Con este video queremos agradecervos a todas e a todos o voso traballo, participación e ilusión neste lugar común que é a nosa Biblioteca.
Sen vós, non existirían os coellos, nin
brancos, nin doutra cor; nin os esquios; nin Tiririca Perereca e Jararaca; non
saberiamos a que sabe a lúa, nin por suposto que os libros voan; nin tantas
cousas máis...
Seriamos menos sabios, reiriamos menos e
non teriamos algo moi importante que nos
une a todos, a imaxinación.
Moitas grazas a todos e a todas. O vindeiro curso máis e mellor.
Ah! E non esquezades algo moi importante, o pracer de ler un libro na praia, no campo, na cama ...
Que gustazo de video!!O motor da biblioteca...os nenos e nenas!!
ResponderEliminarO placer de ler e de terte a ti na biblioteca...grazas por tanto!!!
Grazas a ti por compartir ilusións, que son o mellor alimento.
ResponderEliminar