NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

xoves, 29 de xaneiro de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES

Este venres imos a recomendar "Bala Perdida", dun dos nosos escritores mais coñecidos, Manuel Rivas.
"Bala perdida", é un fermoso e poético relato dun pirata con escrúpulos e unha xoven xornalista sen pelos na lingua. A súa lectura levaranos por camiños de maxia e misterio.
O AUTOR.
Naceu na Rúa da Marola, no barrio de Monte Alto, na Coruña, o 24 de outubro de 1957. Manuel Rivas é xornalista e un dos nosos escritores mais coñecidos. A súa primeira novela curta"Todo Ben" dirixida aos lectores novos, foi a que o introduxo no mundo da narrativa.
No ano 1996 publicou os contos "Que me queres amor?", con este libro de relatos gaño o Premio Nacional de Narrativa. Outra das súas novelas mais famosas é "O lapis do carpinteiro", basada nun feito real.
É membro da Real Academia Galega,e foi un dos fundadores de Greenpeace España. No inverno do ano 2002, a raiz da catástrofe do Prestige, actuou como vocero do movemiento cívico e ecolóxico "Nunca Mais". Como vedes ademáis de escritor, é unha persoa comprometida coa defensa da natureza.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

SABIAS QUE ...

O nome do "Sombrereiro tolo", o personaxe de "Alicia no Pais das Maravillas",derívase do feito de que os sombreireiros remataban tolos naqueles tempos, a causa do mercurio que se empregaba naquel entón para tratar a felpa, tea coa que se facían os sombreiros.

domingo, 25 de xaneiro de 2015

xoves, 22 de xaneiro de 2015

"RAKONTO". O NOSO NOVO NOME PARA O BLOG DA BIBLIOTECA.

Hoxe estreamos nome para o noso Blog da Biblioteca "Rakonto". Esta palabra significa "Conto" nunha lingua da que ao mellor nunca oíchedes falar, o "Esperanto".
O Esperanto é o idioma internacional. Foi ideado para facer posible a comunicación entre os homes e mulleres de todos os pobos da terra en pé de igualdade.
É unha lingua que non é propiedade de ningún país, nin de ninguna cultura, senón de todas.
Como naceu?
No ano 1887 o doctor húngaro Ludwik Lejzer, logo dunha década de estudos e probas, deu a coñecer ao mundo un novo idioma inventado por el mismo: o Esperanto.
A idea naceu na súa cabeza, xa que pasou a súa infancia nunha cidade onde vivían rusos, alemáns, xudios, polacos e lituanos. O futuro doctor vía como a diferenza de idiomas separaba ás persoas e foi nese momento cando decidiu crear unha lingua única e universal.
E así, o 26 de xullo do ano 1897, publicou o seu "Unua Libro", que foi o primeiro manual de esperanto do mundo.
Firmou as súas publicacións cun seudónimo: Dr. Esperanto, que significa esperanza.
Como nós temos a sorte de ser unha comunidade educativa multicultural, chea de esperanza e futuro, baseada na igualdade entre todas as persoas, eleximos unha lingua que nos una a todos, e entre todas as palabras "Rakonto" que significa "Conto", que é outra palabra ben fermosa.
Non si?

mércores, 21 de xaneiro de 2015

SABÍAS QUE ...

Hai unha expresión " Tes máis conto que Calleja! " , que se convertiu nunha frase popular e estendida por toda España ata hai moi pouco e que mesmo hoxe se segue usando.
Adoita significar que certas razóns, explicacións ou desculpas que nos dan, ou certos comportamentos, soan a falsos, ou cando menos a fantasiosos. De aí o comparativo de: "... máis que Calleja. "
Pero, quen era ese Calleja? Ben, pois todo un cabaleiro ,Saturnino Calleja Fernández, nacido en Quintanadueñas -Burgos- (1.855-1.915), propietario dunha editorial de contos para nenos. Quizais a de máis arraigamento en toda a historia do editorialismo español.
Don Saturnino Calleja, publicou unha innumerable cantidade de contos escritos especialmente para nenos e mozos. Eran edicións moi coidadas, que se alternaban con outras máis populares e baratas, pero sempre ben presentadas.
Os textos recollían, convenientemente "arranxados" para non aburrir ou asustar aos nenos lectores, tradicións anónimas, clásicos dos irmáns Grimm, ou das "Mil e unha noites", etc. Pero tamén outros textos inéditos, que sen firma ou tan só figurando unhas simples iniciais, eran escritos especialmente para Calleja.
Xunto a eles, e de xeito igualmente case anónima, asinando só coas súas iniciais, a Editorial Saturnino Calleja contou cunha case lexión dos grandes debuxantes da época, que encheron coas súas ilustracións, de magnífica calidade, cada edición dos seus contos.
Como vedes, moitas das expresións que utilizamos teñen unha explicación que nace da intelixencia e tamén, en moitas ocasións, da picardía da xente do pobo.

domingo, 18 de xaneiro de 2015

Cuento. El Sueño de Dalí.

CONTOS CORTOS

Este luns temos duos contos cortos. Un escrito por Natalia Guzmán Rodriguez, alumna de 6ºB, e o outro titúlase "El sueño de Dalí". "LA ROSA MÁS BELLA"
Erase una vez una flor llamada Ceniza.
Ceniza era la rosa mas linda de todo aquel huerto. Sus pétalos, eran de un rojo vistoso y su tallo, el que menos espinas tenía. Pasó el tiempo y Ceniza seguía siendo la mas linda de aquel huerto.
Un día, se preguntó porqué ella no tenía espinas , no lo entendía.
Ceniza cada día se ponía más triste, mientras todas las demás rosas le tenían envidia por no tener espinas.
Ceniza y las demás rosas hicieron un trato, cada rosa le daría una espina.
Su amiga, la abeja Serafín, arrancó al tallo de cada rosa una espina, luego se las pego a Ceniza con miel.
Ceniza estaba muy contenta, por fin tenía sus espinas. Pero… ya no era la rosa más bella de aquel huerto, era igual que las otras. Un día empezó a llover y las espinas se despegaron del tallo de Ceniza.
Ceniza aprendió una valiosa lección, quererse tal y como es y que el hecho de no tener espinas la hacía única e inigualable.
Natalia Guzmán Rodriguez. 6ºB

xoves, 15 de xaneiro de 2015

RECOMENDACIÓN LITERARIA DOS VENRES.

Pois xa que vos gustan tantos as historias de "Diario de Greg", imos saber algo do seu autor e dos inicios da creación destes libros.
Ao principio, "Diario De Greg" non era un libro, senón un conxunto de historietas e debuxos subidos a internet por Jeff Kinney, o seu autor. Mais, a medida que Greg ía gañando fans e seguidores, decidiuse recoller as tiras en libros e crear novas historias. O primeiro libro de Diario de Greg publicouse en 2006 en trinta países diferentes. Estivo na lista do New York Times Best Seller de libros para nenos durante 41 meses.
O SEU AUTOR: Jeff Kinney
Jeff Kinney, naceu en 1971 en Maryland (Estados Unidos), dende ben pequeno, quixo ser un debuxante de cómics. Pero ao rematar os seus estudos, decatouse de que non era nada doado gañarse a vida como debuxante. Así, mentres esbozaba o que sería o Diario de Greg, traballou como deseñador nun xornal e como programador informático. Despois de seis anos de traballo, publicou o seu traballo en internet. Ata a data, a versión online do "Diary of a Wimpy Kid", o seu título en inglés, ten máis de 90 millóns de visitas.
Jeff Kinney actualmente dedícase ao deseño e desenvolvemento de xogos online

mércores, 14 de xaneiro de 2015

SABIAS QUE ...

Un 13 de xaneiro do ano 1969. o grupo británico The Beatles lanzou ao mercado o seu albúm "Yellow Submarine".

Aquí vos deixamos un vídeoñ. Disfrutádeo e cantade!



domingo, 11 de xaneiro de 2015

O BLOG DOS MEGAQUINTOS.

Temos no noso blog da biblioteca un novo enlace, o blog dos alumnos e alumnas da clase de 5ºA "OS MEGAQUINTOS". Neste blog feito polos vosos compañeir@s poderedes aprender moitas cousas e tamén pasar momentos moi divertidos. O enlace o tedes na columna da dereita.

CONTOS CORTOS

Ola a tod@s:
Imos a cambiarlle o nome a nosa sección dos luns, que a partir de agora chamarase "Contos Cortos".

Hoxe  "Rato en venta". Unha curtametraxe animada sobre ser diferente, sobre a amizade, a tolerancia e a non discriminación.



xoves, 8 de xaneiro de 2015

A NOSA RECOMENDACIÓN DOS VENRES.

A VOLTA AO MUNDO EN 80 DÍAS. AUTOR: JULIO VERNE
En 1872, Phileas Fogg, un rico cabaleiro londinense obsesionado pola puntualidade e a exactitude, realiza unha aposta onde pon en xogo a metade da súa fortuna.
Acompañado por Rigodon, o seu atlético e espontáneo criado, vaise de Londres para dar comezo a unha incrible carreira contra reloxo: dispón de 80 días para dar unha volta ao mundo xa sexa por aire, por mar ou por terra.
Os dous protagonistas terán atrancos no seu proxecto polo inspector Fix, que relaciona o feito da repentina partida de Fogg, co roubo do Banco de Inglaterra e perségueo convencido que foi o autor do delito.
Esta é unha das máis notables e divertidas aventuras xurdidas da pluma do fantástico Julio Verne. Se ben Verne é considerado un dos pais da ciencia ficción, a especulación científica e a anticipación de inventos que aparecerán posteriormente á súa época son algunhas das características máis destacadas da súa obra, neste caso priman a acción e o intento de demostrar que a audacia pode superar todas as fronteiras.
JULIO VERNE
(Jules Verne; Nantes, 1828 - Amiens, 1905) Escritor francés, considerado o fundador da moderna literatura de ciencia ficción. Predixo con gran precisión nos seus relatos fantásticos a aparición dalgúns dos produtos xerados polo avance tecnolóxico do século XX, como a televisión, os helicópteros, os submarinos ou as naves espaciais.
En 1836 ingresou co seu irmán Paul no seminario Saint-Donatien. Máis tarde estudou filosofía e retórica no liceo de Nantes e viaxou a París, cumprindo os desexos do seu pai, para seguir a carreira de leis. En 1848 comezou a escribir algúns sonetos e textos de teatro, e dous anos máis tarde aprobou a súa tese doutoral de dereito e optou pola carreira de letras.
Aproveitando os seus coñecementos xeográficos, adquiridos a través de numerosas viaxes por Europa, África e América do Norte, e o seu entusiasmo pola revolución tecnolóxica e industrial, converteuse nun especialista dos relatos de aventura de corte científico. O seu dominio da tensión dramática permitiulle combinar extravagantes situacións e momentos poéticos nunha prosa lixeira e amena.
Inmediatamente enfrascouse na redacción de "Viaxe ao centro da Terra", para o cal se aplicou á xeoloxía, a mineraloxía e a paleontoloxía. As detalladas descricións de animais antediluvianos marabillaron aos expertos, poñendo de manifesto a súa extraordinaria intuición científica. O seu terceiro gran libro foi "Da Tierra á Lúa", cuxa publicación espertou tal entusiamo polas viaxes espaciais que o seu despacho se inundou de cartas solicitando reservas para a próxima viaxe luar. Co mesmo interese foi recibida "A volta ao mundo en oitenta días, publicada por entregas, cuxo éxito foi tal que se chegaron a cruzar apostas sobre se Phileas Fogg, "o home menos apresurado do mundo", lograría chegar á meta en tan breve tempo.