CLUB DE LECTURA "OS TUSITALAS"
CURSO 2015/2016
Meus prezados Tusitalas:
Ao longo deste último curso, fixemos unha viaxe á lúa na compaña de Hugo Cabret; o noso corazón foi máxico e aprendimos que a verdadeira amizade non entende de razas, nin de guerras, nin de inxustificadas persecucións.
Esperei con ilusión cada venres para escoitar os vosos comentarios sobre a lectura, sempre interesantes e cheos de ideas.
Cada semana compartimos un dos mellores logros do ser humano, contar historias. Seguide compartido lecturas e non teñades medo a escribir as vosas se vos apetece, pois a lectura e a escritura fan que nos coñezamos mellor a nós mesmos e comprendamos mellor aos que nos rodean.
A Biblioteca do colexio sempre será o voso lugar, volvede cando queirades.
PD: Xa estades preparados para ler o libro dun verdadeiro Tusitala "A Illa do Tesouro" . Vos aseguro que nunca esqueceredes a súa lectura.
MOITAS GRAZAS, TUSITALAS. FOI UNHA HONRA PARA MIN COMPARTIR CON VÓS HISTORIAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario