto dos seus compañeiros para cantar Jambo Bwana, unha canción en afrikaans que se interpretou antes da solta de pombas. "Escollimos Jambo Bwana porque era doada de aprender, e tamén pola mensaxe. A letra fala de Kenya, dicindo que é unha cidade de paz e amor na que todo forasteiro é ven acollido", di a mestra.

A preparación dos nenos de cara ao festexo non consistiu, porén, só na canción. "Os maiores viron a película de Invictus, porque queríamos que coñeceran a unha personaxe como Nelson Mandela, e que soubesen o que era o apartheid. Estaban todos alucinados, porque para eles non existe a segregación. Iso está moi ben, pero tamén é importante coñecer a historia para que non se repita", explica Beatriz Maceda.
O ano que ven, o colexio está pensando en dedicarlle o curso a Romanía, un país do que proceden moitos dos seus estudantes. "É un país marabilloso, que sofre se cadra moitos máis prexuízos, pero para iso está a escola. A escola pode mudalo todo, porque se precisa o coñecemento para que cambie", asegura.

SE ENTRADES NESTE ENLACE PODEREDES VER A GALERIA DE FOTOGRAFÍAS.


UNHA VEZ MÁIS GRAZAS. SEN VÓS NO SERÍA POSIBLE!!!


http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/01/31/unha-festa-paz-e-diversidade/1148058.html

luns, 30 de xaneiro de 2017

MOITAS GRAZAS POR ESTE DÍA DA PAZ TAN FERMOSO.

Desde o blog da biblioteca queremos agradecervos a tod@s o voso esforzo e traballo para celebrar un día tan importante como o de hoxe, o Día da Paz.
Grazas pola vosa alegría. Xa sabedes, mais non cansaremos de dicilo: SODES FANTÁSTIC@S!






QUE AS NOSAS POMBAS LEVEN A PAZ POLO MUNDO-

CASTELAO

Tampouco queremos esquecer, no noso blog, a outro ilustre debuxante galego, que xa moitos coñecedes, Castelao, e que naceu un 30 de xaneiro de hai xa unha morea de anos en Rianxo.


A que o lembrades?























30 DE FEBREIRO DÍA DA ILUSTRACIÓN

O 30 de febreiro celébrase o Día da Ilustración. Moitos son os contos que lemos e que levan fermosas ilustracións, que en moitas ocasións quedan gravadas na nosa memoria para sempre. Quen non lembra a Alicia caendo polo burato...



...  ou ao coello que sempre ten tanta presa;



... e que me dicides das cagadiñas de todos os animais dese conto que tanto nos gusta "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza";



... ou tamén  esa cabaciña correndo.




As ilustracións non só acompañan ao texto, ás veces tamén elas contan parte da historia, como acontece nese marabilloso conto que xa leron os Tusitalas, "A invención de Hugo Cabret".




Neste video tamén coñeceredes o ilustrador galego, co que se conmemora este ano o "Día da Ilustración", Álvaro Cebreiro.





Como vedes a ilustración é unha disciplina artística moi interesante e fermosa.

Por se vos interesa, na nosa cidade hai até o 12 de febreiro unha exposición doutro marabilloso ilustrador galego, Xosé Covas. Esta no Kiosco Alfonso ( nos xardíns de Méndez Núñez). Nela atoparedes fermosas ilustracións e algunha delas coñecidas por todos vós. Unha boa forma de pasar unha tarde do fin de semana.



domingo, 29 de xaneiro de 2017

DÍA DA PAZ

Hoxe é o Día da Paz, que mellor que este video para celebralo desde o blog da biblioteca.
Miles de mulleres hebreas, musulmás e cristiás, camiñan xuntas en Israel pola Paz, 
É o video oficial do movemento "Women Wage Peace". A cantante israelí Uael Deckelbaum canta a canción "Prayer of the mothers", xunto a mulleres e nais de todas as relixións, mostrando que a música tamén pode axudar a cambiar o mundo e levado polo camiño  da Paz.



xoves, 26 de xaneiro de 2017

APADRIÑANDO LECTORES.

MOITAS GRAZAS AOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE 5º  B, QUE LERON AOS NENOS DE 3 ANOS DA AULA DA MESTRA INÉS, CONTOS MARABILLOSOS.











SODES FANTÁSTICOS!!!

O NOSO PERSONAXE POLA PAZ.


NELSON MANDELA





Nelson Mandela naceu o 18 de Xullo de 1918 en Sudáfrica. Creceu nunha pequena aldea chamada Qunu. Foi adoptado por un amigo do seu pai, quen era un próspero xefe da comunidade.
Na escola, Mandela aprendeu historia Africana e como os seus devanceiros sufriron discriminación, el quería axudar!
Estudou leis e abriu o primeiro despacho de avogados negros do país. Tamén se uniu ao Congreso Nacional Africano - un grupo que pelexou pola igualdade racial.

Mandela alentou ao seu pobo a que se  manifestase sen violencia en contra de políticas do goberno relacionadas coa segregación racial, onde a xente doutras razas era segregada dos brancos e non contaba con igualdade de dereitos.
Foi arrestado por organizar actividades anti-gobernamentais e sentenciado a prisión para sempre.
O encarceramento de Mandela deu lugar a protestas ao redor do mundo e a sancións económicas en contra de Sudáfrica.
Resultado de imagen de celda de Nelson mandela

En 1990, o presidente de Sudáfrica F.W. de Klerk liberou a Mandela logo de 27 anos de prisión. Os dous traballaron xuntos para terminar coa segregación racial. En 1993 gañaron o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos.
Resultado de imagen de nelson mandela recibiendo el premio nobel de la paz
En 1994, por primeira vez na historia de Sudáfrica, persoas doutras razas podían votar en eleccións democráticas. Mandela foi electo presidente por maioría total. Foi o primeiro presidente negro en Sudáfrica.
Resultado de imagen de primeras votaciones democrática en sudáfrica

Sendo presidente, Mandela traballou para mellorar vivendas, educación e oportunidades económicas para a enorme poboación negra do país. E todos lle chamaban Madiba.
Madiba era o nome dun xefe thembu que, no século XIX, gobernou a rexión Transkei, á que pertence Umtata, a poboación na que naceu o ex presidente.
Segundo a Fundación Nelson Mandela, chamalo Madiba é sinal de agarimo e respecto, pois honra o título, outorgado polo concello de anciáns da súa tribo, en sinal dunha vida honorable e gloriosa.


Nelson Mandela deixou de ser presidente en 1999. Ese mesmo ano, creou o Fondo para Nenos Nelson Mandela, organización que axuda a nenos pobres de Sudáfrica.

Resultado de imagen de Fondo para niños Nelson mandela

 Ao longo dos anos, Mandela continuou traballando para promover paz no mundo. En 2007, axudou a crear The Elders, unha organización de líderes mundiais comprometida a terminar con conflitos e promover os dereitos humanos.


Nelson Mandela morreu en 2013. Foi querido e admirado en todo o mundo.
Resultado de imagen de Fondo para niños Nelson mandela
Neste vídeo poderedes coñecer a pequena aldea na que naceu Mandela, e o moito que o querían.


mércores, 25 de xaneiro de 2017

VIAXE FOTOGRAFICA POLA PAZ EN ÁFRICA



A derradeira fotografía desta semana está dedicada a unha persoa que foi fundamental para empezar o camiño da Paz e da Igualdade entre as persoas en Sudáfrica.

Quen é? Por que pensades que leva esas cores no seu rostro?





martes, 24 de xaneiro de 2017

VIAXE FOTOGRÁFICA POLA PAZ EN ÁFRICA

Que pensades sobre a fotografía e a frase de hoxe?

A EDUCACIÓN É A ARMA MÁIS PODEROSA QUE PODES USAR PARA CAMBIAR O MUNDO.

Nelson Mandela.










luns, 23 de xaneiro de 2017

VIAXE FOTOGRÁFICA POLA PAZ EN ÁFRICA

Como sabedes o día 30 de xaneiro, celébrase o Día da Paz. Xa que este ano o proxecto da biblioteca é África, cada día desta semana, no blog, teredes unha fotografía e unha palabra ou frase sobre a que podedes debatir, pensar, reflexionar ... e aprender algo máis sobre este fermoso continente onde naceron moitos dos vosos compañeiros e compañeiras.


Empezamos a nosa viaxe pola Paz en África.


SUDÁFRICA UN PAÍS DE MOITAS RAZAS E LINGUAS

Resultado de imagen de ARCOIRIS



ARCOIRIS


Nelson Mandela, o que foi presidente de Sudáfrica, chamaba a este país a "Nación Arcoiris". Coa frase que tedes na parte superior da fotografía e a palabra arcoiris, xa tedes dúas pistas.

Por que pensades que Nelson Mandela lle puxo este nome?



sábado, 21 de xaneiro de 2017

CONTOS CURTOS

O Conto Curto deste luns titúlase, "Reach" (Alcanzar). A palabra que mellor define esta historia é "altruismo".


xoves, 19 de xaneiro de 2017