NOVIDADES

NOVIDADES
Consulta neste Padlet as novidades da nosa biblioteca.

luns, 18 de marzo de 2024

UNHA SEMANA DE CINE E POESÍA. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 Como non podía ser doutro xeito, a película escollida é , El club de los poetas muertos, do director australiano Peter Weir.

Nun colexio, iso si, moi elitista, de Nova Inglaterra, un grupo de alumnos, descubrirá a poesía, eo significado do "carpe diem" (aproveita o momento) e a importancia de loitar por acadar os soños. Todo isto grazas a un mestre, o Sr. Keating, que é quen de espertar nas súas mentes a paixón pola poesía.

Velaquí unha escena da película que remata cuns fermosos versos do poeta americano Walt Whitman:

Que estás aqui, que existe la vida y la identidad. Que prosigue el poderoso drama, y que tú puedes contribuir con un verso.


Pensade nestas palabras... que quere dicir? E vós, podedes contribuir cun verso? Animádevos a mudar o mundo cun verso!




domingo, 17 de marzo de 2024

UNHA SEMANA DE CINE E POESÍA. 21 DE MARZO, DÍA DA POESÍA

 Sen dúbida o cine é quen de representar moitas outras artes, e a poesía é unha delas. Como imos camiños do día da poesía, velaquí vos deixamos un vídeo moi divertido de Salva Soler, no que con títulos de películas, moitas delas as recoñeredes, fai un poema que recita no metro.



DE CINE. SALVA SOLER



xoves, 14 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS STOP - MOTION

 Pechamos esta semana de stop - motion, aínda que prometemos máis, cunha curta que nos gusta especialmente, Abril. A historia dunha nena que desmostra que da imaxinación podemos crear a profesión do noso futuro, e pode estar na creación artística.

Desfrutádeo! E boa fin de semana!




mércores, 13 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS STOP - MOTION

 I want it, é unha curta de animación independente realizada coa técnica de stop -motion, que conta a historia de como un neno da estepa patagónica encontra un cabalo, aparentamente abandonado, e quere quedar con el. Mais, sen decatarse que que o animal esta esperando o regreso do seu verdadeiro amo, polo que sente verdadeiro cariño. Xa sabedes que os animais son moi leais ás persoas que os coidan e acompañan.




martes, 12 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS STOP - MOTION

 El niño robot, esta curta de stop - motion trata sobre a importancia da imaxinación para superar as circunstancias máis adversas.

Como vedes, tamén con esta técnica, podemos tratar temas moi interesantes e motivadores!




luns, 11 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS STOP - MOTION. COMO FACER STOP MOTION?

 Velaquí un vídeo que no que podedes aprender os pasos para facer stop - motion. Pode parecer complicado, porque todo esixe unha aprendizaxe, pero quen sabe se algún ou algunha de vós ten curiosidade e no futuro ser artistas desta disciplina artística tan fermosa e interesante.




venres, 8 de marzo de 2024

SEMANA DE CURTAS DE STOP - MOTION. AS ORIXES.


Curiosamente a orixe da stop - motion debeuse a unha descuberta casual de George Mèliés, un erro, pero como dos erros sempre aprendemos e poden saír cousas marabillosas, iso foi o que fixo o gran innovador do uso dos efectos especiais no cine a finais do século XIX e principios do XX. É tamén seu é o nome que recibe esta técnica.
 Seguro que en moitas ocasións fixeches debuxos nunha libreta, personaxes en distintas posturas que ao pasar as follas os ves en movemento, pois acaba de utilizar un dos métodos para crear animación, o que recibe o nome de  flip book.

Nos primeiros anos do século XX, déronse os primeiros pasos importantes para a historia da stop - motion, e grabáronse auténticas obras maestras. 
Velaquí vos deixamos escenas de unha delas, Las aventuras del principe Achmed, do ano 1926, creada por Lotte Reineger e o seu marido Carl Koch.




E, por se queredes vela enteira nunha destas tardes de chuvia, velaí a tedes:










 

xoves, 7 de marzo de 2024

8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER


Non teño outro corpo que un destino 
por min libremente imaxinado.

                                        Luísa Villalta (Música reservada)


MOITAS GRAZAS, COMPAÑEIRAS!!!






 

mércores, 6 de marzo de 2024

PELÍCULAS PARA UN 8M. EL VIAJE DE CHIHIRO

 Non podía faltar , nesta pequena escolma, a película, El viaje de Chihiro, do gran Hayao Miyazaki, producida polo estudio Ghibli.

Chihiro, a protagonista, acepta o reto de salvar a vida do seu pai, a súa mai e a súa propia, ademáis de devolver a liberdade e a identidade a outros seres. Ela é unha heroína que habita o corpo dunha nena de doce anos. Chihiro, non precisa ser salvada, se non que se salva a si mesma e, ademais, axuda a liberarse das cadeas a outros seres queridos.

El viaje de Chihiro, fala de identidade, superación, liberdade, loita, amor e xustiza.




martes, 5 de marzo de 2024

PELÍCULAS PARA UN 8M. BRAVE

Mérida, a protagonista, desafía o esquema tradicional de princesas que precisan ser rescatadas por un príncipe, e ofrece unha nova perspectiva, resistíndose con afouteza fronte o patriarcado e a súa clase social.