Páxinas

Pages - Menu

venres, 2 de decembro de 2016

AS NOSAS LETRAS E OUTRAS NOTICIAS


A LIBRARIA QUE TEN UN CUARTO DE BERROS PARA DESESTRESARSE







En Xapón existen as vasillas de berros, que segundo din, absorben os berros das persoas tensas e convértenos en susurros. Pero na cidade do Cairo chegaron máis lonxe.

Nunha libraria, chamada Bab Aldonia, hai un cuarto sinxelo e anodino ao que chaman "Scream room" (o cuarto dos berros) ao que os mozos e vellos exipcios van para berrar e quitar o estrés.

As sesións nese "cuarto dos berros" duran 10 minutos. E os que entran alí atópanse cun espazo escuro cunha parede insonorizada, pero tamén dispoñen nunha esquina do cuarto dun kit de tambores para os clientes que queiran golpealos.

A idea xurdiu dun cliente que ía a miúdo á libraria a escoitar sesións de música nese cuarto, ocorréuselle que tamén podería funcionar como cuarto de berros. A dona di que ao principio lle pareceu unha idea tola e absurda pero que, despois de buscar na internet, veu que era algo que se estaba facendo noutros lugares, como o das vasillas "recolle berros" de Xapón. E entón púxose ao choio para instalalo na súa libraría.


Ao final, a iniciativa tivo moito éxito e agora parece que van menos clientes a comprar libros e máis para lanzar os seus berros para desestresarse dos ruídos dunha gran cidade e dos seus problemas diarios. 


Que vos parece a idea? e ... non pensades que ler un libro do que estamos disfrutando tamén pode quitar o estrés?

Ningún comentario:

Publicar un comentario