Páxinas

Pages - Menu

domingo, 12 de febreiro de 2023

SEMANA DE CURTAS DE ANIMACIÓN. PORQUE HAI MOITAS FORMAS DE AMAR!

 Sabedes por que se celebra o 14 de febreiro, san Valentín?

Esta data, adoptou distintos nomes, Día de San Valentín, Día dos namorados ou Día do amor e a amizade, pero cal é a orixe desta celebración tan particular?

Esta festividade, asimilada pola igrexa católica, remóntase ao século III en Roma, onde un sacerdote chamado Valentín opúxose á orde do emperador Claudio II, quen decidiu prohibir a celebración de matrimonios para os mozos, considerando que os solteiros sen familia eran mellores soldados, xa que tiñan menos ataduras e vínculos sentimentais.

Valentín, oposto ao decreto do emperador, comezou a celebrar en segredo matrimonios para mozos namorados (de aí popularizouse que San Valentín sexa o patrón dos namorados).
Ao decatarse, Claudio II sentenciou a morte a San Valentín, o 14 de febreiro do ano 270, alegando desobediencia e rebeldía. Por este motivo, conmemórase todos os anos o Día de San Valentín.

Mais na actualidade, é unha gran celebración para tendas de todo tipo, xa que desde este blog consideramos que hai moitas formas de amar e que cando amamos a unha persoa debemos facelo desde o respecto aos sentimentos, á diversidade e non só un día como se fose un aniversario.

Por iso, imos dedicar esta semana a ver curtas de animación que reflictan algunhas formas de amar diversas en todos os sentidos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario