Sabedes por que se celebra o 14 de febreiro, san Valentín?
Esta data, adoptou distintos nomes, Día de San Valentín, Día dos namorados ou Día do amor e a amizade, pero cal é a orixe desta celebración tan particular?
Esta festividade, asimilada pola igrexa católica, remóntase ao século III en Roma, onde un sacerdote chamado Valentín opúxose á orde do emperador Claudio II, quen decidiu prohibir a celebración de matrimonios para os mozos, considerando que os solteiros sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos ataduras e vínculos sentimentais.
Ao decatarse, Claudio II sentenciou a morte a San Valentín, o 14 de febreiro do ano 270, alegando desobediencia e rebeldía. Por este motivo, conmemórase todos os anos o Día de San Valentín.
Mais na actualidade, é unha gran celebración para tendas de todo tipo, xa que desde este blog consideramos que hai moitas formas de amar e que cando amamos a unha persoa debemos facelo desde o respecto aos sentimentos, á diversidade e non só un día como se fose un aniversario.
Por iso, imos dedicar esta semana a ver curtas de animación que reflictan algunhas formas de amar diversas en todos os sentidos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario